12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

100PROGRAMACIÓNdas, invisibles a simple vista. Con receptores apropiados poderiamos ver como é o universo no ultravioleta, no infravermelloe na radiación X ou gamma.Ao principio da Unidade estúdase o ollo humano como receptor de luz e destácase o papel esencial que desempeñao cerebro na creación de imaxes visuais (para favorecer a comprensión do funcionamento do ollo, compárase asúa estrutura e funcionamento coa cámara fotográfica no exercicio 1 das actividades de ampliación da PDD).Precisamente é este papel desempeñado polo cerebro o responsable da aparición das ilusións ópticas: non nosenganan os nosos ollos, senón o noso cerebro, cando visualizamos algúns debuxos como os que aparecen nas páxinas241 e 251 do libro de texto e no exercicio 2 das actividades de ampliación da PDD .O debuxo da páxina 243 ilustra con claridade a forma de propagación das ondas sonoras dende o pavillón auditivoaté o tímpano, o cerco de pequenos osos e o caracol. No exercicio 2 de Resolve o problema (páxina 251) destácasea idea da necesidade dun medio material, como o aire, para a propagación das ondas sonoras causadas polavibración dun obxecto. Analízanse as calidades do son, intensidade, ton e timbre, e nas actividades Compara aintensidade en decibelios dalgúns sons e Perigo! Contaminación acústica (páxina 244) ponse de manifestoa relación entre a intensidade sonora e os efectos prexudiciais para a saúde.A actividade Compara o oído de diferentes animais (páxina 246), xunto con A Ciencia explícanos o mundo(páxina 253) introdúcenos noutros mundos sonoros, é dicir, nos diferentes órganos sensoriais que dispoñen os animaispara percibir sons, como é o caso do morcego co seu sistema de ecolocalización.Orientacións para adquirir as competencias básicasCOMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICAA actividade Mira... (páxina 239) suxire no comezo da unidade un conxunto de interrogantes que suscitan undebate sobre a estrutura e o funcionamento dos principais órganos e sistemas relacionados cos sentidos da vistae do oído, tanto no corpo humano cono nos animais, co obxectivo de fomentar o interese e a curiosidade polo funcionamentodos receptores sensoriais da luz e do son, en que se debe estimular o desenvolvemento da capacidadede ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espírito crítico; de expresaraxeitadamente –no fondo e mais na forma– as propias ideas e emocións e de aceptar e realizar críticas conespírito construtivo.As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarsementalmente e comprender o funcionamento dos órganos e sistemas responsables da visión e a audición e interpretaras ilusións ópticas; e organizar e autorregular o coñecemento e a acción dotándoos de coherencia. Ao mesmotempo, desenvólvense destrezas lingüísticas ao definir conceptos, identificar conceptos mal clasificados, redactarrespostas breves, clasificar como verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade Lapis e rato (páxina 248) ofrece información para visitar distintas páxinas web relacionadas cos sentidosda vista e do oído nos seres humanos e nos animais, que permiten comprender e utilizar diferentes recursoslingüísticos, así como aprender a escribir textos sinxelos en diferentes linguas e utilizar as ditas linguas en contextoscomunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade móstrase destacada en recadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 248), pretende estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre o ollo humano como receptor de luz e o oído como receptor de sons e sentido do equilibrio, así como sobre asilusións ópticas, as calidades do son, a relación entre a intensidade sonora e os efectos prexudiciais para a saúde,e os diferentes órganos sensoriais que posúen os animais para percibir sons, co fin de fomentar neles a habilidadepara extraer a información esencial tras a lectura da unidade.O texto científico da actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 253), xunto coa cuestión que se expón aofinal, está enfocado a desenvolver a comprensión lectora. A bibliografía que se mostra en Libros que te podenaxudar (páxina 253) é unha mostra de libros de divulgación da Ciencia para mozos que pretende estimular o pracerpola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e expresándose de forma oral e escrita.Competencia matemáticaEsta competencia cobra realidade e sentido na medida en que os elementos e razoamentos matemáticos básicosson utilizados no estudo dos órganos e sistemas responsables dos sentidos da visión, a audición e o equilibrio, paraenfrontarse e dar explicación a aquelas situacións que os precisan:• Representación e interpretación da realidade a partir da información dispoñible para a confección de maquetas edebuxos a escala que axuden a comprender o funcionamento do ollo e do oído como receptores sensoriais.• Aplicación de estratexias de resolución de problemas e emisión de hipóteses que permitan identificar a percepciónerrónea nas ilusións ópticas.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!