12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

18PROGRAMACIÓNCriterios de avaliacióna.1) Explica as analoxías e diferenzas entre células procariotas e eucariotas e entre célula eucariota animal evexetal.a.2) Describe os principais compoñentes da célula eucariota e as funcións que desempeñan.b.1) Debuxa e sitúa os principais órganos e sistemas do corpo humano e describe as funcións que desempeñan.c.1) Relaciona os procesos de obtención de osíxeno e eliminación do dióxido de carbono, mediante o sistema respiratorio,cos procesos de combustión dos carburantes metabólicos que teñen lugar nas mitocondrias dascélulas.c.2) Explica os diferentes sistemas de respiración en ambientes acuáticos e terrestres.d.1) Explica as características da fotosíntese e describe os procesos da nutrición vexetal.d.2) Analiza a relación existente entre a luz solar, o proceso de fotosíntese e a formación de amidón nunha folla.e.1) Relaciona os procesos dixestivos e respiratorios coa función que desempeña o sistema circulatorio nos animaisinvertebrados e vertebrados.e.2) Clasifica os distintos tipos de animais en función do seu tipo de nutrición e das súas estratexias alimentarias.e.3) Describe as características dos distintos tipos de sistemas dixestivos.f.1) Explica as diferenzas entre sistemas circulatorios abertos e pechados.Orientacións metodolóxicasNesta unidade abordarase a nutrición inicialmente como a introdución no organismo e emprego por este da materiae enerxía necesarias para que desenvolva a súa actividade vital. A respiración pode tratarse por analoxía co fenómenoda combustión, por medio da cal o individuo emprega a enerxía dos alimentos para manter constante a súatemperatura, para realizar movementos, para medrar, etc. Ademais, será salientado o feito de que a respiración éun proceso común, tanto no seu desenvolvemento como no seu obxectivo, para animais e plantas. En relación coneste concepto pódese comentar o de metabolismo.Moitos alumnos e alumnas consideran que as plantas incorporan substancias procedentes exclusivamente do solo,ignorando o papel do dióxido de carbono. Ademais, con frecuencia reducen a fotosíntese a un intercambio de gasese, o que é máis grave, considérana como a forma que utilizan as plantas «para respirar». Deberá facerse unha aproximaciónsinxela ao concepto de nutrición vexetal e destacarase a forma diferente en que vexetais e animais obteñenos seus nutrientes orgánicos. Os alumnos e alumnas coñecerán a importancia que ten a fotosíntese na natureza,como fonte primordial da obtención de alimentos para a propia planta e para os animais herbívoros, e de xeracióndo osíxeno atmosférico. Coñecerán tamén a necesidade da luz solar como fonte de enerxía da reacción, sen acal este fenómeno non pode producirseDebemos partir dos coñecementos que xa se adquiriron sobre carburantes metabólicos, nutrientes, alimentos e principiosinmediatos, de maneira que cando estudemos a dixestión poidamos explicala como un conxunto de procesosmecánicos e químicos que transforman os alimentos en nutrientes, que son os principios inmediatos que se incorporanás nosas células e tecidos. Esta necesidade de destruír os tecidos e células que forman parte dos alimentos(carnes, peixes, verduras...) para convertilos nas súas unidades moleculares constituíntes (os principios inmediatos)xorde ante os requisitos que impoñen os sistemas de absorción e transporte polo sangue: as moléculas de grantamaño non se poderían absorber no intestino, nin transportarse disoltas no sangue, nin atravesar as membranascelulares para ser empregadas no metabolismo. Debe quedar claro que dixerir significa romper ligazóns de moléculasgrandes para convertilas en unidades máis pequenas.A actividade Comproba en que lugar da célula eucariota se almacena a información (páxina 11) pretendefacer notar que a diferenza entre célula procariota e eucariota está no grao de complexidade e na forma que teñende gardar a información, é dicir, o ADN. A eucariota é máis complexa e gárdaa no núcleo; mentres que a procariotaé máis simple, carece de núcleo e o ADN está disperso por toda a célula. Neste caso, o concepto estruturante é ainformación, ou instrucións básicas para o mantemento da vida; a partir deste concepto constrúense todos osdemais: xene, ADN, núcleo...A actividade Compara a célula eucariota cunha fábrica (páxina 12) pretende facilitar a comprensión das funciónsque desempeñan os orgánulos celulares por analoxía coas funcións que desempeñan os compoñentes dunhafábrica. En realidade, o interior dunha célula eucariota é semellante a unha complexísima fábrica bioquímica enminiatura onde transcorren as reaccións metabólicas. O metabolismo é o conxunto de reaccións químicas que manteñena vida dun organismo, que é unha das propiedades que permiten diferenciar entre os seres vivos e o mundoinorgánico inanimado. Sen metabolismo non hai vida, xa que a vida está baseada nos cambios químicos que demaneira incesante teñen lugar entre as biomoléculas e os bioelementos que compoñen o noso corpo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!