12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

84PROGRAMACIÓNd.1) Describe os efectos que producen as variacións de temperatura nalgúns corpos: os cambios de estado e adilatación.d.2) Interpreta gráficas que permiten describir os cambios de estado que se producen cando se quenta un recipientecon xeo.e.1) Coñece as diferentes formas de propagación da calor e cal é o medio de transmisión en cada caso.f.1) Deseña experiencias que permiten comprobar se un material é bo ou mal condutor da calor e diferenciar entremateriais condutores e illantes.g.1) Describe o funcionamento da máquina de vapor e do motor de gasolina de catro tempos.g.2) Valora a importancia da máquina de vapor como elemento desencadeante da primeira revolución industriale do motor de combustión interna como elemento desencadeante da segunda revolución industrial e valoraas fondas transformacións que causaron ambos descubrimentos nos sistemas de traballo e na estrutura dasociedade.Orientacións metodolóxicasAo longo desta unidade preséntase o mesmo problema en varias ocasións e é que algúns termos teñen un significadofísico preciso que non sempre se axusta ao sentido que ten na linguaxe coloquial. Isto acontece co conceptode calor e coa diferenza entre calor e temperatura. Convén, xa que logo, poñer de manifesto as ideas previas queteñen os nosos alumnos e alumnas sobre estas cuestións e, a partir delas, establecer pontes e conexións que nospermitan aloxar correctamente nos seus esquemas conceptuais os conceptos físicos que aparecen nesta unidade,co obxectivo de favorecer a súa comprensión e memorización, de maneira que poidan utilizalos máis tarde para aresolución de problemas da vida cotiá.A actividade Compara dúas formas de incrementar a enerxía interna dun corpo (páxina 201) pretende resaltaro feito de que se pode incrementar a axitación interna das partículas dun corpo e, polo tanto, a súa temperatura,de distintas formas, como por exemplo, subministrando calor ou mediante o rozamento e a fricción.Na actividade Comproba como podes inflar un globo sen ter que soprar (páxina 202) realízase unha sinxelaexperiencia para demostrar que os gases tamén se dilatan pola calor. Preténdese que os alumnos e alumnas reflexionensobre como pequenos cambios de temperatura dos corpos poden ser claramente observables: unha botellafría non presenta ningunha diferenza dunha botella quente, non se ve o aire do seu interior, pero podemos apreciara dilatación do aire con axuda dun pequeno globo.Na actividade Compara a gradación das escala Celsius e a escala Fahrenheit (páxina 203) estúdase unhaaplicación práctica da dilatación: o termómetro e as diferentes escalas graduadas de temperatura (a de Celsius e ade Fahrenheit; omitiuse a de Kelvin).A actividade Pensa... (páxina 203) introduce os alumnos e alumnas na utilización do método científico, co obxectivode que realicen experiencias e investigacións que lles permitan medir e obter datos, construír e usar táboas egráficos, recoñecer causa-efecto e formular hipóteses que poñan de manifesto os cambios de estado que teñen lugarao quentar un recipiente con xeo.Na actividade Comproba como podes indagar se un material é bo condutor da calor (páxina 204) explícanseas diferenzas entre condutores e illantes da calor, feito que pode servir para explicar as utilidades que poden teros illantes na confección de pezas de abrigo e na construción.Os debuxos e esquemas da páxina 205 ilustran as distintas formas de propagación da calor e nas páxinas 206-207ilústranse os esquemas dunha máquina de vapor e dun motor de gasolina de catro tempos, que facilitan a comprensióndo seu funcionamento.Por último, a actividade Observa e experimenta (páxina 209) pretende que os alumnos e alumnas constrúan undestilador de auga con utensilios caseiros, que funciona con enerxía solar, e presten atención aos diferentes cambiosde estado que teñen lugar durante o proceso de destilación de auga.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaA actividade Mira... (páxina 199) suxire no inicio da unidade un conxunto de interrogantes sobre a natureza da calore as súas aplicacións e a diferenza entre calor e temperatura, que suscitan un debate no cal se debe estimular odesenvolvemento da capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidadee espírito crítico; de expresar axeitadamente –en fondo e forma– as propias ideas e emocións, e de aceptar erealizar críticas con espírito construtivo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!