12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

82PROGRAMACIÓNUNIDADE 10: Calor e temperaturaObxectivosa) Describir a natureza da enerxía interna dunha substancia e relacionala coa axitación ou enerxía cinética das partículasque a compoñen.b) Comprender que a temperatura é unha magnitude da materia relacionada coa súa enerxía interna, explicar comose mide e cales son as súas unidades.c) Distinguir os conceptos de temperatura e calor: a súa relación e a diferenza entre ambos os conceptos.d) Descubrir, coñecer e explicar os efectos da calor sobre os corpos: variación da súa temperatura, dilatación e cambiosde estado.e) Experimentar coa calor e descubrir que flúe ou se propaga por condución, radiación e convección.f) Comprobar que existen corpos bos e malos condutores da calor e valorar a importancia dos materiais que actúancomo illantes térmicos.g) Valorar a busca de novas fontes de enerxía e o desenvolvemento de novas tecnoloxías que permitiron a construciónde máquinas e ferramentas, cada vez máis sofisticadas, que facilitan a realización do traballo, como amáquina de vapor e o motor de gasolina.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Suxerir cuestións que susciten un debate sobre a natureza da calor e as súas aplicacións e a diferenza entre calore temperatura. O obxectivo é desenvolver a capacidade de ler, escoitar e ter en conta opinións distintas ás propias.• Definir conceptos, con especial énfase na introdución da terminoloxía relativa á calor, os seus efectos e as súasformas de propagación.• Estruturar o coñecemento sobre a temperatura, a calor, os cambios de estado, a propagación da calor e a utilidadeda calor nos motores de combustión.Competencia matemática• Interpretar os gráficos e os datos relativos aos sucesivos cambios de estado.• Elaborar esquemas e debuxos que permitan comprender o funcionamento dos motores de combustión interna eexterna.• Análise comparativa entre as escalas Celsius e Fahrenheit, e estudo das fórmulas que permiten a conversión dosdatos entre ambas as dúas escalas.Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico• Identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas co obxectivo de comprender os conceptosde calor e temperatura.• Poñer en práctica procesos de indagación científica, realizar observacións, directas ou indirectas, sobre a dilatacióne os cambios de estado.• Suxerir e contrastar hipóteses sobre as formas de propagación da calor.• Reflexionar sobre a calor como unha fonte de enerxía, cuxa utilización provocou fondas transformacións sociaisao longo da historia.Tratamento da información e competencia dixital• Utilizar as ilustracións e esquemas para comprender os procesos de transferencia de calor e os cambios deestado.• Analizar a información que proporcionan os debuxos para comprender o funcionamento dos motores de combustióninterna e externa.• Utilizar diversas páxinas web para obter información sobre os cambios de estado e os diferentes tipos de motoresde combustión.Competencia social e cidadá• Tomar conciencia da importancia da máquina de vapor como elemento desencadeante da primeirarevolución industrial, e do motor de combustión interna, como desencadeante da segunda revolución industrial.• Valorar a importancia dos illantes térmicos, como elemento de aforro enerxético nas vivendas.Competencia cultural e artística• Apreciar e gozar analizando os diversos procesos da natureza debido a cambios de estado e a mecanismos detransferencia de calor.• Utilizar os esquemas e debuxos dos motores de combustión, para desenvolver a creatividade e para gozar apreciandoo funcionamento destes sistemas.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!