12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROGRAMACIÓN69ContidosCONCEPTOS• As rochas: definición e tipos.• Rochas magmáticas: formación e situación. Texturas magmáticas. Rochas extrusivas e intrusivas.• Rochas metamórficas. Formación das rochas metamórficas. O metamorfismo. Tipos.PROCEDEMENTOS• Observación de distintas rochas magmáticas e metamórficas e clasificación destas atendendo ás característicasobservadas nelas.• Secuenciación dos distintos procesos que levan á formación dunha rocha.• Recollida de rochas para a súa identificación.• Recoñecemento e identificación de rochas comúns mediante o emprego de claves.• Identificación das principais rochas que compoñen o relevo español e coñecemento dos seus principais empregose aplicacións.• Tratamento e análise da información.• Visualización de paisaxes naturais da Península e os arquipélagos en fotografías e diapositivas.• Elaboración e interpretación de gráficos e diagramas.• Comprobación de hipóteses.• Exposición de resultados.• Consulta de páxinas web e selección de información relacionada coas rochas.ACTITUDES• Recoñecemento da importancia dos procesos xeolóxicos na formación dos diferentes tipos de rochas.• Curiosidade cara á identificación de rochas magmáticas e metamórficas comúns mediante o uso de claves.• Aprecio pola interpretación de modelos sobre a formación de rochas e a distribución dos principais tipos de rochasmagmáticas e metamórficas.• Interese pola identificación das rochas que compoñen o relevo español e o coñecemento dos seus principais usose aplicacións.• Reflexión sobre a importancia científica das rochas e rexeitamento das prácticas coleccionistas de determinadosexemplares, que forman parte do patrimonio científico e cultural das diferentes comunidades..• Reflexión crítica sobre o impacto ambiental das extraccións de rochas.• Valoración da orde no traballo de laboratorio.• Disposición a traballar con rigorosidade científica.• Desenvolver o interese pola ciencia como forma de coñecer o medio que nos arrodea.Criterios de avaliacióna.1) Recoñece os principais tipos de rochas.b.1) Relaciona os distintos tipos de rochas magmáticas e metamórficas co seu proceso de formación e co ciclo dasrochas.b.2) Describe os distintos procesos que están implicados na formación dos diferentes tipos de rochas, secuenciandoas fases de que constan estes procesos.c.1) Observa algunhas propiedades das rochas, como a reacción con ácido clorhídrico, formación de láminas, homoxeneidade,etcétera.c.2) Recolle datos da observación e emprégaos para clasificar as rochas mediante claves sinxelas.Orientacións metodolóxicasUnha das dificultades que se presenta á hora de abordar esta unidade é a de harmonizar algo tan próximo como asrochas con algo tan afastado como os seus procesos de formación. Debemos facer reflexionar os alumnos e alumnassobre o feito de que os grupos de rochas que existen na natureza son diferentes porque tamén son diferentesos ambientes en que se formaron. Co Comproba da páxina 166 preténdese aclarar que o ciclo das rochas permiteexplicar as sucesivas transformacións e interconversións dunhas rochas noutras.Noutro apartado introduciuse unha clave moi sinxela que permite a clasificación dalgunhas rochas a partir de certoscoñecementos sobre os exemplares a estudar e da observación destes. A maioría dos criterios son observablesa simple vista, se ben algúns requiren unha simple manipulación, como engadir ácido para ver a reacción de efervescenciaque produce.As aplicacións das rochas é un aspecto que adquire certa relevancia neste nivel educativo. Coa actividade Pensa (páxina170) trátase de establecer unha relación entre o concepto teórico de «unidade litolóxica» e a súa proximidade a nós.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!