12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROGRAMACIÓN55c.1) Recoñece algunhas alteracións importantes que sufriron os ecosistemas e biomas terrestres como consecuenciada acción humana e valora a importancia dos exemplos de desenvolvemento sustentable nalgúns ecosistemasterrestres como a devesa.d.1) Elabora murais e informes que reflictan a influencia das actividades humanas sobre o equilibrio dos ecosistemasterrestres.e.1) Valora criticamente as consecuencias da acción humana sobre os ecosistemas.f.1) Recolle datos para estudar os problemas da desertización e a perda de biodiversidade e explica a necesidadede establecer espazos protexidos para a conservación de determinados ecosistemas.Orientacións metodolóxicasAo analizar os distintos ecosistemas e biomas, téntase manter unha estrutura uniforme describindo as principaiscaracterísticas físicas dos biotopos que os sustentan e distribuíndo a flora e a fauna que constitúen a súa biocenose.Tamén se describen algunhas modificacións que sufriron como consecuencia da acción humana e resáltase anecesidade de establecer un modelo de desenvolvemento sustentable e de manter a biodiversidade.Na actividade Mira… (páxina 113), que inicia o desenvolvemento da Unidade, trátase de coñecer as ideas previasque os alumnos teñen respecto a determinados ecosistemas e ao tipo de flora e fauna que neles se pode atopar,mesmo no seu contorno máis próximo como o ecosistema cidade.Coa actividade Comproba que a devesa é un exemplo de desenvolvemento sostible (páxina 119), preténdeseque coñezan a importancia do modelo de desenvolvemento sustentable e a súa viabilidade, tomando como exemploa devesa, para que vexan a necesidade de optar polo modelo de desenvolvemento sustentable como única formade acadar un equilibrio entre desenvolvemento económico e protección e conservación do medio.Na actividade Compara o clima… (páxina 121), amósanse dúas características climáticas, que determinan a existenciade dous grandes e importantes tipos de ecosistemas terrestres, o bosque mediterráneo e o bosque de zonastépedas, como a carballeira.Na páxina 123, amósase a distribución dunha especie vexetal de grande importancia e que require unha especialprotección, o pinsapo. Na seguinte páxina, amósase un problema análogo, o da supervivencia dalgúns grupos deindíxenas das selvas tropicais, vítimas en moitas ocasións do egoísmo e da sobreexplotación destes espazosnaturais tan importantes.A actividade Compara algunhas características dos grandes primates da pluvisilva (páxina 124), taménamosa o problema de supervivencia das tres especies de primates máis próximas ao home na evolución: gorila, orangutáne chimpancé. Todo iso dentro do contexto da necesidade de conservación da pluvisilva, como bioma en granmedida que regula o funcionamento da biosfera ou ecosfera.Ao estudar os ecosistemas do noso contorno, como as cidades, (páxinas 126 e 127), podemos observar flora e faunaespecífica, que aínda que implantada de forma moi artificial, como é o caso das plantas, permítenos realizar algunhasactividades fóra da aula.Noméanse os espazos naturais protexidos, os parques naturais, reservas da biosfera e zonas ramsar (páxinas 128 e129), como importantes exemplos do patrimonio natural dun país, que é necesario protexer e conservar, para as xeraciónspresentes e especialmente para as xeracións futuras. A conservación da natureza expón a necesidade de elaborarleis que protexan o medio. Desde esta perspectiva, amósanse aquí algúns espazos naturais representantes dediferentes figuras de protección, coas que se pretende levar a cabo unha eficaz protección da natureza.A actividade Observa e experimenta (páxina 131) ten como obxectivo que os alumnos utilicen certas técnicas paradiferenciar algunhas especies animais polas súas características; neste caso trátase de especies moi representativasdalgúns ecosistemas ibéricos.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaPola súa importancia para o progreso da aprendizaxe, esta competencia trabállase de forma continua ao longo de todaa unidade, mediante os seguintes aspectos: a propia exposición dos conceptos, con especial énfase no manexo correctoda terminoloxía, a lectura e a análise dos Compara, Comproba e Pensa, e as Actividades en que se poñen enxogo destrezas lingüísticas, definir, completar, redactar, clasificar como verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade Mira... (páxina 113) suxire ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que deben estimular odesenvolvemento da capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia, con sensibilida-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!