12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROGRAMACIÓN49alumnas que en cada unha delas existen unhas propiedades físicas distintas e, por iso, uns animais e vexetais característicos.A actividade Compara o ecosistema ártico co ecosistema antártico (páxina 93) trata de poñer de manifestoas semellanzas e as diferenzas que existen entre o ecosistema ártico e o ecosistema antártico tanto na súa localizacióncomo nas especies animais e vexetais que neles habitan.A actividade Sobrevivir no frío (páxina 93) chama a atención sobre as adaptacións que moitos animais posúen parasobrevivir no seu contorno. Neste caso, os animais polares. Moitos deles mantéñense quentes grazas ao pelo e ásplumas que serven para reter ao seu redor burbullas de aire e actuar igual ca un illante. Algúns son grandes, arredondados,cunha grosa capa de graxa baixo a pel que fai que se conserven quentes e teñen orellas pequenas paragardar a calor.A actividade Lazos coa Economía (páxina 94) serve de base para o debate sobre a importancia económica dos océanos,como o Atlántico, pero tendo en conta a importancia de conservar a biodiversidade e que todos os seres vivoscumprimos unha función no equilibrio dos ecosistemas. Debemos facer fincapé en que a principal ameaza da biodiversidademariña é a destrución dos hábitats naturais, o comercio de moitas especies, a sobreexplotación de especiespesqueiras e a contaminación.O apartado Observa e experimenta (páxina 107) pretende explicar aos alumnos e alumnas que ademais de identificaras aves acuáticas estudando o seu tamaño, as súas cores, o seu comportamento, o seu canto ou o seu voo,existen outras características identificatorias, sobre todo de lonxe ou a contraluz, como é a súa forma.Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaPola súa importancia para o progreso da aprendizaxe, esta competencia trabállase de forma continua ao longo detoda a unidade, mediante os seguintes aspectos:A actividade Mira… (páxina 91) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes que suscitan un debateen que se debe estimular o desenvolvemento da capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintasá propia con sensibilidade e espírito crítico; de expresar axeitadamente –en fondo e forma– as propias ideas eemocións, e de aceptar e realizar críticas con espírito construtivo.As actividades da unidade que poñen en xogo destrezas lingüísticas: definir termos, redactar respostas breves e clasificarcomo verdadeiro ou falso, etcétera.A actividade Lapis e rato (páxina 106) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre oceanografía,bioloxía mariña, temas de contaminación mariña, lagoas e humidais galegos que permiten comprender e utilizardiferentes recursos lingüísticos, así como aprender a escribir textos sinxelos en diferentes linguas e utilizar ditas linguasen contextos comunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade amósase destacada en recadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 106), pretende estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre o medio acuático, os tipos de ecosistemas acuáticos mariños e de auga doce e fomentar neles a habilidadepara extraer a información esencial tras a lectura da Unidade.A propia exposición dos conceptos, con especial énfase na introdución da terminoloxía relativa á ecoloxía acuáticae no rigor das definicións.O traballo sobre textos científicos ao cabo da unidade na actividade A ciencia explícanos o mundo (páxina 111)está enfocado en gran medida a desenvolver a comprensión lectora.A bibliografía que se amosa en Libros que te poden axudar (páxina 111) é unha mostra de libros de divulgaciónda Ciencia para mozos que pretende estimular o pracer pola lectura para que os nosos alumnos e alumnas gocenlendo e expresándose de forma oral e escrita.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoEstreitamente vinculada ás ciencias. Desta maneira, podemos destacar desta competencia a axeitada percepción doespazo físico en que se desenvolven a vida e mais a actividade humana, tanto a grande escala como no contornoinmediato.Do mesmo xeito, coa sección Lazos con… (páxina 94), dedicada nesta unidade á economía, preténdese traballar oemprego responsable dos recursos naturais e a protección da saúde individual e colectiva. Son parte desta compe-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!