12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROGRAMACIÓN109O uso e resolución de ecuacións matemáticas con variables físicas contribúe a que se aprecie a estreita relaciónentre as Matemáticas e a Física.A aplicación de estratexias de resolución de problemas e a selección das técnicas axeitadas para calcular, representare interpretar a realidade a partir da información dispoñible, así como resolver os problemas numéricos que sepropoñen como actividades axudarán ao alumnado a dominar en grao suficiente esta competencia.Competencia no coñecemento e interacción co mundo físicoPara axudar ao coñecemento dos fenómenos naturais é preciso o traballo científico dado o seu carácter creativo:interese sobre os fenómenos que se dan na natureza de carácter físico ou químico, suxerir conxecturas, elaborarestratexias, obter conclusións, facer deseños experimentais, analizar os resultados...Supón para o alumnado un exercicio de demostración do seu espírito crítico na observación da realidade, así comouns hábitos de consumo responsables na vida cotiá.Esta competencia, por último, debe significar recoñecer a natureza e límites da actividade investigadora, base dosavances en física e química, como construción social do coñecemento a través da historia.Tratamento da información e competencia dixitalEsta unidade de Física e Química incorpora diferentes habilidades, que van dende o acceso á información até a súatransmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e a comunicacióncomo elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.Así mesmo, esta competencia permite procesar e xestionar axeitadamente información abundante e complexa,resolver problemas reais e acceder á información que está na rede para visualizar, dende modelos atómicos, diferentestáboas periódicas e programas interactivos de formulación química.Aspectos importantes da Química e a información á que temos acceso a través do mundo dixital, xogan un papel primordialno avance do estudo científico. Ademais, o tratamento da información e a competencia dixital implican serunha persoa autónoma, eficaz, responsable, crítica e reflexiva, así como ter unha actitude crítica na valoración dainformación dispoñible.Competencia social e cidadáEstas disciplinas científicas, sintetizadas nesta unidade, deben proporcionar ao alumnado uns coñecementos básicose unha formación como cidadáns responsables.Analizar como determinados debates foron fundamentais no avance da ciencia, vai contribuír a que o alumnadoentenda mellor cuestións importantes que axudarán a que comprenda a evolución da sociedade en épocas pasadase analizar a sociedade actual.Propóñense actividades de reflexión como a da última páxina Ti decides… (páxina 285) sobre problemas que afectanmoito á sociedade, como a reciclaxe e a eliminación de residuos de substancias de uso cotián que requiren untratamento racional.Competencia para aprender a aprenderEsta unidade coas actividades que se propoñen, xa sexan numéricas ou conceptuais, permite que o alumnado constrúaa súa propia información e os seus propios modelos de coñecemento, case sempre a partir da súa experienciae das súas ideas previas.A aventura que supón enfrontarse a problemas abertos, tentar obter solucións, vai potenciar o espírito crítico e demaneira notable vai introducir o alumnado na aventura de «facer ciencia».Recursos didácticosMateriais• Cintas métricas e regras.• Cronómetros.• Papel milimetrado.• Dinamómetros.• Balanza.• Plastilina.• Resortes.• Balón de fútbol.• Material xeral de laboratorio.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!