12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROGRAMACIÓN83Competencia para aprender a aprender• Adaptar as observacións particulares de fenómenos naturais ás teorías xerais sobre a calor e a temperatura.• Suxerir preguntas sobre os procesos de transferencia de calor e cambios de estado e obter respostas utilizandodiversas estratexias e metodoloxías que permitan valorar a información dispoñible.Autonomía e iniciativa persoal• Suxerir interrogantes que pretenden estimular a iniciativa persoal e a procura de información sobre os procesosrelacionados coa calor.• Desenvolver valores e actitudes relacionados co coñecemento dos fenómenos observados no noso contornonatural.ContidosCONCEPTOS• Un mundo moi axitado: a enerxía interna.• Efectos da calor sobre os corpos.• A calor móvese e flúe: propágase.• Utilización da calor: motores de combustión.PROCEDEMENTOS• Deseño e realización de experiencias que permitan apreciar indirectamente a axitación interna das moléculas deauga.• Realización de investigacións sobre as formas de incrementar a enerxía interna dun corpo.• Realización de experimentos sinxelos para analizar e cuantificar algúns efectos da calor sobre os corpos, como adilatación dos gases.• Observación e comparación das medidas da temperatura entre as escalas Celsius e Fahrenheit.• Deseño e realización de experiencias e investigacións que permitan medir e obter datos, construír e usar táboase gráficos, recoñecer causa-efecto e formular hipóteses que poñan de manifesto os cambios de estado que teñenlugar ao quentar un recipiente con xeo.• Observación, deseño e realización de experiencias sinxelas para distinguir as distintas formas de propagación dacalor.• Experimentación con distintos corpos para comprobar o carácter condutor ou illante da calor.• Deseño de experiencias para comprobar o funcionamento dun barco de vapor.• Construción dun destilador de auga mediante a utilización da calor do Sol como fonte de enerxía.ACTITUDES• Valoración da importancia da enerxía e a súa influencia na calidade de vida.• Interese por realizar traballos con orde e limpeza.• Actitude rigorosa e científica na realización de experimentos e na aplicación de procedementos de investigación.• Colaboración positiva e respecto aos demais nas actividades conxuntas.• Respecto á realidade dos datos e observacións, aínda que contradigan as hipóteses ou desexos propios.• Sensibilización ante a necesidade de adoptar medidas encamiñadas a favorecer o illamento térmico das vivendascomo contribución ao aforro enerxético.• Reflexión sobre a importancia da utilización da calor como fonte de enerxía nos motores de combustión.• Valoración da busca de novas fontes de enerxía e do desenvolvemento de novas tecnoloxías como motor da evoluciónhumana e da civilización, que permitiron a construción de máquinas que facilitan a realización do traballo,como a máquina de vapor e o motor de gasolina.• Valoración da importancia da máquina de vapor como elemento desencadeante da primeira revolución industriale do motor de combustión interna, que utiliza como combustible os derivados do petróleo, como elemento desencadeanteda segunda revolución industrial e toma de conciencia das fondas transformacións que causaron nos sistemasde traballo e na estrutura da sociedade.Criterios de avaliacióna.1) Realiza investigacións que permiten apreciar indirectamente a axitación interna das moléculas da auga.b.1) Coñece as ecuacións ou fórmulas que permiten converter os graos Celsius en graos Fahrenheit e aplícaas paraa resolución de problemas sinxelos.c.1) Comprende os conceptos de calor e temperatura e as unidades en que se miden.c.2) Entende o concepto de calor como unha forma de «enerxía en tránsito», coñece as unidades en que se mide edistingue a diferenza entre o termo calor no seu sentido científico e o sentido coloquial do termo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!