12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PROGRAMACIÓN53UNIDADE 6: Ecosistemas terrestres: biomasObxectivosa) Comprender a importancia dos principais factores xeográficos e climáticos, na distribución dos seres vivos naTerra e coñecer os principais biomas terrestres, como conxuntos de ecosistemas que albergan a flora e fauna doplaneta, así como as súas características ambientais.b) Elaborar informes claros, precisos e coa terminoloxía científica axeitada nos que se expoñan as conclusións obtidasnos diferentes estudos realizados.c) Valorar a utilidade do traballo en grupo na resolución de problemas tales como a conservación e protección dosecosistemas terrestres.d) Recoñecer a importancia de protexer os ecosistemas terrestres e os biomas, para contribuír á propia supervivenciada especie humana e á dos demais seres vivos.e) Valorar o estado de conservación dos ecosistemas terrestres e biomas, e as consecuencias que ten para o medioe para os seres humanos a súa destrución e a perda de biodiversidade.f) Desenvolver unha actitude crítica e comprometida para contribuír á solución dalgúns problemas ocasionadospolo desenvolvemento científico e tecnolóxico e a degradación e o deterioro dos ecosistemas terrestres.Competencias básicasCompetencia en comunicación lingüística• Estruturar o coñecemento sobre os diferentes tipos de ecosistemas e biomas terrestres, as súas características eas súas principais diferenzas.• Propoñer interrogantes sobre a variedade de ecosistemas que susciten un debate que desenvolva a capacidadede ler, escoitar, analizar e ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espírito crítico.Competencia matemática• Interpretar as gráficas e os datos relativos ao clima nos diversos ecosistemas.Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico• Identificar a diversidade de ecosistemas existentes na Península Ibérica e en Galicia.• Comprender as características que identifican e diferencian os ecosistemas e biomas terrestres.• Identificar preguntas e obter conclusións baseadas en probas, co obxectivo de comprender as características dosseres vivos presentes en cada ecosistema.• Concienciarse sobre a variedade de ecosistemas e sobre a utilidade para o ser humano de conservar esta biodiversidade.Tratamento da información e competencia dixital• Utilizar determinadas páxinas web para obter información sobre os diversos espazos naturais protexidos existentesna Península Ibérica e no resto do mundo.• Comprender, a través das ilustracións da unidade, as diferenzas entre os diversos ecosistemas e biomas terrestres,analizando a información que proporcionan os debuxos.Competencia social e cidadá• Valorar a diversidade de ecosistemas como parte esencial da riqueza do contorno e da calidade de vida da especiehumana.• Concienciar contra o deterioro e a contaminación de todos os ecosistemas, salientando o concepto de cidadaníaglobal.Competencia cultural e artística• Apreciar e gozar cos diversos ecosistemas, valorando que tamén constitúen parte do patrimonio cultural dunharexión ou país.• Utilizar as ilustracións como fonte de enriquecemento e gozo para desenvolver a imaxinación e a creatividade aopercibir diversos contornos naturais.Competencia para aprender a aprender• Adaptar os coñecementos xerais sobre os ecosistemas ás características particulares do contorno onde se vive.• Suxerirse preguntas sobre os diversos ecosistemas e analizar as observacións, ordenalas, agrupalas, clasificalas,identificar semellanzas e diferenzas, etc.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!