12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PROGRAMACIÓN27ao ter que completar textos, definir termos, redactar respostas breves, corrixir enunciados, elixir a resposta correctae clasificar algunhas afirmacións como verdadeiras ou falsas.Na actividade Lapis e rato (páxina 44) ofrécese información sobre algunhas páxinas web que tratan sobre o temada medida da materia. Nelas e de forma amena pódese obter información dunha maneira que favorece a utilizaciónde diferentes recursos lingüísticos.A actividade Resume e ordena as túas ideas (páxina 44) ten como obxectivo estruturar de forma sintética o coñecementodos nosos estudantes sobre as funcións de relación e fomentar neles a práctica de obter as ideas esenciaisdos diferentes conceptos presentados na Unidade.Na actividade A Ciencia explícanos o mundo (páxina 49) proponse a lectura dun breve texto científico sobre ostraballos de Konrad Lorenz. Con iso inténtase desenvolver a comprensión lectora e facer unha reflexión sobre aimportancia da observación para o avance da ciencia, así como sobre o feito de que a percepción de fenómenos aparentementesimples e naturais que non parecen ter maior transcendencia pode ser de grande importancia para oestudo dos seres vivos e dos seus mecanismos de <strong>coord</strong>inación e relación. As cuestións expostas nesta actividadepretenden que os alumnos manifesten a súa opinión sobre a importancia que estes traballos poden ter e sobre aposible relevancia que a investigación con modelos animais pode ter para coñecer as bases do comportamentohumano.Competencia matemáticaUn dos aspectos que se contemplan na competencia matemática é a habilidade para interpretar e expresar con claridadee precisión informacións, datos e argumentacións. O devandito feito aumenta a posibilidade real de seguiraprendendo ao longo da vida, tanto no ámbito escolar ou académico como fóra del, e favorece a participación efectivana vida social. En consecuencia, a competencia matemática supón a habilidade para seguir determinados procesosde pensamento como son a indución e a dedución, e aplicar algúns algoritmos de cálculo ou elementos dalóxica, feito que conduce a identificar a validez dos razoamentos e a valorar o grao de certeza asociado aos resultadosderivados dos razoamentos válidos.O apartado Comproba como actúan os órganos responsables da relación (páxina 34) pode contribuír adesenvolver esta competencia, pois ao tratarse dunha situación en que se producen diferentes sucesos encadeadospermite realizar o seguimento das cadeas argumentais para identificar as ideas fundamentais e estimar a lóxica ea validez das argumentacións propostas.No apartado Observa e experimenta (páxina 45), proponse a construción dun terrario para realizar o experimentoproposto na actividade, para o cal se indican cales son as medidas máis apropiadas. É unha posibilidade real de utilizara actividade matemática nun contexto moi concreto como é a medida das pezas de madeira necesarias paralevar a cabo a actividade.O apartado Resolve o problema (páxina 47) ofrece a posibilidade de desenvolver esta capacidade ao propoñeralgunha actividade onde o cálculo da duración dunhas viaxes en avión é imprescindible e obriga ademais a ter enconta os desfasamentos que son producidos pola existencia de distintos fusos horarios.Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físicoNesta competencia cómpre salientar a habilidade para interactuar co mundo físico polo que se posibilita así acomprensión de sucesos. Incorpora habilidades para desenvolverse axeitadamente en ámbitos da vida e do coñecementomoi diferentes e para interpretar o mundo, feito que esixe a aplicación dos conceptos e principios básicosque permiten a análise dos fenómenos dende os diferentes campos de coñecemento científico involucrados.Esta competencia permite identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas, coa finalidadede comprender e tomar decisións sobre o mundo físico. Supón a aplicación destes coñecementos e procedementose permite dar resposta ao que se percibe como demandas ou necesidades das persoas, das organizaciónse do ambiente.A actividade Compara exterorreceptores e interorreceptores (páxina 34) pode ser útil para o desenvolvementodesta competencia, posto que nela se expón ao alumno a existencia de receptores de información nos organismos,tanto a nivel externo como no interior do corpo, cuxa finalidade é recoller a información que será transmitidaaos órganos responsables da <strong>coord</strong>inación.A actividade Observa e experimenta (páxina 45) propón unha investigación sinxela para comprobar de quemaneira inflúen os factores do medio sobre os organismos, circunstancia que é un exemplo claro de interacciónco medio físico. Isto pódese facer con moita facilidade, por exemplo empregando un procedemento indirecto comoé a medida do volume de auga que o obxecto desaloxa e que constitúe un claro exemplo de interacción co mundofísico.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!