12.07.2015 Views

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

Juan Eduardo Panadero Cuartero (coord.) Aurora Lozano Montero ...

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

62PROGRAMACIÓNA actividade Comproba onde se localízan os volcáns e terremotos (páxina 138) pretende ilustrar mediante undebuxo que a litosfera non forma unha capa continua senón que se atopa fragmentada en placas litosféricas, queaboian no manto, e están limitadas porlos bordos de placa. A actividade Compara as correntes de convecciónxeradas nun líquido quente coas correntes de convección do interior da Terra (páxina 139) facilita a comprensióndun fenómeno xeolóxico, como as correntes de convección que se establecen entre a poboación e o manto quentese a litosfera fría, mediante a observación dun modelo sinxelo das correntes de convección que se forman ao quentarauga nun recipiente en cuxa superficie aboian unhas pedriñas de xeo.Para ilustrar o movemento das placas no debuxo central da páxina 140 pódese facer referencia ás escaleiras mecánicasduns grandes almacéns ou ás cintas transportadoras; tamén se pode utilizar a metáfora da pota de sopa candoferve, a calor do fondo fai que a sopa quente ascenda e as substancias que aboian na súa superficie móvense continuamente,como os continentes á deriva: os debuxos da marxe da páxina 140 ilustran estes movementos na fragmentaciónde Panxea.Resulta útil gardar recortes de prensa sobre terremotos e erupcións volcánicas recentes e marcar nun mapamundicon bandeiriñas de cores o lugar onde se produciron, para utilizar estes datos como axentes motivadores quepoidan inducir os nosos alumnos e alumnas a preguntarse por que se dan estes fenómenos con máis frecuencianuns lugares que noutros.As ilustracións das páxinas 141 e 142 mostran que a actividade volcánica se localiza nos puntos quentes, nas dorsaisoceánicas e nas zonas de subducción, que son os lugares do planeta onde as erupcións volcánicas se converten nungrave risco para as persoas e os seus bens. Neste sentido, a actividade Pensa... (páxina 145) pretende facer reflexionarsobre unha das medidas de prevención do risco volcánico: a construción de vivendas con tellados inclinados pararesistir mellor o impacto da chuvia de piroclastos.A gráfica que mostra a relación entre a escala de magnitudes de Richter e a escala de intensidades MSK da páxina148 e as actividades Compara os efectos das distintas ondas sísmicas e Comproba algunhas medidas deautoprotección que podes adoptar fronte a un terremoto (páxina 147) tratan de resaltar as graves consecuenciasdestes fenómenos violentos e a necesidade de adoptar medidas de autoprotección para minimizar os danos.A actividade Comproba como é posible atopar nas montañas fósiles enterrados hai millóns de anos nofondo dos océanos (páxina 150) pon de manifesto un aparente paradoxo e é que as partes máis elevadas do planeta,as montañas, teñen a súa orixe nos sedimentos acumulados nas zonas máis profundas, as fosas oceánicas. Débeseresaltar o aspecto cíclico de transformación dunhas rochas noutras, xa que os materiais erosionados de antigas oroxeniasson os sedimentos a partir dos cales se formarán as novas cadeas montañosas. Convén coñecer a distribución daszonas de risco sísmico e volcánico en España e realizar traballos sobre cálculos de magnitudes e intensidades de sismosdiferentes, tal como se explica en Observa e experimenta (páxina 155).O texto da actividade A ciencia explícanos o mundo e a actividade Ti decides (páxina 159) pretenden establecerdebates sobre as normativas de construción sismorresistente e outras tendentes a minimizar os riscos sísmicos. Paraiso, pódese dispoñer dos datos sobre os últimos grandes sismos e os consellos sobre o comportamento diante dunhacatástrofe deste tipo que mostran algunhas das páxinas web que figuran en Lapis e rato (páxina 154).Orientacións para adquirir as competencias básicasCompetencia en comunicación lingüísticaA actividade Mira... (páxina 137) expón ao inicio da unidade un conxunto de interrogantes sobre diversos fenómenosxeolóxicos relacionados coa dinámica interna da Terra, como os volcáns, os sismos e as oroxenias, que suscitanun debate en que se debe estimular o desenvolvemento da capacidade de ler, escoitar, analizar e ter en conta opiniónsdistintas á propia con sensibilidade e espírito crítico; de expresar axeitadamente –en fondo e forma– as propiasideas e emocións e de aceptar e realizar críticas con espírito construtivo.As actividades da unidade inclúen gran variedade de cuestións que estimulan as habilidades para representarsementalmente, interpretar e comprender a realidade da tectónica de placas e das súas manifestacións e organizar eautorregular o coñecemento e a acción dotándoos de coherencia. Ao mesmo tempo, desenvólvense destrezas lingüísticasao definir conceptos, identificar conceptos mal clasificados, redactar respostas breves, clasificar como verdadeiroou falso, etcétera.A actividade de Lapis e rato (páxina 154) ofrece información para visitar distintas páxinas web sobre a dinámicainterna da Terra que permiten comprender e utilizar diferentes recursos lingüísticos, así como aprender a escribirtextos sinxelos en diferentes linguas e utilizar ditas linguas en contextos comunicativos de uso cotián.A descrición dos principais conceptos ao longo da unidade amósase subliñada en cadros e, xunto coa actividadeResume e ordena as túas ideas (páxina 154), pretende estruturar o coñecemento dos nosos alumnos e alumnassobre diversos fenómenos xeolóxicos relacionados coa dinámica interna da Terra e a tectónica de placas e fomen-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!