11.07.2015 Views

I. Programación xeral

I. Programación xeral

I. Programación xeral

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Proposta didáctica 1º ESOna pódense seguir estratexias de coñecemento con metodoloxías inversas: do máis próximo aomáis afastado ou do máis afastado ao máis próximo. O proxecto de Edicións Xerais de Galiciaincorpora as dúas metodoloxías para potenciar o desenvolvemento desta competencia. Enténdesepor medio a complexa urda de elementos e relacións en que o individuo se atopa inmerso,directa ou indirectamente, e non só o máis inmediatamente perceptible na contorna próxima.Este concepto de medio recolle a perspectiva dos feitos que a realidade sitúa á nosa beira, que seve de maneira obxectiva, e a dos que poden ser próximos aos intereses do alumnado, aínda quenon pertenzan á contorna próxima. Constitúe o noso medio todo o que actúa sobre nós, o quenos move e nos orienta, o que nos fai madurar e progresar, o que nos asusta ou proporciona seguridade,o que nos formula problemas ou impón eleccións; en definitiva, todo o que nos afecta.C.3. Competencia cultural e artística• Competencia para, a partir do estudo da cultura propia, emprender o coñecemento doutras culturasafastadas, alleas ou distintas. Competencia que se verá facilitada pola sensación de proximidadedos lugares máis distantes que nos proporcionan os medios de comunicación, sobre todo a televisión,xa que vivimos cada vez máis nun mundo interrelacionado e, ás veces, o remoto é o máispróximo.• Competencia para apreciar, comprender e valorar as diferentes manifestacións culturais e artísticas,materiais e inmateriais, tanto para o enriquecemento persoal como para valoralas como elementosesenciais do patrimonio cultural que hai que preservar.• Competencia para identificar e coñecer obras de arte relevantes, polo significado na caracterización deestilos e artistas e polo feito de formar parte do patrimonio cultural próximo. Son necesarias, pois,capacidades perceptivas e unha certa sensibilización por parte do alumnado sobre estas manifestacións.C.4. Competencia para aprender a aprender• Competencia para chegar ao coñecemento por transferencia. Preténdese que a partir da idea de medioe de contorna os alumnos e alumnas poidan transferir os seus modelos da realidade estudada adistintos contextos sociais e espaciais.• Competencia para construír novos coñecementos, nun proceso lento pero seguro, de aprendizaxe. Odescubrimento de novas cousas formará parte deste proceso de construción. E para construírcoñecementos, nada mellor que partir do que cada un sabe, razón pola que os materiais propoñenunha aprendizaxe significativa, adquirindo significados novos a partir do que cada alumnoou alumna xa coñece.C.5. Competencia no tratamento da información e competencia dixital• Competencia para comprender fenómenos sociais, xeográficos e históricos empregando as ferramentasproporcionadas pola sociedade da información (Internet, especialmente).• Competencia para establecer criterios de selección da información proporcionada por fontes dixitaisbaseados na veracidade e na pertinencia, sendo tratados desde actitudes críticas para que enriquezane non suplanten as contribucións persoais.9


<strong>Programación</strong> <strong>xeral</strong>C.6. Competencia en comunicación lingüística• Competencia para describir, narrar, disertar, argumentar, tanto por oral como por escrito, utilizandoun vocabulario preciso e específico da área, tanto os feitos históricos, como as realidades xeográficas eproblemas sociais. A lingua é o principal instrumento para organizar o pensamento e para explicare expresar o coñecemento construído. O desenvolvemento desta competencia implica odominio de habilidades de lectura e escritura de diferentes tipos de textos. As preguntas a pé depáxina, presentes en todas as páxinas dos materiais, axudan nese intento de desenvolver a competencialectora comprensiva e pormenorizada, obrigando ao alumnado a buscar o dato concretoou a idea esencial.• Competencia para valorar a lingua galega como un trazo esencial da identidade histórica de Galicia.C.7. Competencia matemática• Competencia para manexar datos numéricos e realizar operacións básicas con criterio de medición,codificación numérica e representación gráfica sobre feitos históricos ou realidades sociais e xeográficas.Moitos aspectos relacionados co marco espacial e da vida social teñen valores cuantitativos ougráficos que deben ser abordados dende esta competencia.C.8. Autonomía e iniciativa persoal• Competencia para desenvolver valores ou habilidades persoais, como autonomía, liberdade, autoestima,autocrítica, iniciativa, perseverancia, creatividade, seguridade, responsabilidade, honestidade, respectoás normas e capacidade para afrontar os problemas; e valores sociais, como respecto polas ideasalleas, capacidade de diálogo e interese polo traballo cooperativo.D. Contidos de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia 1º ESOD.1. Bloque I. Contidos comúnsa) Lectura e interpretación de imaxes e mapas de diferentes escalas e características. Percepción da realidadexeográfica mediante a observación directa ou indirecta. Interpretación de gráficos e elaboracióndestes a partir de datos.b) Obtención de información de fontes diversas (iconográficas, arqueolóxicas, escritas, proporcionadaspolas tecnoloxías da información, etc.) e elaboración escrita da información obtida.c) Localización no tempo e no espazo dos períodos, culturas e civilizacións e acontecementos históricos.Representación gráfica de secuencias temporais.d) Identificación de causas e consecuencias dos feitos históricos e dos procesos de evolución e cambiorelacionándoos cos factores que os orixinaron.e) Coñecemento dos elementos básicos que caracterizan as manifestacións artísticas máis relevantes,contextualizándoas na súa época. Valoración da herdanza cultural e do patrimonio artístico, particularmenteo propio, como riqueza que hai que preservar e colaborar na súa conservación.f) Realización de debates sobre temas de actualidade que poidan ter referentes na antigüidade ou noscontidos xeográficos.g) Elaboración de traballos de campo sobre a realidade xeográfica máis próxima e/ou o patrimonioarqueolóxico da contorna.10


Proposta didáctica 1º ESOD.2. Bloque II. A Terra e os medios naturaish) A representación da Terra. Aplicación de técnicas de orientación e localización xeográfica.i) Localización no mapa e caracterización de continentes, océanos, mares, unidades do relevo e ríosno mundo, en Europa, en España e en Galicia.l) Caracterización dos principais medios naturais, identificando os compoñentes básicos do relevo, osclimas, as augas, a vexetación; comprensión das interaccións que manteñen. Observación e interpretaciónde imaxes representativas dos mesmos. Valoración da diversidade como riqueza que haique conservar.m) Os grupos humanos e a utilización do medio: análise das súas interaccións. As paisaxes naturais ehumanizadas. Principais unidades paisaxísticas en Galicia e en España.n) Estudo dalgún problema medioambiental. Toma de conciencia das posibilidades que o medio ofrecee disposición favorable para contribuír ao mantemento da biodiversidade e a un desenvolvementosostible.D.3. Bloque III. A Terra e os medios naturaisñ) Cazadores e recolectores. Cambios producidos pola revolución neolítica. Aspectos significativos daPrehistoria no territorio peninsular.o) As primeiras civilizacións urbanas. Orixe do poder político e patriarcado.p) A cultura castrexa.q) O mundo clásico: Grecia e Roma. As sociedades escravistas. A democracia ateniense. As formas deorganización económica, social, administrativa e política romanas. O proceso de romanización eas súas consecuencias en Hispania. A cidade e a forma de vida urbana. Achegas da cultura e a arteclásica. Pervivencias do mundo cultural romano na Gallaecia.r) Orixe en expansión do Cristianismo. Fin do imperio romano e fraccionamento da unidade mediterránea.O reino suevo como exemplo de adpatación de comunidades endóxenas e esóxenas.E. Criterios de avaliación de Ciencias Sociais, Xeografía e Historiapara 1º de ESOa.1) Localiza lugares ou espazos nun mapa utilizando datos de coordenadas xeográficas e obtén informaciónsobre o espazo representado a partir da lenda e da simboloxía, e elabora mapas sinxelosiniciándose no emprego de recursos informáticos.a.2) Localiza nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico mundial, de España e deGalicia, sendo capaz de caracterizar os trazos que predominan nun espazo concreto.a.3) Realiza unha lectura comprensiva de fontes de información e é capaz de comunicar a informaciónobtida de forma correcta por escrito.b) Compara os trazos físicos máis destacados (relevo, clima, augas e elementos bioxeográficos) queconfiguran os grandes medios naturais do plantea, con especial referencia a Galicia, sabendo localizalosno espazo representado e sendo capaz de poñer exemplos das paisaxes que resultan da actividadehumana.c) Interpreta a paisaxe da súa contorna, identificando os seus trazos característicos e relacionando elementosfísicos, recursos e formas de asentamentos rurais e urbanos.d) Identifica e explica exemplos de riscos de impactos que a acción humana ten sobre o medio, analizandoas súas causas e efectos, e achegando medidas e condutas para prevelos e limitalos, facendounha especial referencia ao ámbito galego.11


<strong>Programación</strong> <strong>xeral</strong>e) Utiliza as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio, sendo capazde aplicalas a feitos e procesos referidos á prehistoria e historia antiga do mundo, da península Ibéricae Galicia.f) Identifica e expón os cambios que supuxo a revolución neolítica na evolución da humanidade evalora axeitadamente a súa importancia e as súas consecuencias ao comparalos cos elementos queconformaron as sociedades cazadoras e recolectoras.g) Diferencia os trazos que caracterizan algunha das primeiras civilizacións urbanas e a civilizacióngrega, identificando os elementos orixinais desta última e valorando aspectos relevantes da súaachega á civilización occidental.h) Comprende os trazos característicos da cultura castrexa, a área xeográfica na que se desenvolven ea súa particular forma de ocupación do territorio.i) Caracteriza os trazos de organización política, económica e social da civilización romana na súaépoca de expansión, sendo capaz de valorar a trascendencia da romanización en Hispania e enGallaecia e a permanencia do seu legado.F. Orientacións metodolóxicas do proxectoF.1. Principios metodolóxicosa) É un estudo crítico e reflexivo da realidade presente e pretérita.b) Racha coas visións parciais e as interpretacións interesadas dos sucesos e sucesións.c) Sitúa a aprendizaxe memorística no seu lugar e foxe das imaxes acríticas.d) Propón o estudo da área dende unha perspectiva interdisciplinar.e) Concatena feitos e situacións nun contexto global.f) Analiza a comunidade na que vivimos: problemas, evolución, valores e ideas prospectivas para:coñecer, valorar e respectar o que nos rodea; atoparse coa propia identidade colectiva; comprendere xulgar os problemas da humanidade: pautas culturais, concepcións relixiosas e ideolóxicas,condicións políticas.g) Desenvolve unha función informativa e crítica con análise e estudo do contorno social.h) Desenvolve unha metodoloxía de observación e experimentación, cun ensino activo e creativo.i) Potencia as situacións de aprendizaxe, do medio natural e do ambiente social, para levar a unhaaprendizaxe significativa.l) Interésase polo método de traballo e polo proceso formativo.m) Potencia a aprendizaxe creativa, con elaboración persoal do alumnado.n) Desenvolve a adquisición de coñecementos de xeito construtivo.ñ) Tenta desenvolver os contidos conceptuais referidos a aspectos fundamentais do coñecemento xeográficoe histórico, pero tamén presta atención aos procedementos e actitudes –valor formativo daárea–, incluídos no bloque de contidos comúns en cada curso. Cos procedementos axudamos naaprendizaxe evolutiva e práctica. Entre os valores e as actitudes destacan o compromiso coas idease valores, o respecto no xuízo sobre situacións, a valoración obxectiva das actitudes das persoas ea valoración tamén obxectiva das formas de ser e de pensar. Destaca tamén o fomento de actitudesde tolerancia, de relativismo e de democracia.F.2. Características dos materiaisa) Texto sintético, directo, para facilitar a comprensión e a aprendizaxe por impregnación.12


Proposta didáctica 1º ESOb) Riqueza icónica, para ler e interpretar as imaxes representadas en debuxos, infografías e fotografías.Dáselle importancia e contido informativo á linguaxe cartográfica e icónica.c) As fotografías pretenden dar unha imaxe real dos espazos e da sociedade. Os pés explicativos resaltane complementan a información icónica e permiten facer unha lectura paralela, complementariae ocasional.d) Libro ventá. É un libro aberto que leva ao interior de cada un, á reflexión persoal. Tamén leva aoexterior, ao medio, a ese complexo urdido de elementos e relacións en que o individuo está inmersodirecta ou indirectamente. Propoñemos estudar o ser humano desenvolvéndose nun lugar concretoao longo de séculos. O libro do alumno é un camiño, unha ponte, un medio para chegar árealidade espazo-temporal. Proponse desenvolver aspectos metacognitivos, a idea do que é aprender,para superar a aprendizaxe memorística, sen minusvalorala.e) Investigación do contorno, para observalo e interpretalo ao longo do tempo mediante fichas deinvestigación e buscar o porqué das cousas.f) Aprende a aprender, para desenvolver máis especificamente os procedementos, para saber facer,para estudar a estratexia axeitada a cada fin e evitar esforzos inútiles con resultados dubidosos.g) Relevancia dos procedementos de orientación e localización en mapas e planos, observación einterpretación de espazos representados en fotografías, debuxos, da representación cartográfica deespazos e tempos, da elaboración de liñas cronolóxicas.h) Interdisciplinariedade. Aborda os temas desde a perspectiva doutras áreas do currículum paraadquirir unha visión unitaria da realidade e rendibilizar outros coñecementos: toponimia, antroponimia,léxico, literatura, plástica e matemáticas.i) Aprendizaxe significativa, para potenciar o descubrimento cognitivo.l) Transversalidade, abordando temas de interese para mellorar a calidade da vida.m) Coidado da linguaxe coa intención de desenvolver as capacidades para empregalo con precisión.Seleccionouse en cada unidade un vocabulario específico, imprescindible para coñecer o tema emoi útil para incorporalo ás estruturas de pensamento e comunicación.n) Integración da historia, do espazo e dos recursos como elementos de análise da realidade social,tratando de integrar o estudo do medio dentro da evolución das sociedades humanas ou facendohistoria do medio natural humanizado, con apertura ao ecohumanismo e evitando a separaciónentre feitos naturais e sociais.ñ) Metodoloxía participativa, interactiva e dialóxica, que propician habilidades para participar navida cívica, para consumir valores democráticos e para o cumprimento dos deberes. A valoraciónempática das sociedades do pasado debe propiciar comportamentos tolerantes con outras crenzase culturas.F.3. Estrutura dos materiais do alumnadoCiencias Sociais, Xeografía e Historia 1º de ESO consta de 13 unidades que recollen os contidos asignadosno currículum da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para este curso. Cadaunidade consta de catro apartados:a) Presentación. Dúas páxinas para presentar e motivar a unidade. Con imaxes e texto. As imaxespoden ser debuxos, fotografías ou mapas. O texto pode estar presentado en prosa ou verso.Remata a presentación cun Contesta para abrir o diálogo, espertar a curiosidade, compartir opiniónse animar a entrar no tema que comeza.b) Información. Módulo básico para adquirir conceptos e desenvolver actitudes. Texto sintético,ampla información textual e gráfica. Os pés explicativos das imaxes aproximan ao alumnado a13


<strong>Programación</strong> <strong>xeral</strong>realidade presentada. As actividades de cada páxina, ou de cada par de páxinas nalgúns casos,pretenden ser unha especie de guía de lectura que obrigue a cada alumno ou alumna á relectura,á reflexión, á busca do dato concreto ou da idea central. Son case todas actividades de interrogaciónconverxente que atopan resposta nas páxinas do libro ou piden opinión persoal e valoraciónsobre persoas, feitos ou espazos.c) Lectura. Constitúe un mostrario de textos diversos, xeográficos ou históricos, literarios ou científicos,realistas ou fantásticos, antigos ou contemporáneos, librescos ou xornalísticos, para realizarunha lectura comprensiva de fontes de información. Un Lectocomentario tenta entrar nasentrañas do texto e arrincar do alumno ou alumna algunha resposta persoal. Cada lectura complementaos contidos da unidade.d) Obradoiro. É un taller de aprendizaxe con fundamento teórico e aplicación práctica para dominartécnicas de traballo e investigación. Pode haber máis dunha actividade deste tipo en cada tema, quesempre remata cunha actividade de aplicación para traballar en equipo e investigar no contorno.Caderno de TraballoO libro de texto compleméntase cun Caderno de traballo (en formato PDF incluído no disco deprogramación) que dá cabida a procedementos máis variados e a actividades creativas diverxentes eextratextuais. Cada unidade deste caderno consta de:a) Resumo, que recolle as ideas esenciais, adaptándose ás características pedagóxicas do resumo.Pode ser útil tamén para recordar os contidos básicos e para constituír un modelo da síntese queelabore cada alumno ou alumna.b) Actividades, clasificadas e agrupadas en categorías pola capacidade cognitiva, técnica ou habilidadeque pretenden desenvolver:- Actividades de asimilación.- Actividades de razoamento.- Actividades de léxico.- Actividades de comentario.- Actividades de investigación.- Actividades de técnica de aprendizaxe.- Actividades de creatividade.- Actividades de cartografía.- Actividades en equipo.- Actividades e investigación de biografías.c) Ficha de avaliación, útil para avaliar o nivel acadado por cada alumno ou alumna. Versan sobretodos os contidos importantes da unidade, referenciados sobre os criterios de avaliación. Estasfichas son fotocopiables nunha páxina para ser utilizadas directamente polo profesorado, se oconsidera oportuno.F.4. Orientacións para o desenvolvemento das actividadesNo proxecto de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia de 1º de ESO as actividades teñen un pesoespecífico, tanto cualitativamente como polos obxectivos que se lles asignan. As actividades propostasforman parte dunha metodoloxía activa para conseguir aprendizaxes significativas a partir da propiaexperiencia, mediante a construción persoal de coñecementos.As actividades didácticas propostas requiren:- Actividade intelectual.- Reconstrución de significados.14


Proposta didáctica 1º ESO- Transformación de microestratexias.- Elaboración persoal.- Captación de estruturas textuais.- Comprensión de ideas principais.- Busca de información: na experiencia propia; nos materiais didácticos do proxecto ou noutrasfontes.- Análise de actitudes e valores.- Actitude crítica. Revisión de hábitos de traballo.- Creatividade.- Socialización.É importante ofrecer a estratexia axeitada para que o propósito de aprender de cada estudante coincidacoa acción máis adecuada. Implicitamente, queremos que se vaia realizando o proceso metacognitivocompleto na cabeza de cada alumno ou alumna.As estratexias non se aclaran explicitamente en cada actividade nin en cada unidade; propóñensepara seren asimiladas de xeito natural, por imitación, por impregnación, a fin de que se vaian incorporandoaos hábitos de traballo noutras materias e tamén con finalidade propedéutica, como preparaciónpara estudos posteriores.Preténdese con elas favorecer a asimilación de contidos e introducir ao alumnado nas estratexiasmáis eficaces para aprehendelos. Porque estudar non é ler e repetir, nin tampouco só memorizar. Énecesario que os alumnos e alumnas aprendan por si mesmos, adquiran hábitos de traballo intelectuale coñecementos científicos, técnicos, humañísticos, históricos e estéticos. A Educación SecundariaObrigatoria debe contribuír a desenvolver no alumnado as capacidades de comprender e expresarcorrectamente textos e mensaxes complexas, orais e escritas; e utilizar con sentido crítico os distintoscontidos de fontes de información, adquirindo novos coñecementos co seu propio esforzo.A metodoloxía didáctica débese adaptar ás características de cada alumno co obxectivo de favorecera súa capacidade para aprender por si mesmo e para traballar en equipo, e inicialo no coñecementoda realidade de acordo cos principios básicos do método científico.É preciso traballar todos estes aspectos do desenvovlemento humano: o cognitivo, o afectivo e osocial, pero tamén os contidos relacionados, os procedementos, estratexias e técnicas. É convenientecamiñar cara ao modelo de ensinar a pensar, combinar a reflexión coa práctica e o descubrimento cognitivorelacionado polos propios alumnos e alumnas. Estratexias e técnicas de aprendizaxe cobran asíimportancia dentro do amplo campo dos contidos.En consecuencia, nas actividades propostas nestes materiais desenvolvemos unha seria de procedementoschave para o traballo das competencias básicas sinaladas no currículo:- Observación.- Elaboración e representación no espazo.- Control do paso do tempo.- Interpretación.- Formulación de hipóteses.- Planificación.- Medición.- Recollida de datos.- Formulación de preguntas.- Elaboración de conclusións.- Reflexión crítica.- Construción e manipulación de aparellos.- Emprego de programas informáticos.15


<strong>Programación</strong> <strong>xeral</strong>- Comunicación oral e escrita dos resultados das investigación e da recollida de datos efectuadas.As actividades propostas nestes materiais pretenden:- Colaborar na adquisición dos contidos.- Axudar a adquirir destrezas para aprender a aprender e desenvolver o resto das competenciasbásicas.- Estimular as actividades positivas do alumnado diante de temas que nos afectan.- Facilitar a memorización significativa de vocabulario específico e de conceptos esenciaisfuxindo da memorización cega e acomprensiva.- Contribuír á tarefa formativa integral do alumnado.Así, as actividades incluídas no libro do alumnado, tanto nos apartados de Información como deLectura, son converxentes e intratextuais. Propóñense como unha guía de lectura comprensiva paraafondar, de paso, no desenvovlemento da competencia de comunicación lingüística.Cada páxina ou cada par de páxinas leva actividades converxentes, de fácil resposta, porque quedamoi acoutado o campo de busca de información.Son actividades con cinco obxectivos:- Entender o porqué duns feitos e as consecuencias. Os feitos non suceden porque si, por azar,senón polo comportamento dos humanos que toman unha ou outra decisición.- Guiar ao alumnado na comprensión de textos escritos. Unha especie de guía de lectura, queobriga a reler, buscar e subliñar para buscar a resposta concreta.- Guiar ao alumnado na lectura de mapas.- Guiar ao alumnado na interpretación de gráficos.- Guiar ao alumnado na lectura de imaxes, fotografías ou debuxos. Os pés de imaxe axudanno propósito.As primeiras actividades versan normalmente sobre o texto central, que contén a información básicasistematizada. As actividades derradeiras de cada páxina refírense a mapas, fotografías, gráficos outextos breves das marxes.Nas respostas, incluídas no apartado Solucionario da Proposta Didáctica, proporcionamos contestaciónscompletas, con frases completas, para potenciar a comunicación oral e escrita, que é unha formade afondar nos contidos e no desenvolvemento da competencia lingüística. Queremos evitar asrespostas telegráficas (de SMS), con monosílabos ou abreviacións.As actividades do apartado Obradoiro son diverxentes e de investigación do contorno.As actividades propostas no Caderno de traballo son máis diverxentes e creativas. Tentan buscar aresposta orixinal, elaborada persoalmente por cada alumno ou alumna ou buscada no contorno ounoutras fontes de información (especialmente de carácter dixital).A variedade de actividades propostas no Libro do alumno e no Caderno de traballo permiten equilibraros contidos e ofrecer máis posibilidades de elección para adaptarse ás necesidades de cada grupoou alumno. Facilitan, pois, o tratamento necesario da diversidade.F.5. Tipoloxía de actividadesa) Actividades de asimilación: memorización; completar frases, mapas conceptuais e árbores representativasexplicativas; resumo; comprensión; definición.b) Actividades de razoamento: bucar causas, por que?; deducir consecuencias; relación causa-efecto;relación <strong>xeral</strong>; análise (diferenzas); síntese (semellanzas); de aplicación.16


Proposta didáctica 1º ESOc) Actividades léxicas: vocabulario específico do tema; definición de coneptos, que é?; familias léxicas(comparación, derivación e parasíntese); sinónimos; antónimos; etimoloxías; definición de termos.d) Actividades de comentario: interpretación; opinión; comprensión.e) Actividades de investigación: investigación <strong>xeral</strong>; investigación do contorno, fichas.f) Técnicas de aprendizaxe: esquemas; cadro sinóptico; cadro comparativo; mapa conceptual; árborerepresentativa explicativa (ARE); remuíño de ideas.g) Actividades creativas: asociación; metaforización; comparación; títulos creativos; soños fantásticos.h) Actividades cartográficas.i) Actividades de bibliografía.k) Actividades de avaliación: autoavaliación; ficha de avaliación.l) Actividades de equipo.m) Actividades de ampliación: biografías, consulta en distintas fontes, fichas.No Libro do alumno propóñense, como norma <strong>xeral</strong>, actividades de asimilación, razoamento, léxico,de equipo, de comentario e de cartografía.No Caderno de traballo incídese especialmente nas actividades de léxico, comentario, investigación,técnicas de aprendizaxe, creatividade, cartografía, bibliografía, avaliación, de equipo e de ampliación.17


<strong>Programación</strong> <strong>xeral</strong>G. Diferentes recursosEste proxecto parte da información dada no libro do alumno, pero non rematan aí os obxectivosda área, pois é unha ponte para coñecer a realidade. Actividades do Obradoiro e do Caderno de traballotranscenden o texto e invitan a observar, preguntar e consultar distintas fontes de información:libros, revistas, prensa diaria, documentais, software e Internet.Recursos didácticos en InternetXEOGRAFÍA• SITGA: http://sitga.xunta.es/cartografia/Páxina do SITGA (organismo da Xunta de Galicia). Proporciona cartografía básica de Galicia.Información sobre relevo, ortoimaxes de satélite e fotografía aérea.• CESGA: http://www.cesga.es/content/view/498/47/lang,gl/Servidor de cartografía do CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia). Poden consultarsemapa físico de Galicia, mapa administrativo de Galicia e mapa do mundo (Información administrativa,cidades, lagos e ríos de todo o mundo, pódense facer buscas de países e de cidades e pódeseconsultar na base de datos asociada á moeda e a poboación de cada país.).• INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL:http://www.fomento.es/MFOM/LANG_GL/DIRECCIONES_GENERALES/INSTITUTO_GEOGRAFICO/default.htmPáxina do Instituto Xeográfico Nacional, organismo do Ministerio deFomento.• CENTRO NACIONAL DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA: http://www.cnig.es/Inclúe un espazo de cartografía didáctica onde se poden consultar mapas políticos do mundo, deEuropa e de España.• GOOGLE EARTH: http://earth.google.es/Un programa gratuito que proporciona información xeográfica de todo o mundo: imaxes de satélite,mapas e terreos. Podes atopar fotografías aéreas do lugar onde vives.• GOOGLE MAPS: http://maps.google.es/?ie=UTF8&hl=glPáxina desde a que podes consultar en galego o mapa de comunicacións de España e planos dasdiversas cidades e vilas.• MAP MACHINE: http://plasma.nationalgeographic.com/mapmachine/index.htmlAtrévete a confeccionar mapas con esta ferramenta do National Geographic. En inglés.• WORLDMAPPER: http://www.sasi.group.shef.ac.uk/worldmapper/index.htmlColección de mapas mudos de todo o mundo.• TERRA SOBRE AUGA: http://www.galicia-hoxe.com/indexSuplementos.php?idMenu=19&idNoticia=136732• METEOGALICIA: http://www.meteogalicia.es/• INSTITUTO NACIONAL DE METEOROLOXIA: http://www.inm.es/• CAMBIA O CLIMA?: http://www.climantica.org/roller/climanticaFront/gl/page/unidad?u=01Unidade didáctica do proxecto de Educación Ambiental «Climática» promovido pola Conselleríade Medio Ambiente.• A VIDA NOS RÍOS GALEGOS: http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/slorenf/vidario0.htm18


Proposta didáctica 1º ESO• O QUE LEVA O RÍO: http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=8558• PAISAXES: http://www.climantica.org/roller/climanticaFront/gl/page/unidad?u=05Unidade didáctica do proxecto de Educación Ambiental «Climática» promovido pola Conselleríade Medio Ambiente.• CANAL CIENCIA: http://www.canalciencia.com/Un magnífico sitio en galego de divulgación científica. Non o perdas.• FAUNA DE GALICIA: http://www.arrakis.es/~alcrique/fauna.htm• ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS DE GALICIA:http://www.xunta.es/conselle/cma/GL/CMA05e/p05e01.htm• QUE FACER ANTE UNHA MAREA NEGRA?: http://www.edugaliza.org/inicio/mareanegra• O CAMBIO CLIMÁTICO, AUGA E PROBLEMAS AMBIENTAIS:http://www.edugaliza.org/inicio/clima• O LIXO TAMÉN QUENTA:http://www.climantica.org/roller/climanticaFront/gl/page/unidad?u=03HISTORIA• AULA GALICIA: http://aulagalicia.blogspot.com/Blog escolar sobre Xeografía e Historia de Galicia.• ATAPUERCA: PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD: http://www.ucm.es/info/paleo/ata/• A XANELA DO TEMPO: http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2003/b/xanela/index.htm• GUÍA DE CASTROS DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL: http://media.culturaedeporte.org/cultura/PATRIMONIO/castrenor.pdfCompletísimo documento (inclúe numerosas fotografías). Pode descargarse en PDF.• VICUS: http://usuarios.lycos.es/uxio_noceda/idade_dos_metais.htmPáxina que reconstrúe dixitalmente a vida na idade dos metais.• HISTORIA DE GALICIA: http://historiadegalicia.fiestras.com:80/servlet/ContentServer?pagename=R&pubid=1022580395904&c=Page&cid=1022580396002• CLÁSICOS EN GALICIA: http://clasicosgalicia.blogspot.com/Blog sobre a pegada do mundo clásico na literatura e artes galegas.• MUSEO CASTRO DE VILADONGA: http://www.aaviladonga.es/ga/index.htmPáxina do museo arqueolóxico de Viladonga. Pode facerse unha visita virtual.• MUSEO ARQUEOLÓXICO DE OURENSE: http://www.xunta.es/conselle/cultura/patrimonio/museos/mapour/galego/index-galego.htmPáxina do museo arqueolóxico de Ourense.• MUSEO QUIÑONES DE LEÓN: http://www.museodevigo.org/col_arqueologia_gal.phpEspazo virtual dedicado á sala de arqueoloxía deste museo vigués.19

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!