con dos elasticos uno azul con franjastraversales blancas y otro de verano sinmangas blanco calcetines negros calados,zapatos negros y calzoncillo de lienzo blancoy boina negra.».En nota ao marxe consta o seguinte:«En virtud de carta-orden de laSuperioridad de 30 de Octubre último,se hace constar que esta inscripción dedefunción corresponde a ManuelBarreiro Bermuy, nacido en cinco deMarzo de mil novecientos quince,soltero, hijo de Antonio BarreiroBelmonte y de Josefa Bermuy Agra,natural de Rianjo y vecino de Betanzos.Y que conste y en cumplimiento delo mandado, consigno la presente enOrdenes a cuatro de Noviembre de milnovecientos cuarenta y tres.El Juez mpal. Supte. Jesús Castro(asinado) El Secretario (sinaturailexíbel).»Hai nestes datos diverxencia no nomepropio, nos apelidos maternos e no lugarde nacemento da víctima, aínda que noncabe dúbida que se trata da mesma persoa.Barreiro participara (contratado ou comoempregado) nas requisas de trigo aospropietarios rentistas, cobrando en especieo imposto co que o goberno municipal doFrente Popular gravaba aos acaparadoresdo grao. Isto, ademáis da súa militanciapolítica, poñeríao posiblemente no puntode mira dos elementos máis reaccionariosda cidade.CALVIÑO BABIO, MANUELChófer de 38 anos. «Paseado» o 9 desetembro de 1936 na Espantosa (Betanzos),debaixo da ponte do ferrocarril, xunto conJuan Moreira Suárez, a quen acollíaagochado na casa. Pertencía á UGT.No censo electoral de 1934 aparece con33 anos, labrador de profesión. Nacera nolugar de Illobre. No padrón de 1935 apareceaveciñado en Vista Alegre nº 3, coa mullerXESÚS TORRES REGUEIROArriba, Francisco Barreiro, con boina, nunhafotografía familiar. Á dereita, o seu irmán Tucho.Xentileza do seu sobriño Manuel Barreiro.Abaixo, Manuel Calviño Babío na súa etapa doserivizo militar. Xentileza do seu sobriñoAntonio Rivas Calviño.282Anuario Brigantino 2006, nº 29
1936-1939: AS VÍTIMAS BETANCEIRAS DA REPRESIÓNEncarnación Seijo Ramos, de 31 anos, e dúas fillas:María, de 13 anos e Antonia de 7. A muller e asfillas marcharían posteriormente de Betanzos pormor dos destinos dos maridos destas. Figuraunha cruz (†) ao lado do seu nome, colocadaposteriormente na revisión do padrón, indicandoa súa morte.A súa irmá casou cun Rivas, tamén chófer, deAutos Rivas, e o fillo maior, Toñito, criouse coneles mentres a parella non casou ou tivo vivendapropia. Outro dos fillos da irmá, «Rolecho», eraafillado de Manuel Calviño e leva o seu nome.Calviño foi chófer particular da familia DoPico-Sas, coñecidos como «os da Reja» que teñena finca da Magdalena. Posteriormente facíaservizos nun vello Chevrolet.Parece ser que un veciño de Vista Alegre, o dacasa nº 1, persoa de dereitas, soubo que agochabaa Moreira e denunciouno. A garda civil e un grupode milicianos foronos buscar á casa, aparecendoos seus corpos debaixo da ponte do ferrocarril daEspantosa, saíndo cara A Coruña.No Rexistro Civil de Betanzos non figuran assúas actas de defunción.José Carro Pena.Xentileza da familia Carro Vales.CARRO PENA, JOSÉCoñecido popularmente polo alcume de «O cagamaterias», que en realidade era alcumedo seu pai. Xornaleiro de 30 anos segundo o padrón, aínda que tamén era areeiro. «Paseado»o 27 de outubro de 1936 en San Tirso (Abegondo). Pertencía á CNT.O seu asasinato recólleo o folleto deste xeito:27 de Octubre.— José Carro afiliado a la C.N.T. es perseguido a tiros por las calles de Betanzos,cayendo gravemente herido en el vientre cerca del hospital. Fue recogido, y con el pretexto detrasladarlo al hospital de Santiago, para su curación, lo metieron en un coche llevándolo hasta elCrucero de Santiso [será San Tirso, en Abegondo], en el ramal de Meangos, donde fue rematadoy su cadáver lanzado a la cuneta.(«Betanzos honra a sus mártires», páx. 10)Non puidemos comprobar se a data do asasinato era correcta, pois de existir acta dedefunción no rexistro civil de Abegondo, esta ardería na queima do xulgado provocada, aoparecer, pola guerrilla en 1948 e na que arderon todos os arquivos.No padrón de 1935 aparece domiciliado na rúa da Magdalena, nº 8, coa súa mullerManuela Gómez Amor, tamén de 30 anos, e os fillos José (10 anos), Josefa (8 anos), Aurea(4 anos) e Enrique (6 meses). Aínda nacería posteriormente María Luisa, da que quedabapreñada a nai. Con eles vivía tamén Manuel Carro Pena, de 14 anos, irmán de José, invidentedun ollo por un accidente na infancia e que sería vendedor do cupón de cegos moitos anos.283Anuario Brigantino 2006, nº 29