12.07.2015 Views

As vítimas betanceiras da represión, por XESÚS TORRES REGUEIRO

As vítimas betanceiras da represión, por XESÚS TORRES REGUEIRO

As vítimas betanceiras da represión, por XESÚS TORRES REGUEIRO

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

XESÚS TORRES REGUEIROLÓPEZ PÉREZ, ANTONIOCoñecido como «o Bergeiro» por desempeñar este oficio o pai ou antepasados nafamilia. De 27 anos. Traballaba cos irmáns Lagoa na súa tonelería a poucos metros da súacasa. Probablemente pertencía á CNT.No padrón de 1935 aparece de profesión labrador, domiciliado na rua da Ribeira nº 47, coseu avó José López Barral, labrador natural de Betanzos, viúvo de 77 anos; a súa nai,Manuela López Pérez, solteira de 42 anos (teríao a el aos 15 anos, segundo iso), e a súa irmáJosefa, de 20 anos. El e a súa irmá aparecen unicamente co primeiro apelido, figurandoraspado o sitio do segundo. Curiosamente, a súa irmá é coñecida como Carmen, non comoJosefa.O seu nome non figura en ningunha relación de vítimas betanceiras. O folleto dosmártires non o recolle e, polo tanto, tampouco a praca de homenaxe do Centro Betanzos. Amiña sorpresa foi grande cando os irmáns de Antonio Maceiras me dixeron con insistenciaque a canda seu irmán levaran a outros dous e non unicamente a José Edreira como di ofolleto. Tamén a irmá deste, Estrella, insistiu en que apareceran xuntos os corpos de tres.Eles foron os que me puxeron na pista de Antonio López . Parece que as súas defunciónsrexistraronse en Aranga como «desconocidos», tal como dixemos ao falar de José Edreira.A súa irmá Carmen, quen daquela acababa de dar a luz o seu primeiro fillo, pensa que oasasinato de Antonio López foi pola parte de Oza (sen embargo alí tampouco está rexistrado)e lembra que os Chunos, pai e irmán doutro dos paseados, encontraron os corpos. Nonsabe siquera onde foron enterrados os restos. A familia quedaba bastante desamparadanaqueles momentos (ela recén parida, sen pai, o avó anciano) como para poñerse a facerxestións naquelas circunstancia. Tamén descoñece a súa filiación, só que ía ao sindicato na«Casa do Pueblo» e que «era moi bo irmán», o que sostiña a familia. A Antonio viñéronobuscar á casa gardas civís e falanxistas, entre eles un Juanito «Lambeplatos», deses que«como dicía a canción antes eran comunistas e agora son requetés e viraron a chaqueta dodereito e do revés.» (Conversa con Carmen López no Asilo de Betanzos, en xuño de 2007).LÓPEZ PÉREZ, GERMÁNCoñecido popularmente polo alcume de «O Marulán». Labrador de 35 anos eposteriormente «consumeiro» ou inspector de arbitrios municipais. Pertencía á UGT. Fóronobuscar de noite á casa sendo «paseado» o 23 de outubro de 1936 na zona de Ordes,segundo recolle o folleto:23 de Octubre.— Germán López Pérez, afiliado a la U.G.T. Era capataz de arbitrios municipales,fue «paseado» y asesinado en las cercanías de Ordenes, donde su cadáver apareció barbaramentemutilado.(Betanzos honra a sus mártires, páx. 10 )Era fillo de Antonio López Miño, garda municipal, e de Juana Pérez Pérez. No padrón dedecembro de 1935 figura como cabeza de familia, vivindo na 1ª Travesía de Santa María,número 7, coa muller, María Martínez Antón, natural de Fene de 28 anos, a súa nai, JuanaPérez Pérez, de 71 anos, viúva, e a filla do matrimonio, María López Martínez, de 1 ano. Enmaio de 1936 nacería Antonio, o segundo fillo do matrimonio que tiña cinco meses cando oasasinato do pai.296Anuario Brigantino 2006, nº 29

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!