30.03.2020 Views

Recomendacións na crise do COVID-19

Impacto emocional causado pola COVID-19 Recomendacións para o manexo domiciliario dos residuos en fogares con positivos ou en corentena por COVID-19, e para o manexo domiciliario dos residuos en fogares sen positivos ou que non estean en corentena Recomendacións de apoio emocional a nenas e nenos durante a epidemia de COVID-19 Medidas hixiénicas para a prevención de contaxios pola COVID-19

Impacto emocional causado pola COVID-19
Recomendacións para o manexo domiciliario dos residuos en fogares con positivos ou en corentena por COVID-19, e para o manexo domiciliario dos residuos en fogares sen positivos ou que non estean en corentena
Recomendacións de apoio emocional a nenas e nenos durante a epidemia de COVID-19
Medidas hixiénicas para a prevención de contaxios pola COVID-19

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

IMPACTO EMOCIONAL CAUSADO POLA COVID-19

A expansión do coronavirus

supuxo unha situación de crise

en todo o mundo.

As nosas vidas cambiaron subitamente

e o impacto, segundo as circunstancias

de cada persoa, é diferente.

É normal sentir emocións intensas, coma

medo, tristeza, enfado e sentimentos

de vulnerabilidade e falta de control.

Lembra que o que sentes é produto das

circunstancias que estamos a vivir.

É posible que as emocións vaian variando

ao longo dos días e semanas e que en cada

fase deste período se poidan presentar

algunhas fortes, acordes ás circunstancias.

Aprender da crise que estamos a vivir e facerlle fronte á situación non

é fácil, pero a forma na que respondamos, a nivel individual e social,

será determinante para superar esta etapa da mellor maneira posible.

Isto acabará e seremos máis fortes!

ESTRATEXIAS PARA CENTRAR A TÚA ENERXÍA NO QUE PODES FACER

RECOÑECE AS TÚAS EMOCIÓNS

☞ Identifícaas e tenta non alimentalas nin

deixarte levar por elas

☞ Compartilas con persoas próximas

pódete aliviar

☞ A respiración e a relaxación facilitarán

que dirixas a túa atención ao esencial

ENFOCA A TÚA ENERXÍA E XERA UNHA RUTINA

Presta atención ao que si podes facer:

☞ Cumpre coas medidas do estado de

alarma

☞ Elabora un horario coas cousas que

queiras facer cada día e trata de mantelo

☞ Tenta engadirlle á rutina momentos de

lecer e fomenta a túa creatividade

☞ Axuda as e os que te rodean e o

necesitan

☞ Céntrate en obxectivos que poidas

cumprir e persevera

CÓIDATE

DESCONECTA

☞ Mantén as túas rutinas de hixiene,

alimentación e sono

☞ Tenta engadir momentos de actividade

física

☞ Evita a sobreexposición á información

sobre o coronavirus

☞ Procura falar doutros temas e

intenta facer cousas que che gusten e

che sirvan para cumprir obxectivos

MANTÉN O CONTACTO SOCIAL

☞ Con amizades e familiares a través

do teléfono e de videochamadas

☞ Coida de ti coidando delas e deles

#QuedaNaCasa


Recomendacións de apoio emocional

a nenas e nenos durante a epidemia

de COVID-19

Como lles pode afectar a situación actual?

Nestes momentos as nosas vidas cambiaron. As nenas e

nenos poden necesitar que lles presten máis atención,

ter problemas para durmir ou de alimentación e mostrar

enfado, tristeza, cansazo ou medos

Normaliza as emocións

Explícalles que estar triste, ter medo ou sentir calquera

outra emoción é normal, que as persoas adultas tamén

as sentimos e que se poden manexar

Organízate na casa

Facilítalles o contacto con familiares e amizades mediante videochamadas

Establece unha rutina familiar adaptada a cada idade e fai que se involucren nas tarefas domésticas

Tenta diferenciar as rutinas de diario das da fin de semana e planifica actividades para que xoguen e se

relaxen

Explícalles o que está a acontecer

Coas palabras adecuadas para a súa idade e sen

engadir medos

Escoita as súas preocupacións e contesta as súas

preguntas

Procura que non estean moito tempo recibindo

información sobre o tema

Recórdalles que é algo temporal

Un exemplo vale máis que mil palabras

Sé un referente á hora de manexar as túas emocións

e evita as discusións

Cumpre as medidas do estado de alarma e sigue as

medidas de hixiene

Vixía o uso que fan das pantallas e dálles exemplo

desconectándoas ti tamén

#QuedaNaCasa


MEDIDAS HIXIÉNICAS PARA A PREVENCIÓN DE CONTAXIOS POLA COVID-19

MEDIDAS HIXIÉNICAS QUE SE DEBEN TOMAR NOS DOMICILIOS

1

2

Asegúrese de que os cuartos da casa estean ben

ventilados (5 minutos ao día como mínimo)

Realice unha limpeza diaria; utilice auga e

xabón para as superficies de contacto

frecuente. A limpeza elimina xermes,

sucidade e impurezas, por iso é importante

que haxa unha boa limpeza antes de proceder,

no seu caso, a unha desinfección

MEDIDAS HIXIÉNICAS QUE SE DEBEN TOMAR NAS ZONAS

COMÚNS DAS CASAS OU URBANIZACIÓNS

1

2

3

4

5

A persoa que se encargue da limpeza diaria terá que realizala

con luvas dun só uso

Debe asegurarse de que as zonas comúns pechadas se

encontren ben ventiladas (5-10 minutos ao día como mínimo)

Limpe diariamente, primeiro con auga e xabón. Nas

superficies preste unha maior atención ás zonas de recepción

e a todas aquelas superficies que se toquen con moita

frecuencia

Ademais deberá utilizar desinfectantes, que atopará nos

supermercados, para limpar varandas, interruptores, pomos,

picaportes, interfonos, caixas do correo etc. Se é posible, esta

actividade realizarase frecuentemente en función do tránsito

da zona (ver lista de produtos virucidas autorizados para uso

do público en xeral)

Unha vez rematada a limpeza, quite as luvas e bóteas no lixo.

Posteriormente debe realizar unha completa hixiene de mans,

con auga e xabón, durante polo menos 40-60 segundos

MEDIDAS HIXIÉNICAS QUE SE DEBEN TOMAR NOS VEHÍCULOS

PRIVADOS

Deberá ter en conta que os vehículos privados tamén poden

ser unha fonte de contaminación, polo que deberá extremar

as medidas de limpeza

MEDIDAS HIXIÉNICAS QUE SE DEBEN TOMAR NOS DOMICILIOS

ANTE CASOS DE PERSOAS SOSPEITOSAS OU CONFIRMADAS

CON COVID-19

1

2

3

4

5

Consultar o documento “Manexo domiciliario da COVID-19”:

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/cca

yes/alertasActual/nCov-China/documentos/Manejo_domicili

ario_de_COVID-19.pdf

A persoa que se encargue da limpeza diaria terá que realizala

con luvas dun só uso e con máscara (se hai dispoñibilidade)

Debe asegurarse de que os cuartos da casa

estean ben ventilados (5-10 minutos ao día

como mínimo)

Ten que limpar diariamente, primeiro con

auga e xabón, as superficies de contacto

frecuente

5–10

minutos

Ademais poderá utilizar desinfectantes, que atopará

nos supermercados, para limpar os pomos das portas, as

superficies do baño, as mesas de cabeceira, os mandos a

distancia, os interruptores, as billas do baño e da cociña, os

6

7

inodoros, os teléfonos, os teclados, as tabletas (ver lista de

produtos virucidas autorizados para uso do público en xeral)

Inicie a limpeza desde a parte máis afastada da porta de

entrada cara a esta

Unha vez rematada a limpeza, quite as luvas e, no seu caso, a

máscara e deposíteas nunha bolsa que se pechará

adecuadamente e se desbotará co resto dos residuos

domésticos. Posteriormente debe realizar unha completa

hixiene de mans, con auga e xabón, durante polo menos 40-60

segundos

COMO PREPARAR O DESINFECTANTE PARA SUPERFICIES

OU PARA OBXECTOS PERSOAIS

A limpeza elimina xermes, sucidade e impurezas, mentres

que a desinfección mata os xermes. Por iso, é moi

importante que haxa unha boa limpeza antes da

desinfección.

Empregue un biocida (desinfectante) con eficacia

demostrada e siga as indicacións da etiqueta para obter

un resultado adecuado. Sen prexuízo do anterior, e aínda

que se descoñeza cal pode ser a carga viral existente

nunha superficie, un dos desinfectantes que recomendan

as autoridades sanitarias é a lixivia (hipoclorito sódico)

diluída ao 0,1 % (ou incluso un pouco máis diluída), que se

mostra moi efectiva na inactivación do coronavirus.

Este desinfectante para superficies prepárase utilizando a

lixivia doméstica, non importa a marca, a concentración

será entre 35 e 50 g Cl activo por litro. Colla 20 mililitros,

bóteos nunha botella de litro e encha con auga da billa ata

completar. Péchea ben e déalle a volta varias veces. Xa ten

preparado un litro de desinfectante de hipoclorito.

Molle unha baeta nesta disolución e pásea polas

superficies para limpalas e desinfectalas. Limpe a baeta

con auga da billa tras cada uso e volva impregnala con

esta disolución de lixivia. Poña luvas durante a

desinfección.

Os obxectos de uso persoal como lentes, móbiles, tabletas,

teclados etc. pódense desinfectar cunha solución

hidroalcohólica que se prepara facilmente utilizando o

alcohol doméstico de 96º rebaixándoo ao 70 %. É doado:

colla 70 mililitros de alcohol e complete ata 100 mililitros

con auga. Tape a botella e déalle a volta varias veces.

Molle unha baeta con esta disolución e pásea polos seus

obxectos persoais.

Lembra: na casa utiliza produtos de uso doméstico.

Mantén a dose; non é preciso nin recomendable

incrementala

#QuedaNaCasa


RECOMENDACIÓNS PARA O MANEXO DOMICILIARIO DOS RESIDUOS EN FOGARES CON POSITIVOS OU EN CORENTENA POR COVID-19,

E PARA O MANEXO DOMICILIARIO DOS RESIDUOS EN FOGARES SEN POSITIVOS OU QUE NON ESTEAN EN CORENTENA

1

1

En fogares con positivos ou en corentena por COVID-19 recoméndase manexar os residuos do

seguinte xeito:

☞ Os residuos da ou do paciente, incluído o material desbotable utilizado pola persoa enferma

(luvas, panos, máscaras), débense eliminar nunha bolsa de plástico (bolsa 1) nun caldeiro

de lixo disposto no cuarto, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen separar para a

reciclaxe.

2

☞ A bolsa de plástico (bolsa 1) debe pecharse adecuadamente e introducirse nunha segunda

bolsa de lixo (bolsa 2), á beira da saída do cuarto, onde ademais se depositarán as luvas e a

máscara utilizadas pola persoa coidadora, e que se pechará adecuadamente antes de saír do

cuarto.

A bolsa 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa de

lixo (bolsa 3) correspondente ao de colector fracción resto.

Inmediatamente despois realizarase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo

menos durante 40-60 segundos.

3

☞ A bolsa 3, pechada adecuadamente, depositarase exclusivamente no colector de fracción

resto (ou en calquera outro sistema de recollida de fracción resto establecido na entidade local).

En poboacións con sistemas de separación húmido-seco ou similar a bolsa 2 deberase depositar

na fracción que indique a entidade local.

2

En fogares sen positivos ou que non estean en corentena por COVID-19 recoméndase manexar os

residuos do seguinte xeito:

☞ A separación dos residuos realizarase coma habitualmente, tratando de maximizar a separación

para reducir a fracción resto xerada. As fraccións separadas só se depositarán nos

colectores correspondentes.

☞ As luvas de látex ou nitrilo empregadas para outros usos non se deben depositar no

colector de envases lixeiros (amarelo), senón no de fracción resto.

Lembra: non tires as luvas ao chan cando remates de facer as túas compras ou xestións, bótaas

no lixo.

3 Os centros de compostaxe comunitaria (CCC) en uso nesta provincia considéranse de xestión

segura, pero deberanse seguir sempre as precaucións de uso indicadas nos carteis colocados en

cada un.

#QuedaNaCasa

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!