Imprimir 1ª pág. A Nosa Fala CD - Consello da Cultura Galega
Imprimir 1ª pág. A Nosa Fala CD - Consello da Cultura Galega
Imprimir 1ª pág. A Nosa Fala CD - Consello da Cultura Galega
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
2. Consonantismo

A Nosa Fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego

2.1. Gheada

A realización fricativa faringal ou laringal (xorda ou sonora)

da gheada márcase co dígrafo gh: ghamela, cheghei, aghrú, lògho.

Se a realización é fricativa velar xorda, emprégase o dígrafo kh:

khrande, Kharsía, nekhro, dikhamos. Estes dígrafos empréganse

tanto nas palabras galegas coma nos castelanismos: conghèladore,

eghemplo, Khuan.

2.2. Sibilantes

Se o etnotexto non presenta seseo, empréganse os grafemas

habituais do galego. Isto é, x para a representación da sibilante

lámino-postalveolar (a “prepalatal”) xorda (debaixo, caixas,

dixen), s para a sibilante ápico-alveolar (o s “apical”) xorda (seis,

nasas, peseta) e c + e, i / z + a, o, u para o fonema fricativo dental

xordo (decía, empezamos, centolo, zarandas).

Para os textos das áreas seseantes cómpre ter en conta o

seguinte:

a) O grafema ç representa unha sibilante lámino-alveolar (o s

“predorsal”) xorda (çumbar, çèmpre, dança, maçurca, diçían), mentres

que o ç indica a correspondente sonora (coçedallos).

b) O grafema s representa unha sibilante ápico-alveolar (o s

“apical”) xorda (casa, pásame, sabes), mentres que o s indica a

correspondente sonora (casare, despois ábrenos)

c) O ceceo (e o s lámino-alveolar moi “dentalizado”) márcase

coas grafías habituais para a fricativa dental xorda: cadanceu,

izo, zaber, ècí, cète “cadanseu, iso, saber, así, sete”.

d) O grafema x representa a sibilante lámino-postalveolar (a

“prepalatal”) xorda (dixen, xa), mentres que a grafía j ante calquera

vocal indica a corresponde sonora (prijel, ajudar, ja)

e) O grafema x representa unha sibilante lámino-postalveolar

xorda que “tende” a ápico-alveolar (sexa, xa, peixe). Se a “despalatalización”

é total úsase o grafema s para a realización

ápico-alveolar (seito, sa).

13