20.02.2015 Views

1 - Biblos

1 - Biblos

1 - Biblos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

XXX anos de narracións curtas cos premios Pedrón de Ouro

Narrativa

10

Parabéns ao premio de narracións breves Modesto

R. Figueiredo do Pedrón de Ouro, que vén de

cumprir 30 anos. Tres décadas son moitas para

un galardón, e máis en Galicia, onde a fortuna

deste tipo de iniciativas adoita depender das

viravoltas da política ou do teimudo voluntarismo

dun feixe de entusiastas. Estamos a falar dun

premio que promove un padroado (de feito, a

súa actual denominación homenaxea a quen

foi o promotor e primeiro presidente de dito

órgano) e que apostaría por un xénero –o da

narrativa breve– de longa tradición entre nós

mais de difícil proxección editorial. A partir destes

parámetros o galardón iría especializándose

como un espazo dende o que os novos valores da

narrativa galega se poderían dar a coñecer por

medio dunha modalidade textual axeitada para a

experimentación e a procura dun rexistro e unha

voz. E isto de ter personalidade propia é algo

fundamental, imprescindible diría eu, para que un

premio se consolide e se promocione, para que

pase a desempeñar unha función referencial na

sociedade literaria que o acolle.

Independentemente dos vencellos que o premio

mantén dende as súas orixes coas asociacións

profesionais de escritores, e do seu indesmaiable

compromiso coa lingua e a cultura galegas, así

como con Ediciós do Castro, a ’casa’ editorial que

iría acollendo os textos premiados, o galardón

apostaría con rotundidade polas propostas máis

ousadas e anovadoras e quizais por iso conseguiría

sempre un alto número de participantes. Así,

os relatos gañadores das primeiras edicións

foron quen de liberarse dos modelos traicionais,

arrombando o costumismo e ensaiando

xéneros daquela inéditos entre nós, como o

policial ou a ciencia-ficción. Por outra banda, a

experimentación formal aliábase cos códigos

culturalistas pero tamén co alento nacionalista.

En xeral, apréciase nos textos daquela época unha

perda de protagonismo da trama en beneficio

da fragmentación discursiva e a polifonía, algo

que hoxe xa non nos sorprende pero que cunha

perspectiva histórica debemos valorar como un

salientable esforzo anovador. Nesas primeiras

convocatorias irían dándose a coñecer nomes que

hoxe figuran entre os máis consagrados das nosas

letras como Xavier Alcalá, Alfredo Conde, Víctor

Freixanes, Bieito Iglesias, Xosé Luís Méndez Ferrín,

Xesús Rábade, Carlos Reigosa, Antón Riveiro Coello

ou Suso de Toro, por citar só algúns.

Mediada a década dos 80 comezan a salientar

outros escritores, daquela case descoñecidos pero

que confirmarían as posibilidades do galardón

como plataforma de proxección e como canteira

de novos valores tal Miro Villar ou Estevo Creus.

E algo máis: o certame sería tamén pioneiro

en albiscar unha nova endeita de narradoras,

recoñecendo xa de xeito temperá a valía de Luísa

Villalta, Anxos Sumai, Rosa Aneiros, Inma López

Silva ou Beatriz Dacosta.

Todos estamos de en hora boa, logo, pois as

tres décadas de vida deste concurso amosan

que neste país é posible facer cultura máis alá

da continxencia mediática, ou do oportunismo

político. Ogallá cumpra moitas máis.

Dolores Vilavedra

Ediciós do Castro

12,5 × 19 cm

Rústica

XI e XII CERTAMES

Premios Pedrón de

Ouro 1985/1986

Os relatos premiados foron Augas

de Silencio, de Miro Villar (1985), e

O xardín despois da chuvia, de Antón

Rodríguez Castro (1986). Os

accésit para: Ánxeles García Sumay,

con Relembranzas con Palmera

e Banana Split; Manoel Riveiro

Loureiro, con Meirama; Xosé

Manuel Fernández Castro, con Segrel

Charles, o asombrador; Antón

Rodríguez Castro, con O xardín

despois da chuvia; Miguel Suárez

Abel, con A alemana; Manuel

Iglesias Nimo, con O enterro

de Mambrú, e Ramiro Fonte,

con O retornado.

176 páxinas

ISBN: 84-7492-346-8

8 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

XIII CERTAME

Premios Pedrón de

Ouro 1987

Premio para Miro Villar, con Verbas

cruzadas con amaranta, e accésits

para Manoel Riveiro Loureiro,

con O troco, e Miguel Sande,

con Isadora en ti.

88 páxinas

ISBN: 84-7492-412-X

5 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

XIV e XV CERTAMES

Premios Pedrón de

Ouro 1988/89

Beito Iglesias Araujo (Luanda), e

Xosé Miranda Ruiz (Na terra sombría),

obtiveron o premio en 1988.

Os accésit foron para Isidro López

Novo (O areal dos ollomaos), e Víctor

Campio Pereira (¡Alucinando!).

Ao ano seguinte acadárono M. Riveiro

Loureiro (Vindo de volta) e

Xan Frenla (Conto do deluvio). Obtiveron

accésit Xosé Miranda Ruiz

(Lambirón); Antón Cortizas (A velida),

e Xosé Paulo Antelo (A longa

ausencia da sirea). Recomendouse

publicar Na festa rachada, merengue,

de Liñares Guiraut.

244 páxinas

ISBN: 84-7492-546-0

10 €

XVI e XVII CERTAMES

Premios Pedrón de

Ouro 1990/91

Premio para Xoán Piñeiro Cochón

en 1990 (A Liga dos Lambetas)

e accésit para Manuel Lourenzo

González (No xardín onde

repousa o vento); Xosé Cermeño

(Non te chamarei Ramón); Ramón

Nicolás (O caravel murcho); Xoán

Ignacio Taibo (Libelo cabálulo do

demo) e Luisa Villalta (A taberna

do holandés). En 1991 a gañadora

foi Helena Villar Janeiro (O cadro)

e obtiveron accésit: Antonio

Rivero Coello (A musa itinerante);

Isidro Novo (Ó sur do arravalde);

Lino Braxe Mandiá (Anatomías) e

Manuel Iglesias Nimo (O mar despóis

da neve).

232 páxinas

ISBN: 84-7492-633-5

10 €

I CERTAME

Catro narracións

A enquisa, de Xoán Ignacio Taibo;

Sibila, de Xosé Luis Méndez Ferrín;

Un home no corral, de Xosé Manuel

Martínez Oca, e O internado,

de Carlos Durán, foron as narracións

premiadas no primeiro concurso,

outrogado o 28 de Nadal de

1976. Presidía o xurado Modesto

Rodríguez Figueiredo.

88 páxinas

ISBN: 84-85134-21-4

1,50 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

VI CERTAME

RATP e outras

narracións

O premio Modesto R. Figueiredo

foi para RATP, de Lourenzo Álvarez

Ruíz, e os dous accésit para Carlos

García Gonçalves-Durâo, con Perdidos

nos confíns da noite, e Tucho

Calvo, con Parados.

60 páxinas

ISBN: 84-7492-071-X

1,20 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

XVIII e XIX CERTAMES

Premios Pedrón de

Ouro 1992/93

En 1992 o premio foi para Isidro

Novo, con A Pin Up de Beautiful

Street, quen obtivo tamén

un dos catro accésit con Primeira

Plana. En 1993, para Xosé Luis

Santos Cabanas con Ahoulouuuuuuuuuuu...!

324 páxinas

ISBN: 84-7492-728-5

10 €

II CERTAME

A Fundación e

outras narracións

As catro narracións premiadas no

2º concurso foron A Fundación, de

Xavier Alcalá; No fondo do espello,

Xosé Manuel Martínez Oca; Chegaron

as chuvias, de Xavier Rodríguez

Barrio, e O leiro, de Xoán

Ignacio Taibo.

104 páxinas

ISBN: 84-85134-95-8

3 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

VII CERTAME

A gran novela e

outras narracións

O premio foi ex aequo para A gran

novela, de Tucho Calvo, e Noite de

luar, de Martínez Oca. Álvarez

Ruiz, con O home pequeño; González

Reigosa, con O tesouro de

Petro Xesto, e Suárez Abel, con O

fillo do Serafín, acadaron tres accésit.

Quedaron finalistas: Fernán

Vello, con Anti-memoria dun día;

Bernardo Maiz, con ¿Para qué dilatar

a súa anguria?, e Riveiro Loureiro,

con O pau.

200 páxinas

ISBN: 84-7492-150-3

6 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

XX CERTAME

Premios Pedrón de

Ouro 1994/95

Obtiveron os premios Manoel da

Gamboa en 1994, con O coxo da

Gamboa, e Antón Riveiro en 1995,

con A morte esquecida.

160 páxinas

ISBN: 84-7492-845-1

10 €

III CERTAME

Número de patente

e outras narracións

Fallado en 1977. Os textos premiados

foron: Número de patente,

de Xan Guisán Seixas; Querido

Brais, de Ánxel A. Rey Ballesteros,

e A figueira, de Xosé M. Martínez

Oca.

72 páxinas

ISBN: 84-7492-000-0

5 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

VIII CERTAME

O quiquiriquí e

outras narracións

O premio foi para O quiquiriquí,

de Miguel Suárez Abel. E concedéronse

tres accésit a Xesús Miguel

de Toro Santos, con De 10 a

11; Darío Xohán Cabana, autor de

A invasión, e Margarita Ledo Andión,

con Rematado a man.

92 páxinas

ISBN: 84-7492-203-8

5 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

XXII e XXIII CERTAMES

Premios Pedrón de

Ouro 1996/97

Os gañadores foron Xosé Antonio

Moreno Fernández, con As xeiras

de D. Xoán, en 1996, e Antón Riveiro

Coello con Setetraxes, na seguinte

edición.

164 páxinas

ISBN: 84-7492-937-7

10 €

IV CERTAME

A negra e outras

narracións

Logo dunha primeira discusión, na

que o xurado non chegou a acordo,

e de engadir ao mesmo dous

novos membros, outorgouse o primeiro

premio a A negra, de Xosé

M. Martínez Oca, e A caza das

cascudas, de Víctor Freixanes. Os

dous accésit foron para As augas

toldas, de Xaime Félix López Arias,

e Terra sequeira, de Manuel Riveiro

Loureiro.

100 páxinas

ISBN: 84-7492-019-1

5 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

IX CERTAME

Vida infame de

Tristán Fortesende e

outras narracións

Recolle o texto gañador, Vida infame

de Tristán Fortesende, de Antón

Castro, e os dous accésit: As trazas

do demo, de Manoel Loureiro,

e Homo sapiens, de Xoán Bernárdez

Vilar.

80 páxinas

ISBN: 84-7492-236-4

5 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

XXIV, XXV e XXVI

CERTAMES

Premios Pedrón de

Ouro 1998/99/2000

En 1998 o primeiro premio foi para

Rosa Aneiros Díaz (A ardora que

esgazou as bandeiras) e Luis González

Tosar (Catro dedos por debaixo

do embigo). En 1999, para

Luis Álvarez Pérez (Tempo de faios)

e en 2000, para Beatriz Dacosta

Molares (Na sombra da lúa).

276 páxinas

ISBN: 84-8485-027-7

13 €

V CERTAME

Pacifico Sul e outras

narracións

O primeiro premio foi para Pacífico

Sul, de Xoán Ignacio Taibo. E

houbo tres accésit para A confesión

de Ramón Fandiño, de Xosé

Ramón Díaz Sánchez; Botella náufraga,

de Román Raña Lema, e Saga

dos mil e un mortos, tamén de

Xoán Ignacio Taibo.

140 páxinas

ISBN: 84-7492-040-X

4,50 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

X CERTAME

Nun cuarto para

agardar e outras

narracións

O xurado reunido en 1984 concedeu

un primeiro premio aos relatos

Nun cuarto para agardar e O

último hexagrama, de Amancio Liñares

Giraut e Román Raña Lama,

respectivamente. Carlos G. Reigosa,

con Cantar sen xesta de lanzarote

do lago, obtivo un primeiro

accésit; Antón Castro, con Destino

de Lumia, un segundo, e Manoel

Riveiro Loureiro un terceiro,

con Grabación da volta a Galiza,

dende o Pazo de Raxoi.

176 páxinas

ISBN: 84-7492-270-4

6 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

XXVII, XXVIII e XXIX

CERTAMES

Premios

Pedrón de Ouro

2001/2002/2203

En 2001, o primeiro premio foi

para O crime do Pombal, de Álvaro

Lago; en 2002, para Os doces

devorados, de Emma Pedreira;

e na seguinte edición, para De

noite non reces aos ídolos, de Xosé

Luís Álvarez.

300 páxinas

ISBN: 84-8485-153-2

14 €

Narrativa

11

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!