20.02.2015 Views

1 - Biblos

1 - Biblos

1 - Biblos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Infantil e Xuvenil

14

Dez historias con moitas mensaxes

TERESA SOLER E

ANTONI G. VALLEDOR

Xogo e aprendo

Libro de actividades que logo da

lectura dos outros títulos vai permitir

que os pequenos lectores

aprendan, xogando, a respectar

os demais, a coidar o ambiente,

a manter unha hixiene axeitada

e, sobre todo, a ser persoa. Dunha

maneira divertida, induce a reflexionar

sobre a historia de cada

conto para comprender cales

son os mellores valores.

ISBN: 978-84-96526-62-4

AGUSTÍN FERNÁNDEZ

PAZ, CRISTINA DURÁN

E GINER BOU

Os gardiáns do

bosque

Dona Rosa vendeu as súas

propiedades a uns señores,

que queren destruír a

carballeira para construír

edificios. Iso si, se o consenten,

os seres fantásticos que habitan

no bosque desaparecerán.

Un conto para aprender a ser un

bo gardián da natureza.

ISBN: 978-84-96526-56-3

MIQUEL DESCLOT E

SUSANNA CAMPILLO

Armada até os

dentes

Na escola de bacterias, Bacilón

aprendeu como gañar a guerra

bacteriana. Na súa primeira saída

pon en práctica todo o que lle ensinaron.

Cos consellos de hixiene

deste conto calquera poderá gañarlle

a batalla a Bacilón.

ISBN: 978-84-96526-57-0

Baía Edicións

Rústica

17,2 × 22,5 cm 32 páxinas c/u

6 € cada título

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior a 9 €

CARMEN GIL E PACO

GIMÉNEZ

O marciano Marcial

Na súa primeira viaxe á Terra, Marcial

dedícase a comer todo o que

lle apetece: pasteis, pizzas, larpeiradas...

Menos mal que coñecerá

a alguén que lle ensinará o que é

bo para el. O exemplo de Marcial

servira ao lector para saber o importante

que é levar unha dieta

equilibrada.

ISBN: 978-84-96526-59-4

A editorial Baía vén de publicar unha colección de libros que

baixo o nome de «Carteira de valores» abre a o camiño a un feixe

de contos escritos por autores e ilustradores de recoñecida

traxectoria na literatura galega e do conxunto de España e se

dirixen de cheo a ensinar valores esenciais para a convivencia en

sociedade. A serie complétase cun volume final, Xogo e aprendo,

no que as cativas e cativos poderán resolver unhas pequenas

prácticas relacionadas coa lectura dos contos.

JOLES SENNELL E

MALAGÓN

A bruxa

enrabechada

No poboado das bruxas armouse

unha boa lea por culpa da receita

da Beberaxe Verde. As bruxas Dámeda

e Estragadora van arranxar

as súas diferenzas sen chegar a

pelexar, porque de todos é sabido

que coa violencia non se consegue

nada.

ISBN: 978-84-96526-58-7

VICENTE MUÑOZ

PUELLES E MARÍA

ESPLUGA

Nenas e nenos de

todo o mundo

Para Vicente e tamén para Tutune,

unha nena de África, é o primeiro

día de cole. Ambos se coñecen

mentres choran no patio. A mestra

de Vicente ensinará ao pequeno

lector a gran variedade de culturas

que existen no planeta.

ISBN: 978-84-96526-54-9

JUAN KRUZ IGERABIDE

E GEMMA SALES

Corre, Sebastián,

corre!

Sebastián é un neno especial que

aprende ao seu ritmo. Ultimamente

está triste porque non sabe ler

e as súas compañeiras e os seus

compañeiros si. A chegada de Tatiana

traeralle o sorriso de volta, e

algo máis. Unha historia para axudar

a aceptar aos demais.

ISBN: 978-84-96526-61-7

ANTONIO RODRÍGEZ

ALMODÓVAR E SANTY

GUTIÉRREZ

A bruxa que comía

as palabras bonitas

Alberte non fala case, e no colexio

búrlanse del. E aínda máis o día

que contou que a súa cadeliña Loli

lle escondeu un conto que debía

ler. Alberte e os seus compañeiros

van ensinar que o respecto

aos demais é unha boa norma de

convivencia.

ISBN: 978-84-96526-60-0

FINA CASALDEREY E

MARINA SEOANE

Un día de caca e

vaca

Cruz ten unha carpintería e Andrea

é violinista. Son os pais de Álex,

que hoxe vai por primeira vez de

excursión no autobús. Álex e os

seus amigos van demostrar que

os homes e as mulleres poden facer

as mesmas cousas.

ISBN: 978-84-96526-55-6

M. JESÚS BOLTA E ANNA

CLARIANA

Quen necesita un

sombreiro máxico?

Sabela Castiñeiro ten un sombreiro

que fai realidade todos os seus

desexos, pero sempre está soa.

Pronto descubrirá algo máis máxico

que lle axudará a combater a

soidade. Non por ter máis cousas

se é máis feliz.

ISBN: 978-84-96526-53-2

PATXI ZUBIZARRETA E

ALFONSO ABAD

Arroz e tinta

A avoa de Malen veu do Sahara

e non coñece a cidade. Ademais,

non ve ben porque ten cataratas.

¿Como se amañará para ir buscar

a súa neta ao colexio? Unha historia

que axudará ao lector a ser

un peón exemplar.

ISBN: 978-84-96526-52-5

+3

+3

+3

YOLANDA CASTAÑO

Punver

Punver é un punki-vermiño despistado,

moi aventureiro e unha miga diabiño que

adoita afastarse dos seus pais. Neste conto

con rima vai vivir experiencias sorprendentes,

como as que rematan ao sair por

nunha billa ou logo dunha carreira polo

ventre dunha nena que o enguliu sen

miramentos ao comer unha mazá. Ilustracións

de Eduardo Hermida.

Galaxia

Cartonado

16,2 × 20 cm 30 páxinas

ISBN: 978-84-8288-960-3

8,60 €

Á venda só en pedido conxunto por importe

superior 9 €

ALICIA BORRÁS

¿Quen son?

Adiviña quen é cada un dos protagonistas

que van aparecendo neste libro preguntón.

Páxina a páxina o lector irá atopando

unha adiviña para xogar. Ilustracións

de Andrés Meixide.

Galaxia

Cartonado

12,6 × 20 cm 30 páxinas

ISBN: 978-84-8288-959-7

8,60 €

Á venda só en pedido conxunto por importe

superior 9 €

+5

+5

MARILAR ALEIXANDRE

Herbalúa

Helena viaxa á lúa na procura de herbalúa,

unha herba que lle sabe moito á súa ovella

de trapo e que é «azul como os ollos

das vieiras, sutil como o papel de seda,

que sabe a mar e a noces verdes». Alí tivo

que falar cun xurelo, un rato, unha araña,

un lobo e unha galiña que andaban moi

ocupados ás súas cousas. As ilustracións

son de Enjamio.

Galaxia

Cartonado

16,2 × 20 cm 26 páxinas

ISBN: 978-84-8288-963-4

8,60 €

Á venda só en pedido conxunto por importe

superior 9 €

ÁNXELA GRACIÁN

Camiño solitario

Conto río con rima no que un camiño solitario

anceia o regreso de Martiño, que

coa súa bicicleta lle fixera debuxos con

aloumiños. As ilustracións son de Federico

Fernández, que utiliza a técnica do

collage máis a pintura.

Galaxia

Cartonado

16 × 20 cm 34 páxinas

ISBN. 978-84-8288-958-0

8,60 €

Á venda só en pedido conxunto por importe

superior a 9 €

+5

ÁNXELES FERRER

Tres princesas

namoradas

Aldonza, Fabiana e Drusila namoraron do

cabaleiro Bernal. E el namorou das tres

irmás. ¡Vaia problema! Tecendo e destecendo

chegarán a un final feliz. Ilustrado

tamén por Ánxeles Ferrer.

Galaxia

Cartonado

16,2 × 20 cm 34 páxinas

ISBN: 987-84-8288-957-3

8,60 €

Á venda só en pedido conxunto por importe

superior 9 €

ANA CARREIRA

O vixilante dos soños

Ilustrado por Noemí López, conta a historia

de Sonólicus, o xigante que vixía os

soños para que os nenos poidan durmiren

tranquilos.

Galaxia

Cartonado

16 × 20 cm 34 páxinas

ISBN: 978-84-8288-956-6

8,60 €

Á venda só en pedido conxunto por importe

superior a 9 €

+4

ANTHONY BROWNE

Sacapenas

Bieito é un neno que se preocupa por todo: as nubes, os zapatos, a

chuvia... Menos mal que a súa avoa sabe como aliviar os temores

do seu neto e bota man dun boneco “sacapenas”, coma eses que

fabrican os nenos de Guatemala, que o vai encher de valor para

afrontar os seus medos.

Kalandraka Cartonado 25,5 × 27,5 cm 32 páxinas

ISBN: 84-8464-585-1

15 €

+5

En portugués:

ISBN: 978-972-8781-49-1

JOHN BURNINGHAM

Eduardo o neno máis terrible do mundo

Incide no cambio de comportamento dun neno traste e maleducado

que logo dunha serie de feitos se converte nun rapaz encantador.

A narración fai fincapé nos adxectivos positivos e negativos,

trata con benevolencia as trasnadas e deixa ver que sempre

hai oportunidades para mellorar.

Factoría K de Libros Cartonado 28 × 21 cm 32 páxinas

ISBN: 84-8464-567-3

14 €

Infantil e Xuvenil

15

+5

VICENTE MUÑOZ PUELLES

Os animais da cidade

Ricardo perdeuse e chegou á casa

ao recoñecer cada un dos animais

que decoraban os edificios. Ilustrado

por Noemí Villamuza.

Baía Edicións

Rústica

13,1 × 25 cm 64 páxinas

ISBN: 978-84-96526-80-8

6,50 €

Á venda só en pedido conxunto

por importe superior 9 €

Eric Carle

+5

Papá, por favor achégame a lúa

Unha nena arela xogar coa lúa e o

seu pai escala ata o ceo para collela.

Se iso xa non é pouco, o autor e

ilustrador ofrece ademais un orixinal

sistema de páxinas que se despregan

en distintos sentidos, segundo

o require a escena, de xeito

que o cativo non só actúe co movemento

do libro, senón tamén ao

educar o ollo e redirixir a mirada.

Tradución de Chema Heras e Pilar

Martínez.

Kalandraka

Cartonado

21,5 × 25,5 cm 32 páxinas

ISBN: 84-8464-606-8

15,20 €

En portugués:

ISBN: 978-972-8781-56-9

+3

POPULAR

Corre, corre cabaciña

Conto popular portugués adaptado por Eva Mejuto, que conta a

historia dunha velliña que, de camiño á voda da súa neta, atopa

un lobo, un oso e un león que a queren comer. Avoa e neta argallan

unha saída orixinal para tan inagardada situación. Ilustrado

por André Letria.

OQO Cartonado 25 × 23 cm 36 páxinas

ISBN: 84-96573-65-6

En portugués,

11 €

ISBN: 84-96573-70-2

+3

JULIA SAN MIGUEL E MARTA MUNTÉ

Oso e o seu dente

A caída dun dente é todo un gran acontecemento, e aquí está a historia

de Oso ao que se lle move o seu primeiro dente e está xa a pensar

que o trasgo do bosque lle vai deixar un agasallo debaixo da almofada.

O libro ensina a facer un estoxiño para que o lector ou a lectora

garden nel os dentes de leite. Traducido por Silvia Tato.

Kalandraka Cartonado 22 × 22 cm 36 páxinas

ISBN: 84-8464-605-X

12 €

+3

PAULA CARBONELL E CHENÉ GÓMEZ

A viaxe das bolboretas

Entretida historia para pequerrechos na que un tras outro se van

sumando animaliños nunha expedición. Non só fala de amizade

e solidariedade, senón tamén da particular viaxe das bolboretas,

desde eirugas ata que se botan a voar.

OQO Cartonado 25 × 23 cm 40 páxinas

ISBN: 84-96573-75-3

11,50 €

+4

NADIA BUDDE

Viaxar en pixama

A autora e ilustradora porpón unha viaxe inesquencible para eses

momentos nos que o sono non quere acudir e fracasa a técnica de

contar ovellas. A proposta é tan trepidante que non hai cativo que

non caia a durmir logo de chegar á última páxina. Texto con rima

traducido por Marc Taeger e adaptado por Xosé Ballesteros.

Factoría K de Libros Cartonado 20 × 24,5 cm 40 páxinas

ISBN: 978-84-8464-598-6

12 €

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!