20.02.2015 Views

1 - Biblos

1 - Biblos

1 - Biblos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Camilo Franco

X. Fariña Jamardo Bernardino Graña

O Clube

O grupo Chévere foron os encargados da presentación do concurso

Palabras contadas

Máis dun cento de microrrelatos,

trinta argumentos de novela

e outros cinco relatos algo

máis extensos nos que ao autor

aborda, con grandes doses

de humor e ironía, grandes temas

como o amor, a morte, a

dor e a alegría.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 176 páxinas

ISBN: 84-9782-509-8

14,80 €

Camilo Franco (Ourense, 1963) é

escritor e xornalista de La Voz de

Galicia. Ten publicado os libros: A

lúa no cénit e outros textos (1988),

Ribadavia (1993), En malos pasos

(1995), «Chuvia tralos cristais» en

Narradores de cine (1996), do que foi

coordinador, e Por conto alleo. No

espazo electrónico Vieiros publicou

as series de narracións Por conto

alleo (1999) e Necesariamente X. A

razón máis quente (2001). Palabras

contadas deu pé á exposición homónima

da Fundación Luís Seoane, organizada

dentro do Proxecto-Edición (2006).

Xosé Fariña Jamardo (Caldas de Reis, 1919) leva publicados máis de

corenta títulos, en materia de investigación e de creación literaria.

Entre os primeiros están Agonía y muerte del municipio rural, A

personalidade da parroquia galega ou os once tomos de Os concellos

galegos. En 1957 comezou a publicar narrativa en galego.

XOSÉ FARIÑA JAMARDO

Unha vida calquera

O protagonista, vítima dun terrible accidente

de tráfico, bota unha ollada en

profundidade á súa vida pouco antes de

morrer «e mergullarse de novo na inmensidade

daquela neboeira, onde o tempo

deixaba de ser tempo, para converterse

en eternidade».

Ediciós do Castro Rústica

12,5 × 18,5 cm 216 páxinas

ISBN: 978-84-8485-237-7

12 €

PREMIO

EIXO ATLÁNTICO

DE NARRATIVA

GALEGO-PORTUGUESA

BERNARDINO GRAÑA

Protoevanxeo do

neto de Herodes

Obra que reinterpreta a historia

sagrada a partir dos

evanxeos apócrifos e narra

o período que vai desde

que María ten catorce anos

ata que Xesús cumpre doce.

Unha María casada con

Antíprato, fiel á figura de Israel,

que milita no nacionalismo

xudeu contra o Impero

romano, constitúe un dos

personaxes máis singulares

e atrevidos da novela.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 304 páxinas

ISBN: 84-9782-511-X

16 €

Bernardino Graña Villar

(Cangas do Morrazo, 1932).

Foi catedrático de lingua e

literatura até a súa xubilación.

En 1958 participou na

creación do grupo Brais Pinto

en Madrid e foi o primeiro

presidente da Asociación de

Escritores en Lingua Galega.

Ten publicada unha extensa

obra no ámbito da poesía,

do teatro, da narrativa e da

literatura infantil. Como

narrador escribiu en 1974

Fins do mundo. Protoevanxeo

do neto de Herodes é a súa

primeira novela.

Narrativa

O norteamericano Mark Wiersma foi o gañador

Enrique Alba levou o segundo premio

O norteamericano Mark

Wiers gañou o 3.º concurso

de monólogos monolingües

«Vennos con contos»

Un norteamericano residente en Galicia,

Mark Wiersma, con «O galego e

os estranxeiros», gañou a 3ª edición

dos monólogos monolingües Vennos

con contos que se desenvolveu na aula

1 da facultade de Dereito de Santiago.

Segundo foi Enrique Alba García

de Dios con A miña lingua. E foron

os integrantes do grupo Chévere os

encargados de presentar o certame

celebrado o 29 de novembro. Despois

dos éxitos acadados nos concursos

de monólogos monolingües

Vennos con contos dos anos 2004 e

2005, velaquí unha nova edición contando

novamente coa colaboración

da Secretaría Xeral de Política Lingüística

da Xunta de Galicia, de Biblos

Clube de Lectores e da Compañía

de Radio e Televisión de Galicia.

Desta volta, o concurso organízárono

as tres universidades galegas a través

dos seus servizos de normalización.

O concurso pretende promover

a reflexión entre os membros da comunidade

universitaria galega sobre

a situación e a problemática da lingua

galega e dos seus falantes, tanto

na vida universitaria como fóra dela,

a partir das historias que conten

os participantes. Enténdese, logo, como

unha actividade lúdica, mais que

busca asemade a sensibilización cara

á nosa lingua. O gañador, un norteamericano

que ademais de se esforzar

por expresarse na nosa lingua está

a promover a creación dunha asociación

de estranxeiros galegofalantes,

fíxose co premio de 200€ en metálico,

unha subscrición anual de balde

a Biblos-Clube de Lectores e un vale

para a adquisición de libros a través

deste mesmo clube por importe

doutros 200€. O segundo clasificado

recibiu 150€ en metálico, así como

a subscrición e un vale de compras

por importe de 150€. O terceiro

premio quedou deserto.

UXÍA CASAL

Vidas exemplares

Libro escrito ao abeiro dos textos

clásicos do xénero de terror que

recolle vinte e un relatos de medo

e intriga protagonizados por seres

extraordinarios e á vez trastornados.

A autora deita a súa mirada

con ironía sobre os espazos máis

escuros de vidas exemplares.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 160 páxinas

ISBN: 84-9782-469-5

14,80 €

PREMIO

BLANCO AMOR

2005

FRANCISCO CASTRO

Spam

Novela que racha co discurso literario

tradicional e introduce axiña

ao lector nunha atmosfera atafegante

de dous universos paralelos:

a tiranía do mundo laboral e

o mundo aparentemente aberto

da Internet.

Galaxia

Rústica

13,5 × 21 cm 132 páxinas

ISBN: 978-84-8288-936-8

12 €

SAMUEL SOLLEIRO

Dz ou o libro do

esperma

Libro de relatos que busca anular

o concepto da masculinidade

e propón un novo suxeito híbrido,

travestido. O autor, licenciado

en Antropoloxía, presenta varios

textos cunha intención argumental

común.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 136 páxinas

ISBN: 84-9782-455-5

14,80 €

HENRIQUE DACOSTA

Os desherdados

Unha muller vese obrigada a

deixar a parroquia ferrolá de Covas

e marchar na busca de traballo

e futuro. Garda un segredo persoal

e sabe que a dignidade é a que

salva aos desherdados.

Edicións Embora Rústica

13 × 21 cm 128 páxinas

ISBN: 84-95460-50-5

15,20 €

PREMIO GARCÍA

BARROS 2006

MANUEL VEIGA

Lois e Helena

buscándose un día

de tormenta

Lois esperta pola mañá cedo e

descobre que a súa muller xa non

está na casa. A angustia da soidade

inesperada acaba por abrirse

paso cara ao temido fracaso da

parella, a separación

Galaxia

Rústica

13,5 × 21 cm 208 páxinas

ISBN: 978-84-8288-948-1

14 €

PREMIO DE

NARRACIÓN CURTA

RICARDO CARVALHO

CALERO

CARLOS QUIROGA

Inxalá

É unha história de amor, morte e

desesperaçom. É o relato da fugida

de um indivíduo cansado do fragor

da cidade e da mentira, da

falta de motivos para continuar

onde estava.

Laiovento

Rústica

14 × 21 cm 110 páxinas

ISBN: 84-8487-100-2

10 €

MIGUEL ANXO

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

Luar no inferno

Nova entrega do detective Frank

Soutelo, quen recibe unha chamada

do seu sobriño, que lle conta

os problemas cun influente produtor

que se nega a cumprir o compromiso

asinado para a súa próxima

película.

Galaxia

Rústica

14 × 21 cm 244 páxinas

ISBN: 978-84-8288-928-3

14,20 €

MARÍA REIMÓNDEZ

O club da calceta

A través de seis mulleres moi diferentes

entre si que se xuntan na

clase de calceta, a autora suscita

unha profunda reflexión e revisión

sobre a condición feminina.

As protagonistas amosan as súas

frustracións e toman conciencia da

necesidade de superalas.

Xerais

Rústica

14 × 21 cm 272 páxinas

ISBN: 84-9782-437-7

15,20 €

MANUEL RIVAS

Os libros arden mal

Novela que se desenvolve nun período

que vai do 1881 deica os nosos

días, entre o falecemento de

George Borrow e o dun vello anarquista

galego chamado Polca. A

obra que intenta pescudar, con sutileza

e sen dogma, no inexplicable

histórico.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 752 páxinas

ISBN: 84-9782-461-X

22,80 €

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!