20.02.2015 Views

1 - Biblos

1 - Biblos

1 - Biblos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xurxo Sierra Veloso

O medo protagoniza o encontro que se celebrará no

pazo da Cultura de Pontevedra do 4 ao 10 de febreiro

As Entrevistas do Diario Cultural

12

XURXO SIERRA VELOSO

Os mércores de Fra

O protagonista sabe desde neno

que a morte lle chegará nun

mércores e esa certeza marca

toda a súa existencia por outra

banda anódina poñéndolle en cada

semana un posible final. De

«áxil, sobria e intelixente» cualificouna

o xurado que lle deu o

premio Risco.

Sotelo Blanco

Rústica

14 x 21 cm 192 páxinas

ISBN: 84-7824-501-4

12 €

«Cun personaxe gris e

anódino corres o risco de

que a historia tamén o sexa e

hai que enchelo dunha forza

interior moi poderosa»

Ana Romaní

Galardoado co premio Risco de Creación

Literaria 2006 con Os mércores de

Fra que vén de editar Sotelo Balnco,

Xurxo Siera Veloso (Caracas, 1969) xa

publicara con anterioridade as novelas

Os ollos do rei de copas (1994) e Licor

de Abelá con xeo (2006). Licenciado

en Filoloxía Galega, traballa na Escola

de Maxisterio de Zamora.

—Lembro que respecto a Licor de

abelá con xeo, a súa anterior novela,

dicía que o pasara moi ben escribíndoa.

¿Ten agora as mesmas sensacións

con esta?

—Non, a verdade é que non. Foron

dous procesos totalmente diferentes.

Así como aquel foi moi pracenteiro,

o de Os mércores de Fra, polo

seu contido, pola súa estrutura, por

estar escrita en primeira persoa...

resultou un traballo moito máis

laborioso. De feito foi unha novela

que cambiou moito desde o texto

orixinal ao que finalmente se publicou.

Metinlle aí bastante tesoira

porque penso que é conveniente

prescindir das cousas accesorias.

Eu quedei satisfeito e agora serán

os lectores quen digan.

—O xurado do premio Vicente Risco

salientaba que era unha novela que

se lía ben, que estaba moi ben narrada.

Estilo e estrutura fan moito para

que sexa así.

—Puxen un gran interese en facilitar

o traballo do lector. A min gústanme

as novelas que se len ben e

procurei que fose así. Para min é

unha gran alegría que o xurado se

fixase xusto nese aspecto.

—Cando a ía lendo, preguntábame en

que época está situada a historia.

—Non quixen poñer ningunha época

dun modo deliberado. Ao final sempre

hai cuestións que a revelan, como

por exemplo que Fra traballa nunha

biblioteca e hai momentos nos que

se fala de que a mecanografía comeza

a ser un anacronismo. Pero

tampouco din demasiadas pistas,

para que fose unha novela atemporal.

Con todo, pode entenderse que

fala desde o presente e que comezou

a traballar como bibliotecario

sobre finais dos setenta.

—Constrúe un personaxe difícil de

manexar desde o punto de vista do

escritor, cunha existencia anodina,

gris, pero que ten unha vida interior

complexa. ¿Como encarou esa construción

do personaxe?

—Esa foi outra das dificultades do

meu traballo como autor, porque cando

falas dun personaxe gris e anodino,

corres o risco de que a historia

tamén o sexa. Tes que enchelo

cunha forza interior moi poderosa,

cuns pensamentos que son un

pouco absurdos e surrealistas pero

que lle dan vida e algo de forza.

Fra é un individuo fóra da realidade

que precisa construír a súa propia

realidade.

—Aparecen tamén outros personaxes

moi fríos, como a irmá.

—Quixen crear non só a Arturo Fra,

senón a todos os personaxes, todo

o seu universo particular, moi fríos,

carentes de sentimentos ou da capacidade

de expresalos. Os bibliotecarios

compañeiros de Fra e mesmo o

crego Fidel Raposo que aparece cara

ao final da novela, están caracterizados

por un escepticismo perante

a vida que os leva a situacións un

tanto surrealistas.

—Tamén hai unha forma de tratar o sexo

peculiar. Fra ten unha certa predilección

por unha parte do seu corpo.

—A querenza de Arturo Fra pola

cuestión sexual, a súa preocupación

polo sexo ou a relación que

mantén con dúas mulleres ao longo

da súa vida, tamén están enfocados

coa mesma frialdade, coa

mesma distancia. Digamos que o

feito de estar tan obsesionado coa

morte, que o agarda en mércores,

fai que non teña calidez e corazón

para o demais. Enfócao todo dunha

maneira xélida que lle impide disfrutar

das cousas pequenas e grandes

da vida.

—A novela responde a algún tipo de

inquietude persoal do autor.

—Non esencialmente. De todos

modos eu voume decatando que

nas cousas que nas miñas novelas

adoitan aparecer sempre personaxes

obsesionados con algunha

cousa que non ten moito sentido.

Desde o Eliseo Pelán de Os ollos do

rei de copas a este Arturo Fra, sempre

acabei creando seres con especiais

obsesións, o que pode significar

que eu tamén as teño, aínda

que iso aínda o terei que estudar.

—Malia o ambiente obsesivo, non

evita o humor.

—Para min o humor é fundamental,

case inevitable. Escribo con certos

trazos humorísticos aínda que non

queira facelo. A min gústame dicir

dun xeito deliberadamente pedante

que é o modo que teño de entroncar

coa literatura galega máis tradicional,

porque se algo caracterizou

aos nosos grandes autores –e penso

en Castelao ou Dieste– é que falan

da morte con certa melancolía

pero tamén con sentido do humor.

E salvando todas as distancias, eu

penso que Os mércores de Fra pertencen

a esa tradición.

—Nos novos hai unha certa vontade

de romper co anterior, pero en vostede

dase unha vocación por inserirse

nunha determinada tradición.

—Eu non teño vontade de romper

nin de non facelo. Creo que a única

obriga do autor e consigo mesmo

e coa súa liberdade, e debe crear o

que lle apeteza, o mesmo que pode

decidir deixar de crear ou escribir.

Non me enfronto a ninguén desde

o punto de vista literario cando escribo

e tampouco teño ningún problema

en participar dunha tradición

da que forman parte incluso os que

se opoñen a ela.

—Parece que se toma en serio xa o

de escribir. Seguro que está con cousas

novas.

—Hai proxectos. Moitos capítulos

primeiros que agardan polo segundo.

Pero eu son un escritor lento e

penso que non é bo ter moita présa.

Primeiro hai que desfacerse dos

personaxes dos libros anteriores, que

non nos rolden e que non teñamos

a tentación de recrealos; e despois,

que haxa unha historia que agrome

con forza para ir adiante.

Biblos achega novas

aventuras de Fedorenta,

a menos aterradora das

meigas, ao VIII Salón do

Libro Infantil e Xuvenil

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra chega este ano á

súa 8ª edición sen deixar de mellorar e cunha chea de actividades que

se desenvolverán, principalmente no pazo da Cultura de Pontevedra,

entre o 4 e o 10 de febreiro. O medo será nesta ocasión o tema que

se aborde. Sapos, curuxas, demos e bruxas constituirán algúns

dos protagonistas, e entre estas últimas correspóndelle un lugar

especial á menos terrorífica das súas conxéneres, Fedorenta.

Biblos, que colabora por terceiro ano consecutivo co Salón,

presenta a tradución dun novo volume dos que compoñen as

aventuras da meiga que na pasada edición se deu a coñecer aos

rapaces como «Fedorenta, unha meiga porcallenta» en tradución

de Paula Pintos Ureta. Outra vez é esta profesional a que fai posible

a lectura en galego de «Fedorenta e a vinganza dos trasnos», outro dos

títulos dunha serie moi popular en Gran Bretaña e EE. UU. da que é autora

Kaye Umansky.

Paula Pintos (Salamanca, 1982) é unha xove tradutora que desde moi

pequena viviu en Vigo e que cursou nesta cidade os estudos na Facultade de

Tradución e Interpretación, na que se licenciou no 2005.

No oitavo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra o convidado

é o medo, personaxe ás veces sinistro e ás veces curioso que será a base

de obradoiros para nenos e adultos, sesións de contacontos, relatorios,

exposicións e espectáculos no afán de gozar, unha vez máis, da palabra. O

cartel do salón é obra da ilustradora lucense Noemí López.

KAYE UMNANSKY

Fedorenta

e a vinganza

dos trasnos

Biblos

Rústica

13,5 × 22 cm 104 páxinas

ISBN: 978-84-935062-9-2

12 €

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!