16.04.2015 Views

O15. A cidadanía toma a palabra

O xornal do ano do cambio

O xornal do ano do cambio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

26 Cultura, memoria e identidades

Unha cultura

sen cadeados

ilustración MAT-LAB

Lonxe da política dos grandes

eventos, a Marea presenta un

programa cultural integrador e

aberto a toda a cidadanía.

Raúl Xordo

Redacción

Para a Marea Atlántica, a cultura é

unha ferramenta para construír

unha Coruña inclusiva, participativa

e crítica. Non se entende como unha

nota ao pé do programa electoral, un

espectáculo, un negocio ou unha forma

de escapismo. Non é só o cemento

co que se enche un monolítico programa

de festas. Ao contrario, trátase dun

dereito para todos os cidadáns e dunha

práctica enriquecedora e transformadora.

Como asegura José Manuel Sande,

historiador, crítico de cine e número

cinco da candidatura da Marea, “levarase

a cabo un modelo de xestión marcado

pola absoluta transparencia, o

impulso da multiplicidade creativa, a

ruptura coa política de privatización

de recursos, o desenvolvemento dunha

pedagoxía crítica e o apoio decidido

á creación, a innovación e a investigación”.

Un dos primeiros pasos deste camiño

será aproveitar as infraestruturas

culturais coas que conta A Coruña,

que son moitas e competentes. Máis

de vinte centros cívicos activos, unha

rede de bibliotecas públicas que foi referente

estatal pola súa xestión, os museos

científicos mc2, e toda unha serie

de instalacións municipais que foron

deseñadas para para unha función artística,

social e asociativa.

Non obstante, son varios os equipamentos

fican infrautilizados e pechados

para os veciños, nun claro

desperdicio de recursos. “É tempo de

rematar coa pasividade que demostrou

o goberno municipal nos últimos

catro anos e devolverlle as infraestruturas

culturais á cidadanía, á marxe de

todo sectarismo”, afirma José Manuel

Sande. Os centros cívicos e os espazos

de propiedade municipal deben estar

integrados cos barrios onde se sitúan,

e debe ser doado para as organizacións

sociais, entidades sen ánimo de lucro e

persoas en xeral ter acceso a eles para

as súas iniciativas particulares.

Na mesma liña, é preciso puír e mellorar

o que aínda funciona ben, pero

se está a deteriorar a causa do desleixo

demostrado polo goberno de Carlos

Negreira. A Marea propón un Plan Municipal

de Bibliotecas co que reavivar a

calidade do servizo, e que incluirá un

Plan Municipal de Lectura. Tamén se

potenciará a colaboración coa Orquestra

Sinfónica de Galicia en proxectos

comunitarios e formativos, e se ampliará

a programación do festival de cómic

Viñetas desde o Atlántico.

∑ Levarase a cabo un modelo

de xestión marcado

pola absoluta transparencia,

o impulso da multiplicidade

creativa, a ruptura

coa política de privatización

de recursos.

E, dende logo, faise necesario recoñecer

o traballo dos colectivos e persoas

que crean cultura nesta cidade, tirando

abaixo o muro de incomprensión que

se levantou en María Pita fronte a eles.

Proponse a creación dun plan municipal

de residencias artísticas, que sirva

de soporte á creación cultural. E tamén

se abrirá a programación cultural do

Concello á presenza de artistas locais,

para axudar a facer visible a súa labor.

MEMORIA DUNHA CIDADE

Non se pode avanzar sen ter claro de

onde vimos. A memoria e a súa preservación

son parte fundamental do programa

cultural da Marea, cun compromiso

por preservar o legado de aquelas

persoas que contribuíron a construír

historicamente esta cidade. Este obxectivo

materializarase no proxecto Caixa

da Memoria, un arquivo que servirá

para poñer en valor o legado persoal e

colectivo da Coruña do progreso social,

tan distinta ao mito da cidade burguesa

perpetuado polos sucesores de Alfonso

Molina.

En 2016 cumprirase un século da

fundación das Irmandades da Fala na

rúa do Rego de Auga, unha efeméride

que se conmemorará ao longo do ano,

destacando a súa postura galeguista,

defensora da cultura e a súa condición

visionaria na perspectiva de xénero. E

abonda xa de pasear por rúas que levan

o nome de sanguinarios militares golpistas.

Eliminarase toda a simboloxía

franquista aínda presente no rueiro da

cidade, cumprindo coa Lei de Memoria

Histórica.

MÁIS QUE DEPORTE

No eido da práctica deportiva, os principios

serán os mesmos que atravesan

todas as propostas da Marea: crearase

unha estrutura de xestión áxil que permita

que os cidadáns particulares, as

asociacións, os clubs e os profesionais

poidan desenvolver os seus proxectos

con solvencia. A área de goberno non

será só o “deporte”, senón as políticas

do corpo, un concepto no que teñen cabida

a saúde, a actividade física, o xogo

e a investigación en calquera destas

áreas.

En canto a medidas concretas, farase

un esforzo por fomentar a práctica do

deporte de base, con especial atención

ao deporte feminino. Crearanse equipamentos

deportivos na rúa, sinxelos

pero abertos a todos e sen necesidade

de trámites administrativos. Tamén

estará garantido que as persoas con

diversidade funcional teñan acceso a

todas as instalacións deportivas e culturais

que dependan do concello.

Doutra banda, a Marea Atlántica

buscará o fomento da lingua galega

en toda a súa acción de goberno, nas relacións

administrativas e nos usos sociais,

para cumprir a normativa vixente

e respectar o plan de normalización lingüística.

En resumo, “fronte á política do

evento executada sen máis horizonte

que o interese económico e a discriminación

da pluralidade, a Concellería de

Cultura proposta pola Marea Atlántica

será un espazo aberto e servirá para

axudar a colectivos, profesionais e persoas

particulares a desenvolver as súas

inquedanzas creativas. Non se trata de

encher o Coliseo unhas cantes veces ao

ano, senón de que toda a cidadanía

poida consumir, producir e respirar

cultura”, remata José Manuel Sande.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!