18.04.2013 Views

As voces da casa (4)

As voces da casa (4)

As voces da casa (4)

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

álexpérezgarcía

NUN SOLPOR DE ANCEIOS AO FINAL DO CAMIÑO

Ancorada en Santiago

a memoria pasea polas rúas

de soños e pedras.

Na lonxanía verdece un eco chuviñoso

e compasado

que fala de anxos e silenzos,

de mitras e saloucos.

- A alma tórnase lirio de auga-

E a mirada pérdese na hora tépeda

e a boca énchese de palabras desazadas.

Algún día, cando a friaxe fique en min

e sexa só ausencia e inverno,

vagarei entre nardos e lúas

ao son das campás eternas

que me farán lembrar

o que aínda amo.

Cruz de pedra,

raiña sen nome

no cemiterio do esquecemento.

Lembranzas apodrecen

soterradas en terra allea

afilladas da luz do faro…

Brétema nun ceo morto,

o manto de soños salgados

bate no tempo,

cravando mariñeiros.

Rematou a viaxe, ouviu

o derradeiro zoar do vento,

salouco afogado

nos beizos da escuma.

Volta o loito á capela,

silencio nun día morto.

Costa do medo,

custo da morte,

FIN da terra

Comezo da lenda…

dulcelópezrivera

(3)

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!