26.04.2013 Views

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

BARBANTIA Cartas na guerra

116

Querido Xaime:

Só hai unhas horas que Merche deu a luz unha rapaza fermosísima.

É moi pequeniña e aínda non se pode dicir a quen se parece porque os

nenos cambian moito na primeira semana, pero mamá xura que ten a

mesma cara ca ti cando naciches. Non sabes qué contenta está. Levaba

dous días sen erguerse da cama, pero cando nos comunicaron o acontecido,

foi correndo deica a casa de Merche para ver a súa netiña. Pola

contra, a papá non llo puidemos comunicar ata hai un pouco porque tivo

que ir a Ribeira para arranxar uns asuntos e pasou alí toda a mañá. Que

mágoa que non esteas aquí para poder vela e bicala. Faleille a Merche de

poñerlle por nome Xulia e gustoulle; ti estás de acordo?

A túa nena naceu nun día ben fermoso, a pesar da triste situación

na que se atopa o país. Agora, mentres che escribo, vexo a través da

fiestra o brillante reflexo do sol sobre a superficie purificadora do mar e

non podo evitar lembrarme daquelas noites calorosas de verán nas que

nos sentabamos sobre a area con mamá e observabamos como o sol

se escondía por detrás de Escarabote. Daquela ti non eras máis ca un

cativo, mais agora xa tes unha filla. Que rápido pasa o tempo, verdade?

Xa estou desexando que chegue mañá para volver coller en brazos

á miña sobriña. Ten moito coidado.

Un bico,

Lela

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!