26.04.2013 Views

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Amor de combate

BARBANTIA

un fedello de enormes ollos negros que ten que interrogar ao ceo para

que lle resolva a dúbida de por que o seu avó é tan grande e tan meniño

á vez, por que ese proverbio non se equivoca. En realidade se algo

aprendín co paso dos anos, é que nunca se volta á infancia, senón que

xamais se sae dela, é dicir, en nós sempre sobrevive o espírito inocente

e carismático do neno que fomos, e toda aquela etapa sobrevive por

riba das loitas e dos fracasos, das rifas e as reconciliacións, mesmo

trala guerra seguimos a pensar nos mundos que foron posibles e a

maquinar ilusións e soños que nos permiten saír a flote a pesar de

todas as desgrazas. A miña infancia foi coma a de todo cativo por aquela,

e non me podo queixar porque na miña casa nunca faltou nada, tanto

no material coma no plano afectivo, en boa parte grazas aos coidados

dos meus avós. Pola contra, sei que a infancia de El non foi boa de levar,

e por iso me ven sempre ao sentido a imposibilidade de cambiar o comportamento

del cara a Sariña, pois quixera que non lle faltase de nada,

nin sequera o cariño que un avó profesa na neta. Se seguira a ser o

home que eu coñecín, había estar de acordo comigo. El tenme confesado

que comezou a se sentir feliz no momento en que me coñeceu e

puido formar unha verdadeira familia, pois antes a vida non lle tiña

demasiada importancia por banal, sempre ás ordes dun pai pouco transixente

e irrespectuoso. Pasou traballando no mar dende os dez anos e

xa de máis mozo embarcou e pasaba mareas moi longas, nas que

invertía a maior parte do ano, mentres que os poucos días que viña

pasar a terra se tornaban un inferno. Mesmo fóra se atopaba mellor,

máis tranquilo ao non ter que enfrontarse con aquel pai autoritario, que

collía a lei pola súa man. Acórdome de historias que me ten relatado

baixo a confianza fiel que moi temperá collemos o un no outro, historias

míseras, historias de soidade e incomprensión, como aquela cando

regresou de navegar e todos os aforros que enviara a súa nai para manter

aos seus irmáns pequenos foran malgastados polo seu pai, ou aqueloutro

suceso cando aos dezasete anos tivo que marchar da casa tras

recibir a última malleira que lle seccionou o tímpano esquerdo en dous,

unha ferida que foi tornando nun tumor ulceroso na madurez, o mesmo

159

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!