26.04.2013 Views

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O pesadelo

BARBANTIA

ta na imaxe que tanto temeu, a única cousa que o acovardou e contra

quen non puido nin soubo loitar en toda a vida. Quere ter diante de si

ese corpo aldraxado por non medir nin calcular fría e acertadamente as

consecuencias da fuxida; por non saber nin intuír ata onde era capaz de

chegar o odio duns inimigos famentos de sangue, por non saber que

aqueles, amparados na brutalidade daquel tempo de vinganzas, a falta

dun corpo que machucar, buscaron o máis próximo pola vía da debilidade.

Quere que volva esa sombra para mirala cara a cara, para ver ese

rostro luxado. Quere que volva a súa compañeira de insomnios. Xa

sente os seus pasos achegándose á porta do cuarto, e o seu corazón

latexando con forza; xa escoita os ais dese corpo doído de inhumanidade,

xa oe a alguén que chama á porta, e el quere, desde o seu leito

de moribundo, abrirlle paso para mirala fite a fite e pedirlle perdón pola

culpa doutros, que el non aldraxou, nin maltratou, nin matou, pero fuxiu

da morte, da aldraxe e do maltrato, fuxiu deixando atrás o que máis quería

e o que máis lle doe; quere confirmar a realidade que intúe e por

quen non puido facer nada, esa pantasma que el viu tantas veces sen

rostro, sen o atributo principal que confirme a súa identidade, pero o

pesadelo non dá entrado, chama por ela coas poucas forzas que conserva

no peito, para que traia a cativa que nunca acariñou, pero esa

presenza non dá entrado, e Ferreirós, moi canso, sabe que o están

agardando ó outro lado da porta, ó outro lado da vida, para acompañalo

polos tortuosos labirintos do Máis Alá.

193

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!