26.04.2013 Views

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Pepa

BARBANTIA

Non sabía se estaba mareada pola fame, a sede ou a calor abafante.

A lingua inflamada atrancáballe a gorxa dificultándolle o respiro, o

padal enxoito coma unha cortiza pola falla de humidade; e aínda así,

nun xesto de supervivencia, espertou lambendo os beizos agretados.

O primeiro pensamento para Xan; o último, pouco antes de ser

vencida polo sono, tamén fora para el. Que sería del? Prenderíano?

Estaríano torturando ou xa o mataran? Do peito, ou máis ben da fondura

da alma, saíu un laído cruñado de dor. Retumbando coma un lóstrego,

o berro bateu contra as paredes do cuarto, e os muros devorárono

coma se fosen monstros. Pensou que non sairía das portas para fóra. A

ningún daqueles homes, que fumaban e rían mentres facían garda,

pareceu importarlles.

A indiferenza dos demais fronte ao sufrimento deixábaa soa coa

súa dor, e así, comprendeu que ninguén percibía a súa desesperación.

Alí seguía sen a axuda de alma nacida.

Unha pequena luz no medio da escuridade apenas indicaba a chegada

do amencer, pero rachaba as tebras, axudaba a ollar. Aquel alborexar

ía transcorrendo paseniñamente, coma o que xa pasara, sen

axuda de ninguén, esquecida do mundo.

Sentíase demasiado humillada para pensar con claridade. O corpo

entumecido e insensíbel polas malleiras, dicíalle que estaba morrendo,

seguía morrendo e, aínda así, aferrábase aos recordos: o namoramento

de Xan, a voda na igrexa, o milagre dos nacementos, primeiro do fillo

e despois da filla, os traballos para saír adiante... O peito fendeuse nun

chorar contido, volveu á nenez, á rapaza orfa, pobre; lembrou as mañás

de friaxe na invernía e o caldo de unto como único xantar.

Os pensamentos brincaban dun lugar a outro. Seu pai traballando

toda a súa vida no mar ata que un vendaval afundiu a dorna e unha

masa de auga salgada levouno para sempre. Ese ano fora ano de tuberculose,

a enfermidade dos pobres, outra calamidade máis. Os enfermos

43

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!