26.04.2013 Views

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

BARBANTIA Epistolario de Adrián

e redito na miña anterior. Por certo, naquela carta esquecín dicirche

algo. É unha pequena ledicia. Na derradeira feira de maio, na semana

da Ascensión, lémbraste daquel serán no areal? Teus pais non che deixaron

saír á rúa en catro días e o teu avó chamoume a atención no peirao,

onde din con el, por levarte de volta á casa ás nove e media, cando

o solpor. Non me importou... aquel serán de luz e salitre foi marabilloso...

a primeira vez que palpei e biquei os teus peitos, o teu seo... Cando

penso naquela hora, traspásame o raio da testa ata os pés e venme un

bulebule que non me deixa quedo o respiro. Alaso e chego a ter cóxegas

na alma mesma. De verdade, Elvira ben amada, non hei cumprir

anos bastantes para agradecerche aquela hora.

Fóiseme a cabeza e xa esquecía o que che ía contar. Merqueiche

na feira un dengue de pano sedán, lene coma a brisa que fai camiñar as

areas na beira mar, finísimo si, e leveillo á señora Lucía para que bordara

nel o teu nome e debaixo un A. Era para regalarcho polas festas para

que o luciras no baile do vinte e nove de setembro. Vai onda ela e dille

que cho dea se non o fixo xa. Está sen pagar porque quedei de darlle os

cartos cando fose recollelo, aínda que tamén isto quedou pendurado na

romana do tempo. Coido que hei ter un permiso axiña e daquela heillo

aboar. Dillo así. Xa verás que belida has estar. Quen puidese verte o día

da estrea! Quen sabe? Quizabes todo isto remate nuns días e...

Aquí no cuartel estamos todo o día a facer instrución. Están a

aprendernos a disparar co fusil e mais coa metralladora. Dáme noxo.

Hai dúas noites espertáronnos ás catro da mañá e puxéronnos a dar

voltas por unha finca chea de silveiras que hai preto de aquí. Primeiro

paseniño, despois a todo correr. Como non se vía ren iamos ó chan de

seguido e cando saíu o sol volvemos para o cuartel, feridos, cheos de

rabuñadas das silveiras. Pareciamos almas en pena. Unha Santa

Compaña de uniforme, Deus me perdoe. A min dáme arrepío disparar

e sobre todo lanzar as granadas. Cando estoupan doume conta da desfeita

que poden facer nun corpo humano. Tamén apréndennos a facer

136

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!