26.04.2013 Views

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

BARBANTIA Amor de combate

da, ou te leve á deriva, arribarás ao meu porto seguro, para aquela ateigado

de nébedas olorosas coas que te embriagar.

158

Amar, se non foi contigo, nunca foi amar.

Agora, xa metida no profundo chanzo da vellez, comezo a notar os

síntomas dos que El se queixa no seu desvarío, cando me pregunta por

personaxes anteriores á miña chegada á súa vida, ou posteriores dos

que eu non teño constancia, e pola contra non é sabedor das falas nin

dos rostros das persoas que circundan a casa; a familiaridade desa

xente é tan só a sombra que a enfermidade está a espallar na súa cabeciña

exiliada na infancia e na súa estadía en Madrid durante a guerra.

Malia a súa loucura, é quen de atopar só en min un recuncho de lucidez

onde resgardarse dos medos e onde solaparse tralos anos de

mocidade e ledicia que vivimos xuntos, para que o presente irrecoñecible

non o eive aínda máis. As voces coas que noutros tempos fundía os

seráns en conversas, agora sonlle incómodas por non saber seguilas

con cordura; a grata inocencia de Sariña, a filla de Carlos, a nosa primeira

neta que El devecía por acariñar cando nin sequera se erguía por

si mesma e da que non se separaba despois polo pánico que lle mantiña

o corpo en alerta cando ela comezaba a descubrir os seus propios

pés e a experimentar as caídas ao botar a andar, son momentos esquecidos

e élle molesto ver esa nena correr entre as pernas do seu pai

cando nola trae para que se afaga ao noso colo e coñeza o mundo do

que provén, ou se colle os gatos e os acariña coa mesma tenrura que

El ten desprendido no seu cabelo, ou se chora porque seu pai lle berra

se fai algo mal, pois esa nena ficou morta no seu almacén da memoria,

unha nena que nin recoñece e á que lle ten medo cando lle chama avó.

A min párteme a alma vela ante El preguntándolle con esa cara de anxo

por que non se lembra dela, e noutrora case é ridícula e entrañable

unha imaxe coma esa, unha imaxe na que un ser tan pequeno é máis

consciente e esperto ca un home tan maior que ten vivido tanto e que

se mostra desconfiado e caprichoso coma un neno, coma se quixera

chamar a atención co seu finximento macabro. Sariña é unha dozura, é

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!