26.04.2013 Views

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Garrido

BARBANTIA

de feltro, tal como se fora domingo, correndo cara ó parapeto dos rojos,

berrando «adiante, adiante camaradas, eu coido de vós», e os camaradas

corrían á súa beira como faría el de pequeno, termando de non tropezar

coas grandes pernas, mentres se escoitaban os disparos certeiros,

repetitivos, que non buscaban inimigo ningún, e o estrondo asasino

dunha bomba de man.

Os tres homes quedaron en silencio. Dende a cociña chegaba o

son da radio, cos acordes dunha canción italiana, e o ruído da louza.

María a Morena, a neniña que o pai de Garrido sacara da fábrica para

servir na casa, estaba preparando a comida. Ho capito che ti amo,

quando ho visto che bastava, un tuo ritardo...

—En fin! —dixo o home alto, erguéndose con axilidade— eu tamén

penso que xa non temos moito máis que facer aquí.

O interrogador recolleu a carteira e o chapeo. Garrido, atordado

aínda polas evocacións e o medo, pousou o vaso e, apagando o puro,

dispúxose a acompañalos.

Cando estaban a piques de saír do salón, o home alto sinalou o

cadro. «Excelentes matices», dixo. Era unha augaforte da vila que

alguén lle regalara ó pai había ben de anos, un tal González del Blanco.

Homes e mulleres subindo ou baixando das sancosmeiras nun día de

festa. “Para o amigo Germán”, rezaba a dedicatoria. Garrido nunca lle

dera demasiada importancia; sempre estivera alí.

A muller saíulles ó encontro na mesma porta. Estaba podando nas

roseiras. Un pouco máis alá, o vello invidente, inmóbil, sentado na vella

cadeira de rodas, descansaba cara ó sol gozando da aparencia de luz

que acompaña ós raios mornos, como adoitan facer tódolos cegos.

Ámbolos dous homes, en ton xovial e amigable, agradeceron a un

Garrido aínda confuso e exhausto a súa atención e a súa paciencia.

Despois, despedíronse cunha cortesía demasiado afagadora. «Señora,

89

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!