26.04.2013 Views

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

MAQUETA VOCES NA GUERRA - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Unha sotana indultada

BARBANTIA

Mentres dirixía o rezo do rosario naquela chuviosa e fría tarde de

inverno, acudían ao pensamento de don Bernardino Fariñas, párroco de

Santa Lucía de Viladoxe, as imaxes dos primeiros días da Guerra.

Chegábanlle, nidios, os acenos descompostos daqueles vinte ou trinta

mozotes anarquistas no asalto á reitoral. Aínda podía arrecender o fume

da palla de centeo que, furtada do muro onde secaba ao sol de xullo,

servira para lle prender lume ao feble portalón de entrada á eira da

casa, case podre de humidades e de anos.

Buscaban os asaltantes a Gustavito Alcalde, alias “Chileno”,

Manuel Arturo, dos “Oveiros” de Pomar de Abade, e Laureano “o

Requeté”, tres destacados falanxistas, mozos coma eles, que o crego

acochaba no hórreo grande, entre as moreas de espigas de millo.

Disque andaban detrás súa por dispararen días antes, en vésperas do

Movimiento, contra a sede que a CNT tiña no barrio de Insua de Abaixo,

baluarte do sindicalismo libertario en Viladoxe. E buscábano a el

mesmo, por distinguirse na súa obsesiva campaña contra os sindicatos

da localidade, aos que acusaba de alterar gravemente a paz social e

sementar a barbarie entre os incautos que os seguían. Propagada

dende o púlpito, xa provocara aquela cruzada do crego varios altercados

entre partidarios seus e algúns dirixentes sindicais que, como

Ciprián Brión e Celestino Santamaría, “o Calafate”, presidente e tesoureiro,

respectivamente, da Unión de Artesanos y Oficios Varios de Mar

y Tierra, acabaran presos no depósito municipal como supostos indutores

dunha pelexa no adro da igrexa de Santa Lucía, á saída da misa do

Domingo de Ramos de 1935.

Don Bernardino podía sentir, aínda, o frío metálico do canón

daquela enferruxada escopeta de caza sobre a sen, ameazando cuspir

a súa mortal carga de perdigóns. E oír os berros desencaixados do miliciano,

apenas un rapaz de dezanove ou vinte anos, que o inquiría sobre

o paradoiro dos falanxistas. Pero, sen dúbida, a imaxe máis nidia, máis

densa, case real, que acudía á súa mente era a de Xan Ambrosio

Rebollido, afamado tecelán, concelleiro republicano dos de Martínez

181

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!