14.05.2013 Views

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Baixamos ao almacén onde o meu gran amigo Didio Riobó ofrécenos non sei

cantas toneladas de polbo, saborosamente condimentado. Na miña vida vin, nin

comín, máis polbo. Dámonos o gran banquete e ímos dormir beatíficos a sesta á

sombra das dornas, no curro.

Ás cinco saímos cara Cangas. Apenas unhas brazas de navegación, e chegamos

á canle da Ouceta43 , e principiamos a sufrir os horrores dunha navegación en

serio. Mar de fondo, ceo anubrado, chubascos e vento W. Un temporal con todas

as agravantes. O noso pobre barco dá uns cabezazos preagónicos, túmbase en

todas as direccións; fai iso que, por dicírmolo dalgún xeito, chaman movemento

de culler, que é como baleirar os figados dos propios tiburóns. Eu no creo que

Vasco de Gama cruzase mar tan revolto e dubido que a famosa tempestade sufrida

por Cristóbal Colón fose nin unha caricatura desta. Isto é como para desexar

o naufraxio dunha vez, con tal de vérense libres de tanto bailoteo e balbordo.

Golpe de aquí, bandazo de alá, e agora que se afunde da popa e despois que o

botaló pica na auga, e as ondas grandes, xigantescas, coma castelos, que nos levantan

no sei ata onde e logo nos abandonan traizoeiramente deixándonos caer

de súpeto de xeito que semella que os miolos van saír polo nariz. Sen embargo,

só un “ultreia” se marea; os demais cantan e parolan como se aínda estivesemos

no inesquencible baile de Ribeira. Non sei, non sei, pero é que á meirande parte

deles isto aínda lles parece pouco. Pero que quererán estes Magallanes?

Por fin conseguimos dobrar Punta de Home, poñernos ao abeiro das Cíes e en-

fiarmos a ría de Vigo. Pasa a estribor o “Rezola número 2”, que nos saúda con tres

longos asubíos. Alcanzanos ao pouco unha parella que vén coma alguén levada do

demo e coa que competimos en velocidade e vencémola. O certo é que as nosas

velas son moitas velas para unha pobre caldeira de vapor de esas que imaxinan os

infelices enxeñeiros. As nosas velas!

Mar Adiante 176

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!