14.05.2013 Views

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Veume ao maxín un nome; ben o pode facer e de mar sabe máis que ninguén, pero

é tan tímida e esquiva... Preguntei por ela a mariñeiros que xa hai moitos anos

que non saen a pescar, e tamén a novos que van agora de cote, a mergulladores

que chegan ao fondo do mar, a pescadores de cana que pasan os días ao axexo, a

patróns que coñecen as rías mellor que as súas propias casas... Ou non mo quixeron

dicir, ou non se atreveron por medo a que se mofasen deles por manter tratos

cunha serea.

Matinei, aínda que non me credes, na serea

de Sálvora.

Botei varias noites cos primeiros folios:

escribía e... rachaba. Non quería que fose

un diario máis, para lelo folla a folla do

mesmo xeito que se fai cun almanaque.

Deixeino para máis adiante... Algún día

ha de chegar a inspiración!

O domingo seguinte de rematar a xeira

Illa da Rúa: o faro.

fun cuns amigos en barco de Cambados

á illa da Rúa, situada na ría de Arousa e non moi lonxe da de Sálvora. Nunca

estivera nela e impresionoume o rochedo, como ao debuxante da expedición de

1932, Xurxo Lourenzo, que deixou un sinxelo deseño polo que se comproba que

daquela aínda non existía o faro actual. Entrei na casa do fareiro, abandonada, e

andei por entre as rochas ata chegar á auga... Que medo pasei! As gaivotas declaráronme

a guerra e organizaron un masivo “bombardeo” contra o inimigo, é

dicir, contra min, en defensa dos niños e dos gaivotiños que tomaban o sol. Cos

berros avisaron axiña do perigo ás que andaban pescando ou descansaban nas

bateas. Gañaron elas, nunca vira tantas xuntas!

251 Mar Adiante

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!