14.05.2013 Views

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Carta a unha amiga ou amigo da expedición Ultreia

Chámome Sálvora e son unha serea. Que terei que ver coas xeiras das Rías Baixas

dos ultreias? Como supoño que te farás tal pregunta, antes de seguir vouche contar

parte da miña vida, para que xulgues que si teño moito que ver co mar por ser

o meu mundo, como o teu é a terra; coa illa de Sálvora, que é a miña casa e por

eso me chamo así, e como a miña familia leva tanto tempo vivindo nestas augas,

coñecemos todos os sucesos e traxedias ocorridos aquí dende hai séculos.

Sei de feitos que pasaron moito

antes de eu nacer. Como podes

ver, neso son igualiña a calquera

humano: a ti contáronche os

avós historias de tempos pasados,

e a min tamén dende meniña.

Por certo, teño unha avoa

que moito sabe de todo, quén

dera que escribise as súas memorias,

pero non aprendeu a ler

nin a escribir. Non che vou dicir

a miña idade porque aquí non temos calendarios nin reloxos para medir o tempo,

rexémonos polo sol, a lúa e as estrelas.

Tiven boas mestras e mestres moi sabios que me ensinaron os secretos do mar.

Como non temos radio nin cine, nin tampouco televisión, seguimos como dende

sempre: pasamos o tempo de lecer tombadas na area no fondo do mar á sombra do

arco da vella que fan os raios do sol ao pasar pola auga. Os maiores cóntannos lendas

e historias; as sereas mozas falamos dos sereos mozos e os sereos mozos falan

de Nós... Neste curruncho agarimado e acolledor estamos tranquilos e seguros

Mar Adiante 254

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!