14.05.2013 Views

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Aquela camiseta encheu de lembranzas a miña mente. Imaxes, sons, texturas

penetraron nos miolos como cando sacas a cabeza pola xanela e respiras fondo

nunha mañá de neve. Era David!

Aledeime moito de velo pero á vez avergoñeime. Pasara tanto tempo!

—Que foi de David durante todos eses anos?

—David tivera que mudarse de Lugo a Santiago aos dous anos de marchar de

Cervantes. O pai atopara un traballo estábel nunha fábrica de taboleiro aglomerado

das aforas da capital e alí forxaran definitivamente o seu fogar. Estudou

Bioloxía no Campus Sur e rematou de profesor en Santiago despois de moitos

anos percorrendo os institutos de Galiza.

Durante ese tempo foi afianzando unha tupida rede de contactos entre a xente

coa que compartía uns ideais definidos, salvar a Galiza fronte á desertización

que chegaba xa ata a bisbarra do Bierzo e recuperar os valores culturais e lingüísticos

dunha nación que acadara os oito millóns de habitantes, contando

aos emigrantes retornados e a xente do resto do estado que fuxía das areas. O

sentimento galego estaba moi debilitado e precisaba unha Rosalía de Castro

que iniciase un novo rexurdimento, e os dedos da organización apuntaban cara

a min.

—Pódese considerar a David como o alma mater dos Ultreia?

—David só era o enlace cos profesores de secundaria pero a malla era cada vez

maior, grupos ecoloxistas, sindicatos, estudantes, actores, escritores... e eu sin

sospeitar nada. Estábase cocendo a través de Internet unha revolución pacífica

para o vinte e cinco de xullo. A organización estaba formada por milleiros de

313 Mar Adiante

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!