14.05.2013 Views

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Os mozos xuntábanse en “ducias” dependentes cada unha dun “guieiro”, das que

doce constituían unha “liña” á fronte da que estaba un “maor” (por exemplo, a

excursión pola serra do Barbanza fixérona só algúns rapaces da “I Liña” de Noia);

e, por último, todas as “liñas” dependían do Consello composto por cinco vocais,

que ao comezo eran: Xurxo Lourenzo Fernández, Xosé Filgueira Valverde, Xoán

Rodríguez Tenreiro, Antonio Iglesias Vilarelle e Raimundo Aguiar Álvarez; un

secretario, Francisco Fernández del Riego, e un “rexente”, Álvaro das Casas.

O uniforme consistía nun xersei branco sobre o que ía bordado un tríscele. Este

logotipo, como xa se dixo, daría lugar a controversias e a aclaracións por parte

do fundador, como a seguinte:

Distínguenos un triskele bermello que vai sempre sobre noso peito i-en

cada unha das nosas bandeiras; un triskele que non ten cheiro como algún

quixo supor, da svástica hitleriana: é a eispresión do home correndo

tal coal aparez nas nosas insculturas da prehistoria i-esí foi recollido

nos seus estudos polo prof. R. Sobrino. Quer dicer dinamismo, marcha,

avance, procura do noso ideal de máis alá. Un triskele que por outra

parez recoller os tres temas fundamentais de noso orgulo de cidadáns

galegos: fogar, raza e língoa. 22

Considerábase unha asociación apolítica por non depender de ningún partido,

malia que o “rexente” militase no Partido Galeguista desde a constitución do

mesmo en decembro de 1931, sendo ademais un dos membros do Comité executivo,

pero co gallo de enfrontamentos xurdidos sobre todo por mor da agrupación

e tamén por certas actuacións súas coas que non estaban de acordo os demais

compañeiros, decide abandonalo xunto con Fernández del Riego, Manuel

Beiras e Ramón Martínez López, entre outros, á vez que funda un novo partido

de carácter independentista, Vangarda Nazonalista Galega. 23

Mar Adiante 38

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!