14.05.2013 Views

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

símbolo, as iconas da sociedade actual non son deuses, e detrás de cada imaxe

hai unha persoa de carne e oso, coas virtudes e defectos dos demais. Pese a que

túa nai e eu, sempre nos comportamos como persoas civilizadas, dende que me

separei de teu avó, nunca tivemos unha conversa transcendental e sincera. Iso

é algo que me atormenta. Outra espiña... —mirou a Xiana aos ollos e tragou

saliva— foi non poder actuar nunca como todas as avoas contigo; pero despois

da conversa de hoxe morrerei un chisquiño máis tranquila. Eso si, seguín toda

a túa actividade profesional e un día ensinareiche o arquivo onde gardo todas as

túas entrevistas. Xiana apertou agarimosamente a man enrugada da súa avoa e

cunha mirada ateigada de complicidade dispúxose a finalizar o encontro.

—Chegados a este punto, hai unha pregunta que se responde por si soa; ten

relación o facermos a entrevista na miña embarcación coa orixinal Expedición

Ultreia?

—Hai setenta e catro anos que partimos de Muros un grupo de escolares para

rememorar os setenta e catro anos da expedición orixinal de Álvaro de las Casas,

como xa che dixen. Eran cinco etapas ata chegar a Vigo. Realicei as catro

primeiras mentres cursei a ESO no CPI de Cervantes pero, na quinta e última,

eu xa estaba estudando o bacharelato en Lugo e sempre me quedou mágoa de

non rematala. Nesa segunda expedición selei, sen sabelo, un compromiso con

David, que anos despois deu o froito da posta en escena do grupo Ultreia, é

dicir, do rexurdimento dos valores galegos do século x x i. Aquela viaxe encerra

moito simbolismo, e hai un feixe de sentimentos en todo o que a rodea.

Tiña moitas ganas de rematar aquelo que comecei con trece anos, pero queríao

facer con alguén especial, coma ti. O destino é capaz de gardarche unha

sorpresa cando menos o esperas, e a túa chamada para a entrevista encheu de

luz o meu solpor.

Mar Adiante 316

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!