14.05.2013 Views

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Pouco máis se pode dicir desta xeira, pois non se coñece ningún diario, aínda que

non é de negar a posibilidade de que exista, xa que Álvaro das Casas, ademais de

redactar o seu propio, tiña por norma mandarlles aos rapaces facer a cada un o

seu pensando na posible publicación, coma os da Misión Biolóxica e a excursión

polo Barbanza.

Así coma o tempo nos arreda das tres xeiras —75 anos das dúas primeiras, e un

menos da terceira—, vaise tornando máis doado xulgar de xeito nidio e imparcial

o extraordinario labor neste eido de Álvaro das Casas e dos demais membros que

participaron directamente como no periplo das Rías Baixas: Xurxo Lourenzo,

Xosé Martínez López, Isidro Parga Pondal, Ramón Martínez López e Francisco

López Casado. E cando foi el só cos rapaces, como na estadía na Granxa de

Salcedo da Misión Biolóxica,

é de subliñar a colaboración

por parte dos investigadores e

traballadores do centro, así como

de Filgueira Valverde, Iglesias

Vilarelle, González García-Paz,

Fernández-Villamil, o director

da Coral Polifónica Blanco Porto,

etc.

San Martiño de Noia.

Mar Adiante 58

Ata no caso de se tratar dunha

xeira só cos seus alumnos do

instituto de Noia, como a da

Serra do Barbanza, tampouco

faltou a axuda de persoas da

zona: o párroco de Baroña,

Manuel García Álvarez, que os

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!