14.05.2013 Views

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

Mar Adiante - Galeguizar Galicia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

—Cursei os estudos primarios preto da casa, na Ponte de Doiras, e a secundaria

en San Román de Cervantes, dous centros pequenos que permitían unha relación

familiar tanto cos compañeiros coma cos profesores...

Iria foi lembrando pasiño a pasiño os acontecementos máis agarimosos que gar-

daba naquel baúl, aparentemente, comesto polos anos. Falaba sen présa, ríndo-

se ás veces, debuxando coas mans escenas pasadas, ollando sen mirar para a súa

interlocutora...

—O xefe de estudos, e á vez profesor de Tecnoloxía, acudira á clase cunha sor-

presa debaixo do brazo. Xa comezara a intensa xeira dos exames finais e agra-

deciamos calquera comentario alleo ao estritamente académico. Os profesores

estaban concentrados en rematar os temarios a toda costa e a tensión cheirábase

en todos os recantos da aula.

“Tráiovos unha boa nova. A Consellaría de Medio Ambiente convida a sete ra-

paces do CPI de Cervantes a participar na Expedición Ultreia...”. E comezou a

explicarnos o simbolismo daquela excursión que rememoraba os setenta e catro

anos da expedición de Álvaro de las Casas con raparigos galegos polas costas

do país.

Mirei para David, dous postos cara a esquerda, e as miradas fundíronse nun

sorriso de complicidade. Era a última oportunidade que tiña para que a nosa

relación subise un chanzo máis antes de coller as vacacións.

Tiñamos tres días por diante para entregar as autorizacións paternas e entre

elas realizaríase un sorteo para determinar as sete prazas. Comezaramos a facer

o proxecto de Tecnoloxía e o profesor mandounos parar para que as nosas mans

inocentes escolleran aos participantes. O corazón bombeaba o sangue con tanta

Mar Adiante 298

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!