10 | caderno de consulta guía para o traballo educativo
1. a familia 1.1. Definición e características. A guía educativa elaborada por Meniños no 2004, co gallo da campaña a favor de vivir en familia Conta cos Teus!, incluía unha breve introdución á definición da familia que reproducimos a continuación (Pereiro e Hernández, 2004:17): Estimamos que unha definición útil ten que delimitar, pero non limitar, xa que son moitas as variación estruturais, funcionais e relacionais das familias. Ademais temos que ter en conta que as diferenzas culturais e persoais inflúen decisivamente na tarefa de abordar unha definición de “familia”. Unha posible definición, con marcado carácter técnico, sería a seguinte: “Unha familia é como un sistema no que os seus membros establecen relacións de intimidade, reciprocidade, dependencia, afecto e poder condicionados por vínculos sanguíneos, legais ou de compromiso tácito de longa duración, que inclúe, polo menos, unha xeración cunha residencia común a maior parte do tempo. Trátase dun sistema semiaberto, que busca metas e trata de autorregularse, modelado polas súas características estruturais (tamaño, composición, estadio evolutivo, etc.), as características psicobiolóxicas dos seus membros e a súa posición sociocultural e histórica no ambiente.” (Escudero e López, 2003:24). En calquera definición de familia atópanse elementos comúns, presentes en todos os diversos modelos familiares: - Hai membros dun grupo: home adulto, muller adulta, parellas de igual ou distintos sexo, fillos das parellas, outros membros que se consideran familiares... - Hai vínculos entre os membros dese grupo: biolóxicos, legais, afectivos... - Hai diversas funcións que a familia cumpre para os membros do grupo. Estas funcións, que describiremos a continuación, cúmprense en todos os tipos de familias, os cales poderíamos ordenar segundo distintos criterios clasificatorios. • Atendendo ao número de xeracións existentes e á súa composición, podemos ter familias nucleares ou conxugais, extensas, troncais, mixtas, de unión de feito, de pai único ou monoparentais, comuna familiar, familia serie, composta, en cohabitación e homosexual. • Se analizamos co prisma do lugar de residencia, podemos ter familias matrilocais, patrilocais, neolocais... e se o facemos co criterio da ascendencia, patriarcais ou matriarcais. En todo caso, o importante é “considerar a todas esas formas familiares como lexítimas e como manifestacións dese escorregadizo concepto que é a familia, que, na práctica, é máis que un concepto, é un sistema vivo que se modifica e evoluciona no tempo e co tempo” (Escudero e López, 2003:31). A importancia da familia na nosa sociedade é innegable. O parentesco define e condiciona de xeito primordial as relacións e organización das persoas. O antropólogo John Beattie afirma que “aparte do sexo e a idade, que son tamén de importancia social primordial, non hai outro xeito de clasificar ás persoas que sexa tan “consubstancial” á condición humana” (Beattie, 1972:128). O mesmo autor afonda na descrición dalgunhas das razóns que reforzan este feito: “En moitas sociedades úsase ao parentesco para establecer e definir distintas unidades sociais corporativas. Nas condicións das culturas máis simples, é esencial que cada un sexa membro dun grupo de persoas cooperantes e estreitamente unidas, con cuxa axuda e apoio pode contar en actividades tan vitais como a caza, a agricultura, o pastoreo e a guerra. Nesas sociedades, é patente para todos o axioma de que ningún home se abonda a si mesmo; non se oculta, como sucede na cultura occidental, por unha dependencia das forzas impersoais dunha organización política e económica a grande escala. Nas condicións imperantes en moitas sociedades “primitivas”, a menos que un home poida contar cun grupo de compañeiros, a súa vida será, como di Hobbes, “solitaria, pobre, sórdida, bestial e curta”. Polo tanto, os homes deben formar grupos cuxos membros cooperen entre si se queren sobrevivir, e o parentesco é o medio máis fácil e universalmente dispoñible para facelo. As persoas sempre son conscientes de que están relacionadas con outras moitas persoas, empezando xeralmente co círculo familiar composto polos pais e irmáns. Pero este grupo raras veces é amplo dabondo como para sobrevivir illado; deben incluírse no grupo parentes máis remotos”. (Ibid. pp. 132-133). Podemos ver que a institución familiar ten sufrido grandes transformacións nos últimos anos, principalmente no último cuarto do século XX, tanto demográficas como nas formas de organización. Moitos destes cambios foron consecuencia das modificacións na estrutura económica e produtiva, aínda que non só. Ademais, difiren moito en función dos distintos países e culturas. Centrándonos na nosa contorna máis próxima, observamos que “moi poucas das relacións interpersoais que integran o mundo social do europeo occidental, son relacións de parentesco (...) Pero en moitas sociedades máis pequenas, a importancia do parentesco é capital” (Ibid. p. 127). “En Europa, a familia nuclear (un grupo de parentes composto polos pais e os fillos que residen xuntos) continúa sendo o grupo de parentesco máis importante. Isto é certo a pesares da crecente incidencia das familias monoparentais, o divorcio e as segundas nupcias. O relativo illamento da familia nuclear doutros grupos de parentesco nos países modernos, reflicte a mobilidade xeográfica dentro facendo familias | 11