16.05.2013 Views

Revista XXV Aniversario CEIP Sofía Casanova

Revista XXV Aniversario CEIP Sofía Casanova

Revista XXV Aniversario CEIP Sofía Casanova

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Eu pensaba que o colexio

era cousa de xogar,

e agora dinme todos

que só é para traballar.

Amiguiños, escoitade:

viñeron, xa chegaron

con tres anos uns meniños

que o colexio inundaron.

Isto non é nada xusto:

oitavo vai a París

e mentres nós (7º) a Viveiro.

non é cousa para rir.

Con isto do Mar Exeo

fastidióusenos a festa,

polo menos en dous anos

non podemos ir de pesca.

Os barquiños petroleiros

a desgracia van traer,

veñen deixar o petróleo

¡ e negros vannos poñer!.

As árbores do colexio

un día van caer

porque sempre levan golpes

coa pelota de brilé.

O profe de parvuliños

¡ que guapísimo está!

nada máis velo saír

eu non sei o que me da.

Gracias á xornada única

á rúa podemos saír,

e dende as tres ata as cinco

non nos imos aburrir.

O noso conserxe está moi

moi modernizao ,

á entrada e á saída

ponnos música bacalao.

Na polideportiva do colexio

caen goteiras a montón

que case hai que collelas

cun xigantesco bidón.

Os nenos de preescolar

moito ruído che fan ,

non poden ir a vídeo

caladiños e sen berrar.

Se ó pavillón vas

leva máscara de gas,

pois o frío que vai dentro

a gorxa vaiche conxelar.

Hai uns días no colexio,

os profesores xuntáronse todos

e inventaron unhas normas

que nos van volver tolos.

As regras do noso colexio

moi duras che son

abres un pouco a boca

e vas de camiño a dirección.

Agora no meu colexio

moi modernizados están

onde antes estaba a area

botáronche alquitrán.

O conserxe do noso colexio

deixouse un bigotiño

pra facerse un home forte

e un home máis atractivo.

Seixo e Minucha

son matrimonio

e traballan os dous xuntos

no mesmo manicomio.

O berro de Lema é:

“ correr ata morrer”

a pregunta do millón é:

¿ cando á correr el?.

¡ Parade! É o berro de Minucha,

o de Lema é ¡ correr!,

o de María Xosé ¡ estudiar!,

e nós, ¡ non sabemos que facer!.

Os servicios do colexio

famosos van eles ser

pois co fume que alí botan

un S.O.S pódese facer.

1997

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!