16.05.2013 Views

Revista XXV Aniversario CEIP Sofía Casanova

Revista XXV Aniversario CEIP Sofía Casanova

Revista XXV Aniversario CEIP Sofía Casanova

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Quiroga 2004

A.P.A.

Intentarei, porque pasou moito tempo e porque non conservo papeis desa época, resumir

as actividades realizadas nese momento e o mesmo tempo dar a miña impresión

persoal do paso pola APA:

1.- Poñer en marcha a APA (ata ese curso había moi pouca participación dos pais. 10

socios)

2.- En colaboración co Concello, A escola de pais, coa participación da sicóloga municipal,

con moi boa acollida por parte dos pais.

3.- Festa do Nadal con larpeiradas para os nenos

4.- Excursión a Santiago no Ano Santo (con chegada a Lavacolla en autobús e marcha

a pé ata a catedral)

5.- A máis importante foi a aprobación, por mayoría, da xornada contínua

A miña impresión persoal é que foi a primeira APA dunha Vilaboa urbana e moderna.

De feito, a directiva estaba formada por nove mozas; seis delas eran novas en Vilaboa.

A colaboración dirección – profesorado – conserxería, sempre foi de máxima

cordialidade e sen incidentes de mención. E nas votacións para Consello Escolar e

xornada única, chegouse a superar o 90 % de participación dos pais.

A miña impresióm persoal foi positiva e agradezo a colaboración das nais que estiveron

conmigo na directiva, que, en definitiva, foron quen fixeron todo o traballo.

Un forte abrazo:

Joaquín

Os Ancares 2002

Eu estiven na directiva da APA entre os anos 1994 e 1999. Algúns deles como presidenta

e representante dos pais en Consello Escolar do centro.

Foi un tempo no que a LOGSE entraba en vixencia, e con ela abríanse os centros educativos

ó entorno e á participación dos pais no proceso educativo dos seus fillos. Empezouse

tamén a escolarizar ós nenos de 3 anos e a prolongar a escolaridade ata os

16. Instalouse a xornada única no colexio coincidindo cunha forte expansión urbanística

de Vilaboa que incluiu no noso pobo a ubicación de todas as vivendas sociais do

Concello.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!