16.05.2013 Views

Revista XXV Aniversario CEIP Sofía Casanova

Revista XXV Aniversario CEIP Sofía Casanova

Revista XXV Aniversario CEIP Sofía Casanova

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

POESÍA

Todo está igual,

Nada cambiou

Dende que me fun

E a primavera chegou.

Esta rúa, esa árbore

Aquel lago, aquela ponte

Todo esta

Coma onte.

Os labradores

Seguen labrando

E as vacas

Seguen pastando.

Os ríos levan a mesma auga,

Os mares os mesmos peixes

Pero eu non sigo levando

A mesma alma

Iria Brandariz Otero- 1998

ACRÓSTICOS

Xunto a ti xogo

Ata que chega o sono

Na noite de outono

Zagala de amor

Es coma unha flor

Loitas con paixón

Tirando o balón

Inicias un gol

Ata chegar ao sol

Fala que fala e segue falando

A noite e o día pasa

Na túa pequena casa

Ideando, cantando e xogando

Lágrimas da miña amiga

Illa perdida

Agárdame que chego a túa orilla

Es coma o sol

Luz dos teus amigos

Sempre estás con nós

Aínda que estamos contigo

Amiga querida

Dime onde andas

Rebuscas na túa vida

Intentando ver a verdade

Andas por aí perdida

Na noite fría

Agardando aterida

Alumnos/as 5ºA-1999

A ÁRBORE

Eu plantei unha árbore

cun tronco de cisne lila

e olor a mandarina

Raíz de formiga pequerrechiña

Follas de pe de millo ben tostaditas

e polas de chopo dourado

pintadas con vello arandano

flores de moitas cores

pintadas con amores

Esa é a árbore que plantei eu

No meu pequeno xardín.

Alba Rey De La Iglesia 4ºB-

1999

O peto.2001

Peto,peto pequerrechiño,

Redondiño e peteirón,

Petas,petas co peteiro

Nun carballo carballón.

E o peteiro un bo furado

En pouco tempo rematou.

E os oviños naquel niño

A nai peta alí chocou.

Tres petiños coida a peta

Cun peteiro moi lambón.

Entre plumas va medrando

Tres pitiños peteiróns.

Xavier Sesto 6º

Por riba das montañas

un río fluvial

deslizándose polas pedras

que hai polo seu lar

Baixa docemente

por un val

onde os labregos recolleitan

noces do seu nogueiral

O traxecto xa se acaba,

o río vai desembocar,

adeus río caudaloso

que xa non volves máis.

Edgar López Ventureira. 5º

PARA MAMÁ

Cando fago algo malo

Sempre te pos a gritar

Eu voume para outro lado

E cos bonecos vou falar.

Ti sabes que eu digo

Que es a mellor nai

Pero as outras rapazas

Din que a súa é máis guai.

Cando che pido unha Barbi

Ás veces,cómprasma

Pero gústanme tanto

que as quero todas.

Ti sempre me contas

que son moi boíña,

Pero eu sei que o dis

Porque son a túa filla.

Reyes Oubel 5º.2001

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!