16.05.2013 Views

Revista XXV Aniversario CEIP Sofía Casanova

Revista XXV Aniversario CEIP Sofía Casanova

Revista XXV Aniversario CEIP Sofía Casanova

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Está apagado, pero óllano

Chegan e acéndeno. Algarabía. Mírano e tócanlle coma se fose un bicho raro. Como o que

era.

Apágase. Os fillos sentan e óllano. Ollan o enorme aquel dun aparatiño cun par de antenas.

Está apagado pero óllano. Óllano tanto que o han de gastar. Non din nada, soamente

óllano. Está apagado , pero óllano.

A nai chámaos para a merenda, pero eles dinlle que llela traia, non se poden distraer o

máis mínimo con ningunha tontería, como merendar, comer ou durmir. Soamente poden ollalo.

Está apagado, pero óllano.A nai trae a merenda e queda con eles ollando. Os tres óllano.

Está apagado pero óllano. Ninguén se move. O aparatiño, frío e calado tampouco se move.

Soamente óllano. Está apagado, pero óllano. O pai, que fora mercar unha cervexa chega e

comeza a ollar.Deixa a cervexa e olla. Os catro óllano. Está apagado, pero óllano O aparatiño

segue sen moverse. Non se moven as dúas antenas, non se move o aparatiño, non se

moven as imaxes. Soamente óllano. Está apagado pero óllano.

A familia, que rara vez está moito tempo xunta, únese neste momento para ollar un moi

útil aparatiño. Todos, sentados nun sofá, óllano.

De pronto, non se sabe como nin por que, o aparatiño morreu. E agora, ¿que ían facer os

fillos? ¿ que ía facer o pai? ¿ que ía facer a nai?....¿que ían facer todos sen o aparatiño?

¿ que ían facer todos sen o vagalume?

EVIDENTE: OLLAR. Ollaban a mesa coas súas catro patas, e coa revista sobre dela...

A MIÑA LINGUA

Pilar Mera Rico 1995

Unha das cousas das que máis me molesta é que case todo o Mundo de Galicia fale castelán coma se

estivese en Madrid, e que, para máis, que desprecen o galego como se fose unha lingua inferior, e tamén

a aquel que o fale.

Sei que todo o mundo pode falar o que queira, si, estou dacordo, pero que a xente non sexa tan ignorante

como para dicir:

“¡ O galego é unha merda ¡”

Perdón pola expresión, pero non é a primeira vez que oio iso, e sempre penso que é unha tonteria.

Vou contarvos un exemplo que unha profesora me puxo unha vez:

“ Ao mellor túa nai non é coma a ti che gustaría, e paréceche máis guapa a dun compañeiro. Por

moito máis fina que vexas a outra nai, sempre lle vas querer a túa, porque é a túa. Pois o mesmo sucede

coa nosa lingua.”

Tamén creo que é bonito o meu “ jallejo”, inda que moitos se rían del. É como se falase o “ CASTELAN

ANDALUZ”.

Non me importa que os rapaces se metan comigo pola miña forma de falar, pola miña lingua. Nunca

me avergoñei dela, nin creo que xamais o faga.

Iria L.F.- (1996)

A ESTRELA QUE QUERÍA SER HERBA

Unha mañá de verán todas as herbas do lonxano prado espertaban do seu soño comezando a

rebulir.O sol, estaba ledo e coma todos os días,as árbores comezaban a falar e a tirar as súas follas

secas ao chan.Linda era unha herba preguiceira e moi alegre, que sempre espertaba á hora de

xantar.Pero esa mañá non foi así;hoxe foi a primeira en saír da casca de noz.Algo estaba a molestala,

a seguila.De repente mirou para a dereita,logo cara á esquerda,atrás, e… ¡alí estaba!.Era unha cousa

brillante,parecida a unha bombilla,tiña cinco puntas e unha cara de tristeza…

-¡Ola! ¿Que…quen es ti?Dixo Linda.

-¡Ola!Son unha estrela,e chámome Veloz.Son unha desas estrelas que se ven pola noite co rrer…

¿non sabes?¡Son unha estrela fugaz!-contestou entristecida ao ver que ninguén a coñecía.

-¡Ah!Xa,xa.Ben, ¿e que queres?-contestou Linda

-Eu quería ser coma ti.Eu…,ben,xa sabes,quero converterme nunha herba.

-Iso non é posible,cada un é o que é, nin eu nin ti poderemos facer iso…

Paula Torreiro. 1996

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!