12.07.2015 Views

estega 01

estega 01

estega 01

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

FAGAN XOGO!FORMACIÓNA MEDIDA!TODO O QUEDESEXANESTÁ NOMERCADO!SE PODEN PAGALO,PODEN GOZALO!c o l a b o r a c i ó n / j u r j o t o r r e s6e s t e g a / e s c o l a p ú b l i c a g a l e g a / i n f o r m a c i ó n e d e b a t ecentros públicos para as clases sociaispopulares e as minorías étnicas procedentesde países e colectivos sociaissen poder. É esta fragmentación a queconverte a moitos centros públicos enespazos de ‘apartheid académico’,onde se concentra o alumnado máisdesfavorecido social, cultural e economicamente.Hai, non obstante, un sector das clasesmedias, cómpre subliñalo, quesegue a estar comprometido co ensinopúblico, pois aínda mantén vivoun compromiso coa xustiza social e aconstrución doutro mundo no que asdiferenzas nunca se convertan en factorde discriminación, en argumentospara lexitimar desigualdades. Pero oesforzo que, día a día, están obrigadosa realizar para defender a rede públicaé cada vez maior, pois os ataqueslanzados pola dereita e a igrexa vaticanistanon fan máis que ir en aumento.Teñamos presente que nunha sociedadeclasista e credencialista, as fillase os fillos acaban converténdose enmercadorías ou en investimentos cosque as familias participan nunha especiede xogo da Bolsa. Son fondos que,dependendo do éxito das elecciónsque realicen durante a súa permanenciano sistema educativo, abriránmáis ou menos portas e farán posiblesmellores ou peores oportunidades nomercado no día de mañá. Mozos emozas son os seres nos que se confíapara facer realidade os sonos e aspiraciónsda familia. Dese xeito, o propioalumnado en moitos casos acaba vi-vindo a cotío en situacións de grandeestrés, dada que os seus país e naislles introducen nunha dinámica fortementecompetitiva, na que entra enxogo ‘o orgullo e a honra’ da familia. Oéxito escolar é visto tamén como o éxitodos seus proxenitores, pois significaque souberon escoller ben o centroescolar, o profesorado e os estímuloscos que incentivar de xeito cotián aosseus fillos e as súas fillas. Pola contra,o fracaso escolar percíbese comounha ‘tacha familiar’, un golpe no niveldas aspiracións que esixe, á súa vez,buscar aos culpables: o profesorado.Neste tipo de políticas sociais e educativas,as dimensións estruturais, o roldo Estado, queda sempre disimuladoe/ou disculpado. Dado que, dun xeitoinsistente, ao estilo do máis eficaz dosanuncios publicitarios, pregóase queexiste a posibilidade de elección decentro escolar, as responsabilidadespasan a transferirse exclusivamente ásfamilias. En consecuencia, do mesmoxeito que no xogo da bolsa de valores,as posibilidades de éxito e fracso vanser o froito da información privilexiadada que se dispón e, xa que logo, daseleccións que se vaian tomando, queredicir, do centro escolar no que secoloca o investimento, da institución áque se envían aos fillos e ás fillas. Omarketing e a publicidade convértensedeste xeito na vía coa que manipulará cidadanía sobre a base de venderlle‘soños’ e promesas de satisfaccióndas súas ansiedades; algo que nuncase vai facer realidade por completoneste novo contexto de vida líquida(Zigmun BAUMAN, 2006); un mundono que as persoas acaban reducidasá dimensión de ‘Homo eligens’, seresque en función dos seus recursos económicossó estarían capacitados paraelixir e consumir no mercado de bensde consumo.Non podemos esquecer que esta estratexiade conformación dun sentidocomún tan consumista e competitivoé indispensable para lograr o consentimentoe unha resignada aceptacióndas situacións de inxustiza e opresiónnas que vive a inmensa maioría dapoboación. Cómpre ser conscientesde que “a dominación consiste napre senza de condicións institucionaisque empecen á xente participar nadeterminación das súas accións oudas condicións das súas accións. Aspersoas viven dentro de estruturas dedominación se outras persoas ou grupospoden determinar sen relación dereciprocidade as condicións das súasaccións, sexa directamente ou en virtudedas consecuencias estruturaisdas súas accións. A democracia sociale política na súa expresión máis completaé o oposto da dominación (IrisMarion YOUNG, 2000, páx. 68).No momento presente, a estratexia deconservadores e neoliberais terá maiorou menor éxito no grao en que sexanquen de enganar á cidadanía, facéndollecrer que vivimos en momentosde postpolítica ou postideoloxía (SlavojZIZEK, 20<strong>01</strong>); vendendo unha ‘pretendida’morte da política nun mundo sensubstancia no que as diferenzas entrevisións políticas enfrontadas son substituídaspor unha alianza entre ‘tecnócratasilustrados’. A política deixade ser a arte do posible, a vía paraconverter en realidade as aspiraciónshumanas, para acabar transformándosenun posibilismo rastreiro, quefai imposible pór en funcionamento

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!