12.07.2015 Views

estega 01

estega 01

estega 01

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A coeducaciónUn bennecesarioLola Ferreiro DíazLola Ferreiro Díaz é coordinadora e membra doGrupo Lúa Crecente, de estudos e programas sobreSaúde e Xénero, e coordinadora do Grupo T,de estudos en Saúde Mental e Xénero e intervencióngrupal. Así mesmo, é doutora en Medicinapola Universidade de Santiago e catedrática deProcesos Sanitarios.A prevención da violencia de xénero comeza coacoeducaciónc o l a b o r a c i ó n / l o l a f e r r e i r o d í a z8e s t e g a / e s c o l a p ú b l i c a g a l e g a / i n f o r m a c i ó n e d e b a t eLevamos este ano preto de 50 asasinatosde mulleres “por violencia dexénero” (como din certos medios decomunicación), o cal nos indica queimos camiño de chegar (ou superar) ástristes estatísticas de anos anteriores.Isto debería ser inaceptábel para a cidadanía.Porén, esta realidade non é máis quea punta dun gran iceberg cuxa masasumerxida (invisíbel, xa que logo) agochaunha realidade moito máis crúa.Mergullándonos podemos ver o quehai tras cada unha destas historiasarrepiantes. Desprezos e humillaciónscotiás, individuais e colectivas, sociais,históricas. Podemos ver a mi soxinia eo machismo en actitudes in dividuais ecolectivas, estruturais, simbólicas... poderiamoster unha idea global de comoe porqué se chega a esa realidade quenos ofrecen os medios de comunicación(as máis das veces sen análiseningunha).Veriamos, por exemplo, que unha dasmaiores dificultades das mulleres parasuperar a situación de maltrato, vendada polo modelo educativo que condicionaa construción das persoas...abnegadas, para esquecer as nosasnecesidades en beneficio “do outro” epara non coidar de nós; non agresivas,provocando así que sexamos agresivascon nós mesmas, e que “traguemos” aagresividade que “o outro” emite caranós; que nos fai ser, en suma, obxectodos privilexios “do outro”, no canto desuxeitos de dereito.Este modelo educativo responde perfectamenteás esixencias do sistema:que asumamos a dominación patriarcalsen opoñer resistencia. Xa que logo,pensar que a desigualdade e a violenciade xénero son a suma de moitas situaciónsilladas é outra trampa que nosafasta do camiño da súa erradicación.A desigualdade e a violencia son unfenómeno estrutural connatural ao sis-tema de explotación. Non vou entrarpolo miúdo nas múltiples expresiónsde violencia estrutural (sobre todo pormotivos de espazo), pero temos sobradasmostras disto na relegación aoámbito privado (familiar, doméstico), oreparto asimétrico do traballo e das responsabilidades,os salarios desiguais, alexislación e a aplicación das leis, e unlongo etcétera.A violencia estrutural, porén, non sepode soster se non conta co soportedas crenzas (e preconceitos) culturaisque a naturalizan... o que Pierre Bourdieudenomina violencia simbólica. Aimposición dunha determinada visióndo mundo ás persoas dominadas.Unha visión desde a inferioridade edesde a submisión. Unha visión que,como di Laura Gutman implica, entreoutras cousas, non percibir como talesa maior parte das formas de violencia.A imaxe que se ofrece das mulleresdesde os medios de comunicación, ocine, a literatura, a publicidade, etc.,está chea de claves de violencia simbólica.A boa nena, a boa filla, a boa nai, aboa muller..., son imaxes perfectamentearticuladas en torno a unha serie devalores (obediencia-submisión, coidadoabnegado, di li xencia...). Os modelosde parella (maiormente heterosexual,por certo), con rapazas submisas edependentes, con príncipes salvadorese fortes. A imaxe da beleza feminina,centrada nun físico estereotipado e naescravitude das mulleres á cosmética,á cirurxía, á vestimenta. Os “premiospara as boas” e os “castigos para asmalas”, lévannos a internalizar unhasreferencias sobre o modelo de mullercon unha alta tendencia a sufrir (mesmosen identificar) o maltrato.Por outra parte, a invisibilización dasmulleres na ciencia, na historia, nalinguaxe..., sitúannos en inferioridadesocial, cultural e política, sen que nosdecatemos.Por iso as cotas de igualdade formalque se acadaron durante o último séculonon resolven a contradición pendente:a igualdade real. Mesmo a plenaigualdade entre as mulleres e os homes(só na lexislación), non é garante, ninde que se cumpra o lexislado nin, moitomenos, de que a igualdade estea asumida.Como dicía Clara Campoamor,...déuselle [á muller] educación de escrava,e educación de escrava asomatralas súas primeiras manifestaciónslibres... Superar esta contradición é unproceso cheo de atrancos, pero quedebemos acometer..., e unha das dimensiónsdesta tarefa é a educativa.Neste sentido, a Escola Pública ten aobriga de apostar polo cambio. Por istodeberiamos considerar a educaciónen pé de igualdade e para a igualdade(coeducación) como unha prioridade.A Escola transmite valores, explícita eimplicitamente, e con intención ou senela. Paga a pena, xa que logo, facelointencionadamente e, para isto, é importantelembrar as claves deste tipode intervención.Coeducamos visibilizando as mulleresna historia, na ciencia, na linguaxe e,en xeral, na evolución da humanidade.Coeducamos estimulando o desenvolvementoda capacidade de análiseda literatura, do cine, da publicidade...para identificar as claves sexistas e tomarposición fronte a elas.Coeducamos articulando unha organizaciónescolar igualitaria, desde o repartode tarefas e responsabilidades dexeito simétrico, ata o uso dos espazosno colexio.Coeducamos intervindo sobre a construcióndas emocións e os afectos,transmitindo igualdade a través dotrato igualitario, pulando pola maiorintervención das nenas, valorándoase animándoas a desenvolver todas assúas capacidades.Así, a Escola contribuirá de xeito decisi-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!