Mulleres2017.final
Exposición sobre mulleres compositoras. Biblioteca do IES Monte das Moas
Exposición sobre mulleres compositoras. Biblioteca do IES Monte das Moas
Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
Maruxa Mallo
Continuamos con pracer a experiencia de destacar e dar a coñecer figuras singulares

de mulleres, neste caso COMPOSITORAS, intérpretes, directoras de orquestra,

cantantes… Diferentes épocas e diferentes países. Diferentes estilos.

Acompañádenos para coñecer algunhas artistas que foron iconas na súa época,

como “A Malibran”, símbolo dunha xeración romántica; ou Alma Mahler,

musa de artistas. No medio delas, atoparedes outras infravaloradas ou ocultas

pola súa condición feminina, acochadas tralos nomes dos seus esposos ou irmáns,

coma no caso de Fanny Mendelson.

E para os máis curiosos, comprácenos presentarvos “desaparecidas” como a

compostelá Osterberger, grazas ao traballo de investigación de compañeiras

docentes que rescataron esa artista silenciada.

Como peche desta espiral creativa, non podiamos esquecer as novas xeracións,

as mulleres que hoxe en día fan oír as súas voces coma Sole Giménez.

Moitas das mulleres das fotografías souberon sortear barreiras e derrubar prexuízos

para que moitas outras, na actualidade, teñan as portas abertas á participación

e á creación. Que siga soando a música!
(París, Francia; 27 de febreiro de 1963)

oledad Giménez Muñoz coñecida como Sole Giménez (París, Francia; 27 de

febreiro de 1963), é cantante, compositora e intérprete española que desenvolve

a súa carreira profesional principalmente como vocalista e compositora.

Foi vocalista do grupo musical Presuntos Implicados durante vinte e tres anos

ata o 2006. Xuntos gravaron dez discos aos que Sole Giménez aporta cancións

como "Alma de blues" oo "Mi pequeño tesoro" e textos como o da coñecida

canción "Cómo hemos cambiado" entre outras. Dende 2006 ten editado cinco

discos máis, sendo "Ojalá" o primeiro que gravou en solitario.

Haydée Estévez

Durante a súa carreira colaborou con artistas como Joaquín Sabina, María Dolores

Pradera, Joan Manuel Serrat, Herbie Hancock, Milton Nascimento, Randy

Crawford, Armando Manzanero, Pancho Céspedes, Ana Torroja, Miguel

Ríos, Ana Belén, Revólver, Piratas, Los Sabandeños, Duo Dinámico, Enrique Heredia,

Antonio Cortés, etc. Foi durante un ano profesora de voz na Berklee

School of Valencia . Actualmente comparte a súa carreira artística coa función

de Conseller del Consell Valencià de Cultura.
(Friedland, Mecklenburg-Vorpommern,1812- Berlín, 1883)

ompositora alemá de música romántica, produciu 8 sinfonías e 15 oberturas

de concerto, amais de numerosas obras de cámara e lieder.

Despois dos seus primeiros estudos musicais e da morte dos seus pais, trasladouse

a Stettin (hoxe Polonia) en 1841, para estudar con Carl Loewe, figura

central da vida musical naquel momento.

En 1847 trasládase a Berlín, despois de estrear as dúas primeiras sinfonías.

Continúa os seus estudos e comeza a publicar lieder e cantos en 1848 e a actuar

en concertos privados. Chegou a representar obras en Colonia, Munich,

Lyon, Bruselas e Viena, con gran éxito popular e de crítica.

Marta Bellón
(Santiago 1852-¿)

oi unha compositora e pianista compostelá, figura destacada no ambiente cultural

galego de finais do s.XIX; relacionábase con Emilia Pardo Bazán e coa comisión

que creou a Real Academia Galega, da que foi membro correspondente.

Esta figura permanecería hoxe practicamente descoñecida a non ser por

un recente traballo de investigación de Rosario Martínez e Beatriz López que

rescata o legado musical desta compositora.

Leli Villamil

Eugenia tivo acceso a unha coidada formación artística en Francia, onde vivía

parte da súa familia paterna. Casa e ten 7 fillos, pero segue a participar da vida

cultural da Coruña, onde se establece co seu home; dá clases e compón música.

Co nome de Mme. Saunier ( que toma do seu home), asina partituras publicadas

por Canuto Berea, pero tamén impresas en Madrid e París. Coñecemos

dúas facetas da súa actividade compositiva: o piano e a canción de salón

para voz e piano. Debeu ter unha abundante produción; pero o que se coñece

actualmente non chega a dúas ducias de partituras.

En 1907 mudouse á Costa Azul e desapareceu do ambiente cultural galego.

Rosario Martínez sobre a música de Osterberger

«está á mesma altura que a dos compositores

varóns do seu tempo, como Baldomir o

Chané»... «Recuperan o autóctono, o noso, pero

imbricado nunha cultura que emana do Romanticismo»,

resume a investigadora.
(A irmá silenciada, Fanny Mendelssohn (1805-1847)

anny Mendelssohn, intérprete e compositora alemá tan virtuosa coma o seu

irmán, viuse sometida ás normas machistas do seu tempo, a pesar de que moitos,

incluído seu pai e seu irmán admiraran sempre o seu talento. Só co paso

do tempo e coa recuperación da súa obra por firmas ben prestixiosas de música,

acadou a descoñecida irmá de Mendelssohn o lugar que lle correspondía.

Filla de Abraham Mendelssohn e Lea Salomon, procedentes de distinguidas familias

xudías, foi educada xunto co seu irmán Felix, nun ambiente exquisito e

xa dende nenos demostraron un talento excepcional para a interpretación e a

composición musical. Mais ao medraren, os roles sociais preconcebidos para

homes e mulleres truncaron a carreira de Fanny.

Sandra Fuciños

Fanny Mendelssohn casou en 1829 con un pintor da corte prusiana, Wilhelm

Hensel, e instalouse en Berlín. Alí tivo que aceptar o rol de esposa e nai, aínda

que continuou compoñendo e organizando un salón cultural, no que participaron

compositores e intérpretes como Franz Liszt ou Clara Schumann. Apoiada

polo seu home, Fanny publicou en 1837 unha das cancións firmadas co seu

nome e non co do seu irmán, como sucedeu con moitas outras obras propias.

A única vez que Fanny Mendelssohn tocou

en público foi ao ano seguinte, en

1838, interpretando unha peza do seu irmán

Felix, O Concerto para Piano Nº.1.

En total compuxo 466 pezas musicais. Inclúen

un trío con piano Op. 11 e unha

considerable cantidade de libros con pezas

para piano e cancións. A súa canción

"Italia", era a preferida da raíña Vitoria, que pensaba que fora composta por

Félix.
(Lillian 'Lil' Hardin , 1898-1971)

uténtica rareza nos comezos do jazz, non só por ser muller, senón tamén

por ter participado nas gravacións pioneiras do xénero, por ter liderado as primeiras

formacións exclusivamente femininas, por compór temas que se fixeron

estándar e mesmo por ter estudos musicais. Tal vez o seu logro maior e

que eclipsou os demais fora o de impulsar a lenda de Louis Amstrong.

Hardin, naceu en Tennesee, era neta de escravos e dende nena mostrou dotes

para a música. Despois de gañar un concurso para piano con unha composición

propia, traballou en Chicago e uniuse á banda King Oliver's Creole Jazz

Band. Nesa banda coñece a Louis Armstrong co que casará e do que se separará,

para seguir unha carreira en solitario, na que lidera varias bandas femininas

e mixtas, compón e grava temas míticos como Just for a Thrill, popularizada

por Ray Charles

Anxos Fuciños

A Depresión, os problemas raciais e os cambios de modas, obrigárona a abandonar

a carreira. Foi deseñadora de modas ( smokings e traxes para Armstrong),

restauradora, e profesora de piano. O seu nome e a súa obra foron

reivindicados a fins dos 50 e nos anos 60.

O 27 de agosto de 1971 durante un concerto homenaxe a Louis Armstrong,

falecido uns meses antes, desplomouse sobre o piano e morreu pouco despois.
(Londres 1956)

nacida en Londres en 1956, empezou a compoñer xa na infancia aínda que

nos seus primeiros anos de estudos musicais inclinouse pola viola, instrumento

do que se convertería nunha magnífica intérprete.

En 1989 roubáronlle a viola e por ese motivo decidiu mudarse a Escocia e dedicar

máis tempo da súa carreira á composición conseguindo que os seus traballos

tiveran unha grande acollida internacional.

A súa música bebe principalmente das fontes do jazz e da música tradicional

escocesa, sendo o concerto o formato elixido para as súas composicións que,

en moitos casos, foron escritas para solistas de gran renome como Håkan Hardenberger,

John Harle, Branford Marsalis, Tabea Zimmermann, James Crabb,

Dame Evelyn Glennie ou Colin Currie.

Noemí Puga

Actualmente actúa con moita regularidade como violista, pianista e narradora,

presentando programas musicais na televisión e na radio británicas.

En marzo de 2016, foi nomeada membro da Royal Society of Edinburgh , a academia

nacional escocesa das ciencias e das artes.

Vive en Stirlingshire en Escocia e ten tres fillos.
(Florencia, 1587- despois de 1641 )

rancesca Caccini foi compositora e cantante, profesora de música e poeta italiana.

Foi a primeira muller en compoñer unha ópera

O seu pai, o compositor Giulio Caccini foi quen a iniciou na música. Actuou en

público da voda de Henrique IV de Francia en 1600. Fíxose moi famosa en Italia

e casou en 1607 con un florentino Giovanni Battista Signorini.

Como compositora escribiu música na corte dos Médicis, intermedios e óperas,

xunto co libretista Michelangelo Buonaroti (sobriño do artista), antes de

1618 era empregada da corte e moi ben remunerada.

En 1625 obtivo un gran éxito coa ópera La liberazione di Ruggiero dall'isola

d'Alcina, que foi interpretada tamén en Varsovia en 1628, sendo esta a primeira

ópera italiana representada fóra do país.

Andrea Landeira

Os datos dos últimos anos da súa vida son escasos e non hai acordo sobre a

data da morte .

Francesca escribiu cinco óperas, catro perdidas, só se conserva La liberazione

di Ruggiero. Igualmente compuxo obras relixiosas, seculares, vocais e instrumentais.

A única colección que perdura é unha publicación de 1618, Il primo

libro delle musiche.
(París 1808- Manchester 1836 )

ezzosoprano e compositora.

María Felicia García Sitches naceu en París, nunha familia con gran éxito musical

no momento. Tanto seu pai Manuel García, fuxido de España pola invasión

napoleónica (compositor, tenor e mestre de bel canto) súa nai , (soprano), coma

seus irmáns, gozaron de notable fama.

En 1811 a familia trasladouse a Nápoles, onde María iniciou a carreira, aos

6 anos. Trasladados a Londres, instruída por seu pai, debuta en 1825 no Royal

Theatre de Londres como Rosina, en El barbero de Sevilla de Rossini.

En 1825, a familia trasládase de novo a Nova York sendo a primeira compañía

europea en representar ópera en Estados Unidos. Casou en 1826 co

banqueiro francés Eugene Malibrán, pero volveu a Europa pouco despois de

pedir o divorcio.

En París converteuse no símbolo dunha nova xeración de artistas románticos.

Irene Deus

En 1832 vive en Bruselas co violinista belga Bériot,

con quen contraerá matrimonio en 1836 e terán un

fillo. Realizou xiras por Italia e Inglaterra.

Beauté, génie, amour furent son nom de femme,

Écrit dans son regard, dans son cœur, dans sa voix.

Sous trois formes au ciel appartenait cette âme.

Pleurez, terre ! Et vous, cieux, accueillez-la trois fois !

Epitafio na súa tumba escrito por

Alphonse de Lamartine

Morre en Manchester en 1836, como consecuencia

das feridas internas provocadas por unha caída dun

cabalo.

En 1837 publicouse unha colección

das súas composicións

Dernières pensées musicales

de M. F. Malibran de Beriot. Compuxo unhas

trinta cancións que foron ben consideradas por Berlioz,

Schumann, Liszt e Debussy.
(París, 1887-1979)

illa do compositor Ernest Boulanger e neta da cantante Julie Boulanger foi

unha extraordinaria compositora, pianista, organista, directora de orquestra,

intelectual e profesora francesa.

Estudou como alumna de Gabriel Fauré e ensinou a moitos dos compositores

do século XX, como por exemplo Astor Piazzolla, quen a considerou unha figura

clave na súa vida.

Recuperou obras de Monteverdi como directora de orquestra na década dos

30 e foi a primeira muller que dirixiu un concerto para a Royal Philharmonic

Society de Londres (1937), a Orquestra Sinfónica de Boston (1938) e a Orquestra

Filarmónica de Nueva York (1939), e continuou ensinando por diversos

conservatorios europeos de prestixio.

Noelia Guisande

Dentro das súas composicións hai

gran variedade, encontramos algunhas

vocais, de cámara, orquestrais, para órgano

ou para piano.
(Leipzig, 1819-Fráncfort del Meno,1896 )

oi unha destacada pianista e compositora alemá, considerada a nivel dos máis

virtuosos da época coma Franz Lizt.

Estivo casada con Robert Schumann, un dos máis importantes compositores

do Romantismo alemán.

Admirada polos artistas contemporáneos da época, como Goethe, Felix Mendelssohn,

ou Frederic Chopin cultivou unha profunda relación artística e intelectual

con Johannes Brahms (1833-1897) .

Ademais de ser pianista, escribiu a súa propia música e editou varias obras do

seu home e se non se dedicou por completo á composición foi, como ela confirmou:

Tania García

“Algunha vez crin que tiña talento creativo, pero renunciei a esta idea; unha

muller non debe desexar compoñer. Ningunha foi quen de facelo, así que, por

que podería esperalo eu?”

Realizou preto de corenta xiras de concertos polo continente europeo e sempre

moi ben recibida. Foi unha profesional tamén no sentido económico pois

cobraba dignamente, igual que outros virtuosos da época, por moito tempo

foi o único soporte da familia.

Partitura escrita pola compositora
(Pamplona, 12 de abril de 1951 )

ompositora e docente española.

En Pamplona realizou estudos musicais no Conservatorio “Pablo Sarasate”, titulándose

en Piano e Composición. Seguiu cursos de perfeccionamento na Accademia

Musicale Chigiana de Siena (Italia) . É Máster en Estética e Creación

musical (2000) e Doutora en Filosofía da Arte pola Universidade de Valencia

( 2005).

Foi membro fundador do Grupo de Compositores de Pamplona - Iruñeako

Taldea Musikagilleak (1985) . Ten obtido varios premios de composición e interpretación.

Antonia Fernández

En 1990, obtuvo por oposición a Catedrática de Composición, Instrumentación

e Formas Musicais, cargo que exerce actualmente no Real Conservatorio

Superior de Música de Madrid. Dirixe traballos doutorais en colaboración con

distintas universidades.

Imparte cursos e conferencias en distintos Festivais, Institucións. É autora de

varios libros, ten publicado algunhas das súas composicións, que forman parte

do programa de estudos en diferentes conservatorios.

As súas obras foron programadas nos máis

importantes Festivais de varios países: Alemania,

Italia, Arxentina, Rusia, Usa, Holanda,

Romanía, Cuba, etc.

Teresa, na actualidade, recibindo un premio
(París, 1893- 1918 )

ompositora e directora de orquestra francesa-

Foi irmá de Nadia Boulanger, recoñecida docente de composición. Neta de

Juliette Boulanger, cantante, e filla de Ernest Boulanger, profesor no Conservatorio

de París.

Lili Boulanger obtivo o premio "Prix de Rome", pola súa obra Faust et Helenea,

aos 21 años, converténdose na primeira muller en obter este galardón que

antes lle fora outorgado a Berlioz e Bizet.

A súa obra mostra unha gran madureza musical. Tanto a vida como as composicións

están marcadas pola sombra da enfermidade que a levou á morte en

1918, preto de París.

Obras:

Ana Justo

Faust et Helene

D un matin de printemps

D un soir triste

Psalmo 22

Psalmo 24

Psalmo 130 (Du fond de l'abîme)

Nocturne

Vieille prière bouddhique

Partiura dunha das composicións da autora
ompositora e pianista rusa.

(Cheliábinsk, 1973 )

Lera Auerbach continúa a tradición de virtuosos compositores/pianistas dos

séculos XIX e XX. A súa música caracterízase pola liberdade estilística e a xustaposición

de linguaxes musicais tonais e atonais.

Auerbachd debutou no Carnegie Hall en maio de 2002 interpretando a súa

propia Suite para violín, piano e orquestra xunto con Gidon Kremer e a Kremerata

Baltica. A partir de entón a música de Auerbach soa no Carnegie Hall cada

temporada. En 2005, Lera Auerbach recibiu o prestixioso Hindemith Prize no

festival de música Schleswig-Holstein de Alemania.

Patricia Precedo

As súas composicións foron representadas e interpretadas por Gidon Kremer,

o Ballet Real Danés, o Ballet de Hamburgo, David Finckel e Wu Han, Vadim

Gluzman, a Kremerata Baltica, entre moitos outros. Auerbach actuou como solista

a piano en prestixiosos auditorios de Moscú, Tokio, Nova York, Munich,

Chicago e Washington.

Lera Auerbach tamén é escritora, ten publicado poesías e prosa en ruso. É

unha das máis novas compositoras da prestixiosa editorial musical Hans Sikorski,

famosa por publicar obras de Prokofiev, Shostakovich, Schnittke, Sofia Gubaidulina

y Kancheli.
(Viena,1879- Nova York 1964 )

lma Mahler foi unha bela e intelixente vienesa. Compositora, filla dun pintor,

criouse nun ambiente artístico, e viviu rodeada dos máis grandes intelectuais

e artistas da época. Foi coñecida polos seus matrimonios con grandes artistas:

co compositor Gustav Mahler, co arquitecto Walter Gropius quen fundaría

a Bauhaus, e co novelista Franz Werfel; e polos seus amantes, os pintores

Gustav Klimt ou Oskar Kokoschka, entre outros.

Foi unha dotada pianista, e como compositora escribiu 16 lieder. Despois de

casar con Mahler abandona a composición, aínda que foi copista e lectora das

probas das obras do seu home. A súa música aínda se interpreta na actualidade.

Iria Juanatey

Moitos consideran que foi unha muller que recibiu unha cobertura mediática

desproporcionada aos seus logros persoais. Musa de moitos artistas, pintores,

escritores... pasou á historia da arte inmortalizada nos lenzos, é a protagonista

de Der Kuss (O beso ) de Klimt e de Die Windsbraut (A noiva do vento) de

Kokoschka, dous dos cadros máis importantes da historia da arte.

A súa vida foi narrada na película de Bruce Beresford Bride of the Wind, de

2001.

Der Kuss

Die Windsbraut
(Londres, 1858 – Surrey, 1944 )

ompositora, directora, escritora, de forte personalidade iniciou estudos no

Conservatorio de Leipzig, Alemania, onde se relacionou con artistas da

época como Johannes Brahms, Clara Schumann, ou Piotr Tchaikovsky.

Fíxose popular coa obra Der Wald e hai que destacar entre as óperas The

Wreckers e a máis orixinal, Fête Galante, ambas moi exitosas.

Defensora da muller como "música creadora", entre os anos 1894 e 1925 escribiu

arredor de seis óperas. Tamén redactou 10 autobiografías, ensaios, contos...

Relacionouse co Círculo Literario de Bloomsbury, frecuentando a artistas

como Sir Thomas Beecham ou George Bernard Shaw. Ethel relacionouse con

Virginia Woolf, con quen mantivo unha abundante correspondencia.

Realizou varias transmisións de radio e adaptacións da sua ópera cómica The

Boatswain´s Mate para a BBC.

Ana Romero

Ethel compuxo en 1911 The March of the Women (Marcha das Mulleres), moi

ben acollida e que se converteu no himno do Movemento Sufraxista. Moi comprometida

coas causas sociais, durante a Primera Guerra Mundial foi asistente

de radioloxía no Hospital de Vichy.
(Pennsylvania , 1902- 1996 )

oi coñecida como a "Emperatriz do HAMMOND ". Organista, pianista, guitarrista,

percusionista, cantante, compositora, actriz , etnomusicóloga, lingüista,

editora, pedagoga… A música, os idiomas e o golf foron as paixóns da súa vida.

Relacionouse con superestrellas como Bing Crosby, Frank Sinatra, Esther

Williams, Xavier Cugat e Desi Arnaz, así como estadistas e escritores.

Os distribuidores de Hammond escollérona para promocionar o órgano electrónico,

e converteuse así en patrocinadora da marca.

ETHEL SMITH namorouse da música latina nunha

viaxe a Cuba e en 1941, comezou a actuar no famoso

Casino de Copacabana e popularizou os ritmos

latinos en América: a samba Tico-tico.

Loly Mosquera

Traballou no cine, colaborou en shows.

Fundou unha empresa de gran éxito a ETHEL

SMITH MUSIC CORP., a través da que publicou

arreglos de cancións populares e

métodos de Hammond.
(Lodz, Polonia, 1909 – Varsovia 1969 )

ompositora, pianista e violinista polaca.

Nacida nunha familia de músicos, empezou a súa formación musical con estudos

de violín e piano dende os dez anos. Máis tarde trasladouse a Varsovia,

para comezar os estudos de composición.

Ata 1950 levou a cabo unha gran carreira de violinista, actuando como solista

con varias orquestras europeas. Foi primeiro violín da Orquestra Sinfónica da

Radio de Polonia entre 1936 e 1938, e foi nestes anos cando se deu a coñecer

tamén como compositora.

Obtivo varios premios coas súas obras, entre os que se merece citar o primeiro

premio do Concurso Internacional de Piano Frédéric Chopin, en 1949, polo

seu Concerto para piano, ou o Premio Nacional de Polonia, en 1950, por

Concerto para orquestra de corda, e en 1960, en París, un premio de composición

pola Música para violíns, trompeta e percusión.

Reme Martínez

Hai que salientar a incorporación de elementos folclóricos e a liberdade de escritura

na súa obra.