08.08.2015 Views

Os candidatos provinciais ante o 21-O - Terra Chá... Xa!

Os candidatos provinciais ante o 21-O - Terra Chá... Xa!

Os candidatos provinciais ante o 21-O - Terra Chá... Xa!

SHOW MORE
SHOW LESS
• No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

16setembro 12actualidadeos candidatos provinciais ante o 21-OCosme Pombo, cabeza de lista do BNG pola provincia de Lugo ás eleccións ao Parlamento de Galicia“Botar fóra do goberno ao PP de Rajoy e Feijóo e dar forza a quen queremostraballar, con seriedade, por Galiza”Que valoración fai da actuallexislatura?O Goberno Feijóo representapara Galiza un fracaso absoluto.Foi o goberno do paro(275.000 galeg@s), o gobernoda emigración (60.000moz@s), o goberno do empobrecemento(600.000 galeg@sno umbral da pobreza), o gobernodo pago de medicamentos,o goberno de recorte deservizos sanitarios e educativos,o goberno de menosatención ás persoas maiores...Foi o goberno quemultiplicou por 3 a débedade Galiza.E como valora a laborda oposición duranteestes tres anos e medio?O BNG fixo unha oposicióncon propostas alternativase positivas parasolucionar os moitos problemasque castigaron aosgalegos e galegas. O BNGtamén se manifestou eapoiou a quen reclamabando Goberno Galego soluciónsaos seus problemas.Cal cre que debería ser opapel da Xunta na xestiónda crise? E o daoposición?A Xunta debería ter defendidoos intereses das maiorías. Aoposición apoiar medidas paradefender o dereito de Galiza aproducir e vivir do seu traballo...OBNG apoiou sempre osdereitos de Galiza a producir evivir con dignidade do seu traballopero o PP situouse moitasveces do lado dos causantes dacrise... Feijóo e Rajoy defenderonos intereses da Gran Bancae dos moi ricos e esquecéronseda maioría da poboación.Nese sentido, que políticasdefende a súa formación decara á vindeira lexislatura?O BNG defende o falarlleclaro aos cidadáns e non contarllesmentiras. O BNG defendecambiar de políticas edarlle prioridade absoluta á defensados servizos públicos básicos(Sanidade, Educación,Servizos Sociais), a posta aproducir os sectores produtivosgalegos (Agro, Pesca,Construción Naval, Enerxía,Automóbil, Téxtil..), a creacióndunha Banca Pública,aposta por unha reforma fiscalprogresiva e a facer respectaro noso País.En referencia a algún dossectores estratéxicos na nosaprovincia coma o lácteo ou aindustria – especialmentecastigada polos ERES na comarcamariñá-, que medidaspropoñería para mellorar asúa situación?Se falamos de Alcoa (2.000empregos directos) un gobernogalego debe esixir unha novatarifa eléctrica galega que garantaa competitividade da empresa.Se Galiza produce eexporta enerxía deberíamospoder ter capacidade de decisiónno seu prezo. Nosector lácteo hai que sentara produtores, industriae comercializadores paragarantir uns prezos xustos;se se fai noutros países,os galegos seremosquen de facelo tamén.E en relación ao paro, quemedidas de creación de empregocre que serían as axeitadasen Galicia nestecontexto de crise?Botar fóra do goberno ao PP deRajoy e Feijóo e poñer ao gobernogalego a traballar conseriedade e por Galiza. Paracrear emprego non hai máisque poñer a producir os sectoresestratéxicos que temos noPaís (Agro, Pesca, ConstruciónNaval, Enerxía, Industrial,Téxtil, Turismo), temos queapoiar á pequena empresa epequeno comercio cunha políticade apoio ao consumo e deconcesión de creto e por supostofacerlle fronte aos recortesque nos están levando áruína.E en relación ao financiamento,que relación pretendenmanter co Goberno deEspaña? Que modelo de financiamentoautonómico defenden?O BNG quere que Galiza seO nacionalista Cosme Pombo nunha das súas intervencións desta precampaña paraas eleccións ao Parlamento galego.responsabilice dos seus impostosmediante unha reforma financeirae fiscal. As grandesfortunas terán que pagar impostose contribuír conformeas súas ganancias. Quen máis“As primeiras medidas que tomaríao BNG irían encamiñadas a loitarpolo emprego digno na propia terrae pola defensa do Benestar e dosservizos públicos”ten, máis paga; e, por suposto,teremos que pagar todos. SeGaliza recada estableceremosun concerto económico co Estadopara que Galiza pague segundoos servizos que presta esegundo o recadado.Achegándonos agora aos resultadosdos comicios electorais,cre que o PP poderevalidar a maioría absolutaen Galicia?Os resultados serán os quequeiramos os galegos e galegasco noso voto. De todas asmaneiras hai moitas persoasque están no paro por unha“mala política” do PP, hai moitospensionistas que teñen quepagar as medicinas por unha“mala política”do PP, hai moitospais que teñen que pagar oslibros dos seus fillos por unha“mala política”do PP (se teñen3 coma min tocan 800 ou 900€), hai moitos funcionarios quelles rebaixaron o soldo sobreun 20% por unha “mala política”doPP, moitos autónomosque o están a pasar moimal pola suba do IVE eporque a xente nongasta; hai cen mil familiasque non poden dispoñerdos seus aforrosporque o PP non llesquixo buscar unha soluciónpolítica ao roubodas preferentes... Ovoto é secreto e o pobosoberano para exercelocomo considere, peroeu penso que a sociedadegalega non é suicida.Seguir apoiandoao PP é xustificar os recortesque xa padecemose darllesargumentos para seguirmallando nas clases popularese desfacendo anosa terra. Si os afectadose descontentos votamospensando nos nososintereses o PP non pode volverganar as eleccións.Cales cre que son os puntosfortes do BNG de cara ásv i n d e i r a seleccións do21 de outubro?O 21 de outubroson elecciónspara oParlamentoGalego e asociedade galega sabe que oBNG é o mellor instrumentopara defender a Galiza e paraque sexa respectada. A sociedadesabe que Galiza precisaun cambio profundo e que oBNG é unha garantía parapoñer os intereses dos galegospor riba dos intereses dos mercados.Ademais todos sabenque despois do 21 de outubro,se o PP ten moitos apoios, vanrecortar tamén as pensións epor iso é fundamental que oBNG teña moitos votos parafacerlle fronte á política do PP.Como cre que afectará a escisióndo BNG ao resultadoelectoral? Cal sería un bo resultadopara a súa formaciónpolítica?Na provincia de Lugo o BNGé a única opción galega e deesquerdas que ten posibilidadede conseguir deputados e poresta razón temos a esperanzade que as galegas e os galegosvoten pensando en defender osseus intereses concentrando ovoto útil en quen mellor ospode defender. O BNG presentaun programa serio parapoñer a funcionar o noso Paíse por esa razón penso que oBNG vai ter un bo resultado nanosa provincia. Un bo resultadopara o BNG na nosa provinciasería concentrar o votode esquerdas e galego no BNGpara conseguir dúas cousas:botar fóra do goberno ao PP deRajoy e Feijóo e dar forza aquen queremos traballar, conseriedade, por Galiza.E como valora a posibilidadedun goberno de coalición?O BNG vai facer a súa campañapedindo axuda a todas aspersoas que queren unha políticade esquerdas e pensadapara defender os intereses deGaliza para que apoien asnosas propostas. O BNG presentaun programa propio porqueentendemos que é o maisaxeitado para gobernar nós anosa terra. O BNG quere á mocidadetraballando polo País epreto da súa familia. O BNGquere que as persoas maiores,que dependen de outros paravivir con dignidade, que opodan facer preto da familia. OBNG quere que os servizos básicossexan para todos, independentementede onde vivan(na Terra Chá, na Montaña ouna Mariña). O BNG defenderáa dignidade de Galiza por ribade calquera interese. Para falardun goberno de coalición primeiroteñen que falar os cidadáns.No caso de que o BNG alcancea presidencia daXunta, que medidas proporíaen primeiro lugar?Todas as medidas irían encamiñadasa loitar polo empregodigno na propia terra e pola defensado Benestar e dos servizospúblicos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!