14.12.2014 Views

EntreNós nº 9

EntreNós, publicación del Agra del Orzán, A Coruña. Mes de Diciembre de 2014

EntreNós, publicación del Agra del Orzán, A Coruña. Mes de Diciembre de 2014

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

entrenós

7

dade para o barrio da Agra do Orzán

tro de saúde próximo; foron os

veciños e veciñas quen deseñaron

polas bravas a “praza” das

Cunchiñas, prantando ilícitamente

unhas arboriñas sobre

un prédio particular. Por sentido

común e sen complexos, a

veciñanza percibía que o muíño

da Agramela era espectacular

e único. Podía convertirse

nun lugar de reunión e de

aprendizaxe, agrandando a

conquistada praza das Cunchiñas.

Nin as demandas veciñais nin

os informes de Begoña Bas

lograron impedir que no 1984 o

concello derrubara o muíño

que, segundo consta, xa estaba

alí no 1859. Numeráronse as

pedras da torre, coma ben que

había unha intención de reconstruíla...

foi un engano. As pedras

estiveron guindadas ao pé dun

dos hórreos do monte de Santa

Margarida até o 2013. Cando

desapareceron de alí, a asociación

veciñal presentou varios

escritos no Concello para que

informasen sobre o paradoiro

das pedras e de se, por fin, o

rehabilitarían no barrio orixinario,

pois se así for, propuxeron

localizalo no Campo da

Burra, un espazo aínda sen

construír, elevado, veríase dende

o Orzán, e cabo dos restos do

acueduto. O conxunto estaría

así nun punto intermedio dun

sendeiro urbano da auga na

Coruña: partindo da Fonte dos

Frades pasaría polo Campo da

Burra e continuaría polo Paseo

das Pontes... Deste xeito, a rúa

do mariño cormelán sería transitada

polas crianzas e maiores

para coñecer parte da historia,

da arquitectura, da enxeñaría...

Poderían facerse moendas

periódicas (dun cereal non

transxénico e sen glute), aulas

sobre alimentación natural,

medio ambiente, foliadas etc.

Pasaran meses sen que o concello

respondera; grazas que o

BNG levou a consulta ao pleno

e así soubemos que as pedras

están nun almacén municipal.

Aínda ben! Mais, que pensan

facer con elas? Por que os rexedores

non aproveitan a oportunidade

do muíño para o barrio?

Cumpriría que o plan URBAN

investise nalgunha das demandas

da veciñanza; os fondos

FEDER deberían abondar para

salvagardar do formigón algún

recunchiño do barrio. Antes de

que viraran a Praza das Cunchiñas

nunha explanada con

macetas enriba ao servizo dun

aparcadoiro de pagamento, a

asociación veciñal propuxo

construír un túnel ao longo da

avenida das Cunchiñas, talvez

modificando algo o acceso ao

aparcadoiro da Rolda de Outeiro

para habilitar o acceso ao

aparcadoiro das Cunchiñas e a

saída e unha vía de paso cara á

praza do Comercio. Así, na

superfície, ampliaríase a praza

das Cunchiñas. Mais o concello

negou tal posibilidade porque

ese túnel custaría dous millóns

e non están os tempos... Pouco

despois o concello anunciou a

faraónica obra do túnel da

Mariña. Outra volta, fan falla

cartos, si, mais tamén é cuestión

de vontades. Vexamos: no monte de

Santa Margarida hai un muíño de vento

porque se gastaron os cartos en rehabilitalo

integramente; a escola-obradoiro fixo un

traballo ilusionante; a carón da Casa das

Ciencias parece un lugar idóneo para organizar

visitas etnográficas... mais o muíño

nunca chegou a abrirse. Para que e para

quen se fixo ese investimento? A cidadanía

pagou para que for posible e ten dereito a

coñecer como eran os muíños de vento da

Coruña.

Daquela, se xa hai un muíño no monte,

para que queremos o muíño da Agramela

na Agra do Orzán? Pois porque é noso e

porque é unha oportunidade para que un

recuncho abandonado vire no parque que

non temos. Necesitamos un parque, verde

de árbores, non un solo pintado de verde.

Non sabemos en que punto está a suposta

negociación entre o Concello da Coruña e o

Ministerio de Fomento sobre a cesión do

parque do Observatorio. Mais o idóneo

sería xuntar ese parque co Campo da Burra

e instalar no edificio da rúa Gregorio Fernández,

agora abandonado por Sanidade,

todos os servizos que o concello tiña previsto

situar no eido do Observatorio, con construcións

que cementaría o escaso verde

que alí aínda pervive. Un espazo de lecer

abranguido pola rúa do mariño cormelán e

a do escultor sarrián, faría xustiza ao barrio

mais populoso da cidade.

O logo da Asociación Veciñal da Agra do

Orzán está presidido por un muíño de vento,

que sobrevive como bandeira da loita

veciñal deste barrio. De feito, a asociación

acordou na última asemblea intensificar a

loita para recuperar o muíño da Agramela;

creouse unha comisión, aberta a todas

aquelas persoas que queiran sumar esforzos

para que o muíño volte ao seu barrio.

Venham mais cinco!

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!