12.01.2017 Views

Informe_ASIME_Analise Carga Mental

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

- Indague as causas polas que os tempos asignados para a realización da tarefa son

escasos: dificultade da tarefa, exceso da mesma,...

- Preste unha especial atención a aqueles postos que, polo traballo que neles realízase,

teñen maior probabilidade de cometer erros e, especialmente, cando as consecuencias destes

son graves.

- Tan negativo é un exceso de información en calidade ou cantidade como un defecto da

mesma; detecte onde radica o problema e trate de buscar un punto de equilibrio.

- Procure que a tarefa permita ao traballador unhas marxes de tempo que lle posibiliten

ter unha certa autonomía acerca do seu tempo de traballo; programación do tempo de traballo

e do tempo de descanso.

- Estude en profundidade as capacidades que o traballador pon en xogo no seu posto de

traballo; redeseñe o contido do traballo non reducindo a contribución do traballador a aspectos

automatizados senón enriquecendo a súa tarefa.

- Favoreza a utilización de capacidades diversas, a oportunidade de novas aprendizaxes a

través do traballo que permitan incrementar as cotas de decisión e intervención acerca da

autoorganizacón e planificación do traballo.

- Flexibilice progresivamente a supervisión promovendo a delegación nos traballadores e

a responsabilidade individual. É probable que con carácter previo deba fomentar a implicación

dos recursos humanos da empresa co seu traballo e a súa organización.

- Proporcione ao traballador un maior control sobre o seu traballo (capacidade de

decisión sobre ritmo, organización, etc.).

- -¿Sente o traballador que a organización ten nel un interese a longo prazo e de carácter

persoal e non meramente instrumental?

- Este interese queda definido por aspectos como a estabilidade no emprego que se

oferta ao traballador, o establecemento de plans de carreira, asegurando unha información e

formación adecuada, atendendo a problemáticas persoais, facilitando traslados de persoal.

226

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!